A Ética Kantiana: Tipos de Accións, Postulados e Imperativos
A Ética Kantiana: Fundamentos e Conceptos Clave
Tipos de Accións Segundo Kant
Kant diferencia tres tipos de accións:
- Inmorais: Contrarias ao deber.
- Conformes ao deber: Legais, pero non morais.
- Por deber: As únicas accións morais.
Kant vai rexeitar as éticas consecuencialistas, xa que son interesadas, pois para el o importante é a actitude da acción. Kant establece que non había cousas boas en si mesmas, só a vontade se pode considerar como algo bo.
O Imperativo Categórico: O Fin Lexítimo
Kant establece un último fin lexítimo, expresado no imperativo categórico da humanidade:
"Obra de tal xeito que uses a humanidade, tanto na túa persoa como na persoa de calquera outro, sempre como un fin e nunca como un medio."
Os Postulados da Razón Práctica
Os postulados da razón práctica son principios que non se poden demostrar teoricamente, pero son necesarios para a moralidade:
- Liberdade: Non podemos demostrar a nosa liberdade, pero só cabe responsabilidade se hai liberdade.
- Inmortalidade da alma: O ser humano aspira á perfección, pero esta precisa un tempo infinito, de aí a inmortalidade da alma.
- Existencia de Deus: Só é posible a inmortalidade se existe Deus.
Tipos de Éticas: Material e Formal
Ética Material
As éticas materiais parten de que existen cousas boas e establecen normas. Segundo Kant, trátase de éticas empíricas (a posteriori), o que implicaría que non son necesarias nin universais. Un exemplo de ética empírica é o hedonismo.
A razón práctica formula imperativos. Aos das éticas materiais, Kant chámaos imperativos hipotéticos, que son condicionais (só obrigan no suposto de que ti admitas esa condición).
A última característica das éticas materiais sería que son heteroxéneas: a norma non procede da razón, senón dunha instancia allea a esta (por exemplo, os mandamentos).
Ética Formal (Kant)
A ética formal de Kant é a priori e é unha ética vacía de contido; non establece ningún fin, só nos di como temos que actuar, é dicir, só se refire ao deber, polo que só toma en consideración a forma.
Kant busca unha ética que cumpra as características de necesidade e universalidade. Impón o imperativo categórico:
"Obra segundo unha máxima tal que poidamos querer ao mesmo tempo que se torne en lei universal."
Máis que unha norma, é un procedemento para establecer normas, e o criterio sería a universalización.
A última característica é a autonomía: actúase sen ningunha condición, só con respecto á lei, lei que se dá a un mesmo. Actuar por respecto á lei é actuar por deber.