Humanismo e Renacemento: Características e Reformas

Filosofía e ética4,01 KB

O Renacemento e o Humanismo: Unha Nova Época

Contra o século XIV viviuse en Italia un momento de renovación e cambio, que axiña se estendeu a gran parte de Europa. Esta nova inspiración supuxo un sopro de aire fresco que reavivou a literatura, a arte, a política, a relixión... Este novo mundo sería coñecido como o Renacemento e atribúeselle a función de ponte entre a Idade Media e a Modernidade. Pero se fose necesario remarcar unha orientación propia deste período, estariamos de acordo en que a tendencia máis emblemática e que frecuentemente se identifica co Renacemento é o Humanismo.

O Humanismo: Características e Orixes

O Humanismo iniciouse en Italia no século XIV como un programa educativo que tiña como obxectivo a formación de intelectuais en poesía, retórica, historia e filosofía. Para que esta formación *fose íntegra*, considerábase necesario recorrer aos clásicos, prescindindo da interpretación e tradución que se fixera deles na época medieval. Na actualidade, enténdese por Humanismo unha corrente filosófica que destaca e dignifica o ser humano e todo o que con el se relaciona.

Factores de Cambio no Renacemento

Os factores de cambio que propiciaron a aparición do Renacemento foron de varios tipos, entre eles:

  • De carácter relixioso: Os enfrontamentos entre o poder político e o poder relixioso fixeron que os intelectuais do momento tivesen máis interese polas cuestións humanas.
  • De carácter literario: O Humanismo comezou sendo un movemento principalmente filolóxico impulsado por poetas como Petrarca, que reivindicaban a necesidade de dar a coñecer a autores clásicos esquecidos durante a Idade Media.
  • De carácter sociopolítico: A consolidación da burguesía supuxo unha revalorización do traballo, un impulso do comercio, un aumento da revitalización da vida urbana e un aumento das riquezas.

Ademais, cabe destacar a creación da imprenta, que permitiu a difusión de obras e ideas como nunca fora posible ata ese momento.

Características Principais do Humanismo e o Renacemento

Todas as características deste movemento caracterízanse en catro grandes puntos:

  1. Retorno á antigüidade clásica: Que foi o gran motor tanto do Humanismo como de todo o Renacemento.
  2. Antropocentrismo: Que consistía na reivindicación do valor e da dignidade do home.
  3. Individualismo: O home renacentista aspira a realizar o ideal da humanidade, é dicir, pretende despregar e materializar en resultados todas as capacidades creativas que lle atribuímos á humanidade en xeral.
  4. Curiosidade e anhelo de saber: Que incitan o home renacentista, que fai que non se limite a un único ámbito de estudo.

A Reforma e a Contrarreforma

Pero o Renacemento non foron as únicas reformas que se produciron nesta época; no seo da Igrexa tamén se produciron importantes cambios. Os papas, lonxe de ser os grandes líderes espirituais, convertéronse en eficientes gobernantes máis preocupados do político ca do relixioso.

Todo isto creou un clima de descontento xeral que levou a unhas profundas reformas relixiosas. A máis importante foi levada a cabo por Martiño Lutero, que nunha das súas viaxes a Roma viviu con indignación a campaña de indulxencias que se levaba a cabo para pagar a basílica de San Pedro. Este, escandalizado, decidiu denunciar este escándalo publicando 95 teses nas que proclamaba un retorno ao auténtico espírito evanxélico.

Logo disto, Lutero foi excomungado, algo de que o propio Lutero se burlou. Despois disto fundou a Igrexa protestante, separándose da católica. Ante esta situación, a Igrexa decidiu levar a cabo unha reforma coñecida como a Contrarreforma, na que se tratou de reformar moralmente a Igrexa e de fixar o dogma católico ante as teses protestantes.

Descargar

PDF Word HTML