Filosofía de Descartes: Método, Ideas e Probas de Deus
O Método Cartesiano e a Teoría das Ideas
Por un lado, a evidencia das verdades deducidas non é inmediata, senón que está mediada por outras verdades primeiras ás que hai que acudir. Polo outro, a dedución procesa sucesivamente, de forma ininterrompida, mentres que a intuición dáse instantaneamente.
A Cuarta Regra do Método: A Enumeración
Por último, a cuarta regra, a regra da enumeración. Esta regra pon de manifesto que para que a totalidade da cadea dedutiva sexa absolutamente segura terá que ser tamén cada un dos seus elos, asegurando así que entre o último e o primeiro haxa unha conexión, aínda que non poidamos contemplar dun golpe de vista todos os elos intermedios.
Tipos de Ideas en Descartes
Ademais da súa teoría do método, Descartes fai unha distinción dos diferentes tipos de ideas para demostrar a existencia do real, ou da realidade. Os tipos de ideas son:
- Adventicias: son as ideas que parecen provir da experiencia externa, como as ideas de mesa, libro, muller...
- Facticias: as que constitúe a mente partindo doutras ideas, como a dun cabalo con ás.
- Innatas: son as que o pensamento posúe en si mesmo, como a idea de pensamento ou de existencia.
As Probas da Existencia de Deus en Descartes
Súmase ás ideas a existencia de Deus, para demostrar así todo o real. Para demostrar esta existencia dun ser superior, utiliza tres probas:
- Proba Gnoseolóxica: Para Descartes, hai ideas na mente, como a idea do ceo, da terra, da luz... que poden perfectamente proceder de si mesmo, pois teñen imperfeccións. Pero, contrariamente, a idea que posúe dun “ser perfecto” ten que proceder dunha natureza externa a el, e máis perfecta que el. Polo tanto, a idea de Deus debe estar na nosa mente porque un ser máis perfecto foi quen nola puxo alí; Deus existe.
- Proba da Causalidade: Dado que eu teño en min a idea dun ser perfecto e infinito da que non son autor, cabe preguntarse se a miña existencia se deriva de min mesmo ou dalgunha causa diferente e máis perfecta. Descartes responde afirmando que se eu fose a causa da miña propia existencia, tamén sería a causa da idea do perfecto que está presente na miña mente, e para que así fose, eu debería ser perfecto. Polo tanto, Deus é causa da miña existencia.
- O Argumento Ontolóxico: Teño en min a idea dun ser sumamente perfecto ao que ten que ser esencial a súa existencia, pois se non carecería dunha perfección que é o existir. É dicir, non podo pensar nun ser sumamente perfecto sen pensar que exista, do mesmo xeito que non podo pensar nun triángulo no que os seus ángulos non sumen dous rectos.