Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Filosofía e ética de Bacharelato

Aristóteles e a Crítica a Platón: Diferenzas e Filosofía

Filosofía e ética2,7 KB

Crítica da doutrina platónica

Aristóteles representa o esforzo por asignar autonomía e valor a unha realidade que o pensamento platónico reducía a unha simple copia imperfecta. Para el, a natureza é o desenvolvemento ascendente dos seres en busca da súa perfección. Era biólogo. Valoraba as ciencias empíricas, renunciando aos elementos místicos do platonismo.

Gnoseoloxía

Platón mantén dous niveis de coñecemento, pero para o realismo empirista aristotélico o coñecemento comeza polos sentidos. Aristóteles nega a existencia separada das ideas platónicas; di que as ideas son inmanentes ao mundo.

Propón a súa filosofía coñecida como hilemorfismo, que se aplica a cada substancia sensible. A materia é a disposición espontánea...

Seguir lendo "Aristóteles e a Crítica a Platón: Diferenzas e Filosofía" »

Resumo da Filosofía de Aristóteles: Ontoloxía, Episteme e Hilemorfismo

Filosofía e ética4,1 KB

Aristóteles: Vida e Obra

Aristóteles, filósofo e alumno de Platón, desenvolveu un proxecto filosófico propio, marcando unha separación coa escola platónica. A súa obra divídese en tres eidos:

  • Científico: Investigación da natureza, baseada tamén en concepcións filosóficas.
  • Puramente filosófico.
  • Ético-político: Ten unha finalidade práctica, que é o coñecemento do mundo natural para levar a cabo un modelo político viable.

Crítica ao Platonismo e a Teoría das Ideas

Aristóteles critica o sistema platónico, especialmente a teoría das Ideas de Platón. Para Aristóteles, é absurda a existencia de formas ou ideas separadas dos obxectos reais. Deste xeito, resolve o problema platónico de como se establece a relación entre copia...

Seguir lendo "Resumo da Filosofía de Aristóteles: Ontoloxía, Episteme e Hilemorfismo" »

Traballo, Tecnoloxía e Tecnocracia: Unha Análise Filosófica

Filosofía e ética2,85 KB

      TRABALLO,TECNOLOXÍ A E TECNOCRACIA

+TRABALLO ,SER HUMANO E SOCIEDADE
?
ACCIÓN PRODUCTIVA con finalidade CONSCIENTE e INTERSUBXECTIVA
• Ten lugar : SOCIDADE e ESTRUCTURAA = base da orde social ( E.M. Nobres-servos etc? Determina:
MARCO ECONÓMICO??
MERCADO ( producto= prezo
•Relación coa natureza inmediata ou con mediacións?Relación coa natureza inmediata ou con mediacións? SATISFACCIÓN de necesidades primarias ou secundarias?A diferenza do animal ( = aproveita o medio) supón a ESENCIA DO HOME ( revela a súa universalidade)
•Elabora ferramentas producindo obras e bens
•A traveso del transformase o Home ( se obxetiva e plasma)e a natureza conforme a un fin

+ PROPIEDADE E TRABALLO ALIENADO
PROPIEDADE= dereito...

Seguir lendo "Traballo, Tecnoloxía e Tecnocracia: Unha Análise Filosófica" »

''o coñecemento teorico''

Filosofía e ética8,21 KB

ANÁLISE

O mito da caverna, segundo Platón, amosa que o que percibimos cos sentidos, o chamado mundo sensible, non é a verdadeira realidade, senón unha copia ou ilusión. Para Platón existe un mundo máis real, o mundo das ideas, onde se atopan as formas perfectas de todas as cousas, como a beleza, a xustiza ou a bondade.

No mito, uns prisioneiros permanecen encadeados dentro dunha caverna, vendo só as sombras que se proxectan nas paredes e crendo que esas sombras son a única realidade. Cando un prisioneiro consegue liberarse e saír ao exterior, a luz do sol faino sufrir, pero pouco a pouco descobre o verdadeiro mundo que o rodea. O sol simboliza a verdade e o ben, a fonte do coñecemento. Ao volver á caverna para contarlles aos demais...

Seguir lendo "''o coñecemento teorico''" »

A Filosofía de Platón: Teoría das Ideas, Ética e Política

Filosofía e ética11,69 KB

Platón: Vida e Contexto Histórico

Platón naceu en Atenas no 427 a.C. e foi un dos grandes discípulos de Sócrates, o seu mestre. Criouse no seio dunha familia aristocrática. Ao volver a Atenas fundou unha escola chamada Academia, que se converteu no centro da vida intelectual. As súas últimas obras recollen un cambio no pensamento e estilo dos seus escritos.

A sociedade ateniense da época, marcada polas Guerras Médicas, estaba dividida xerarquicamente en cidadáns, metecos e escravos. Ademais disto, as mulleres, en xeral, estaban moi mal consideradas.

A Teoría das Ideas

A Teoría das Ideas inclúe as bases fundamentais sobre as que se apoia o pensamento de Platón. O filósofo ofrece, por unha banda, unha solución conciliadora ao problema...

Seguir lendo "A Filosofía de Platón: Teoría das Ideas, Ética e Política" »

Filosofía Moderna: Conceptos Clave de Descartes, Locke e Kant

Filosofía e ética19,76 KB

René Descartes: Conceptos Fundamentais

Método
Conxunto de preceptos racionais que orientan as operacións intelectuais (*intuición* e *dedución*) na súa busca da verdade. Neste autor son: *evidencia*, *análise*, *síntese*, *enumeración* ou *revisión*.
Dúbida
Consideración previa á aplicación do método cartesiano consistente en supoñer, provisionalmente, como falsos todos os coñecementos teóricos adquiridos, tanto sensibles como intelectuais, co fin de chegar á verdade.
Mathesis Universalis
Sistema universal de saber de estrutura matemática co que se resolverían todos os problemas tanto teóricos como prácticos. É construído a partir da aplicación rigorosa do método cartesiano.
Verdade
Evidencia, certeza, cuxos criterios se
...
Seguir lendo "Filosofía Moderna: Conceptos Clave de Descartes, Locke e Kant" »

O Contrato Social de John Locke e a División de Poderes

Filosofía e ética2,44 KB

O contrato social de John Locke

O filósofo ilustrado John Locke loitou contra o absolutismo e, na súa obra Segundo tratado sobre o goberno civil (1689), defendeu as liberdades individuais e a capacidade do ser humano de construír o seu destino. O gran problema do absolutismo que defendía Hobbes é que, ao dispoñer de todos os dereitos e non adquirir deberes de ningún tipo, o monarca absoluto queda fóra do contrato social: os seus privilexios fano estar en «estado de natureza» respecto aos seus súbditos. Quen nos protexe dese Estado que «nos protexe»?

Dereitos naturais e a necesidade do Estado

A razón descóbrenos que, no estado de natureza, os seres humanos posuímos algúns dereitos:

  • Dereito á vida.
  • Dereito á liberdade.
  • Dereito á
...
Seguir lendo "O Contrato Social de John Locke e a División de Poderes" »

Teoría do desenvolvemento moral de Lawrence Kohlberg

Filosofía e ética2,49 KB

A capacidade moral é un trazo exclusivo do ser humano, pero non nacemos con ela no seu pleno desenvolvemento, senón coa disposición para aprendela.

O desenvolvemento moral segundo Lawrence Kohlberg

En 1955, o psicólogo Lawrence Kohlberg realizou unha investigación ética con xente nova e descubriu que o razoamento moral atravesa tres niveis de desenvolvemento ata alcanzar a plenitude:

1. Nivel preconvencional

A persoa xustifica as súas decisións morais non por respecto a unha norma, senón por temor a ser castigada por unha autoridade. Cando o suxeito moral vai evolucionando, comeza a seguir os seus propios intereses, polo que a norma coincide co seu propio beneficio.

2. Nivel convencional

A persoa xustifica as súas decisións pola aprobación

...

Seguir lendo "Teoría do desenvolvemento moral de Lawrence Kohlberg" »

Conceptos Fundamentais de Psicoloxía e Evolución Humana

Filosofía e ética2,59 KB

A Caixa de Skinner: Condicionamento Operante

A Caixa de Skinner é un dispositivo experimental onde unha rata introducíase nunha xaula pechada e illada acusticamente para que o animal non recibise ningún estímulo externo. Dentro da xaula había unha panca que, se a rata exercía presión, activaba un mecanismo que facía caer na xaula unha peza de comida.

Mecanismo e Observacións do Experimento

Ademais, a xaula contaba cun mecanismo que rexistraba todas as veces que a rata activaba a panca para poder coñecer a frecuencia coa que o facía. Durante o experimento, observouse que a rata exploraba a xaula e nun determinado momento activaba por casualidade o mecanismo que facía que aparecese a comida. Co tempo, comezaba a premer a panca varias...

Seguir lendo "Conceptos Fundamentais de Psicoloxía e Evolución Humana" »

O Racionalismo de Descartes: Método e Coñecemento

Filosofía e ética3,31 KB

O Racionalismo e o Escepticismo

O racionalismo (a razón é a substancia pola cal se admite o coñecemento) e o escepticismo (non hai fundamento de coñecemento) ou o empirismo (a base do coñecemento reside nos sentidos).

Os racionalistas tratan de chegar ás verdades incuestionables inspiradas na nova ciencia e utilizándoa como ferramenta para conseguir certezas e a dedución lóxica do pensamento matemático.

Leis Comúns do Racionalismo

  • Desconfianza no coñecemento que proporcionan os sentidos.
  • Confianza absoluta na razón (intuición + dedución = verdade).
  • Defensa da existencia de ideas innatas (na razón).
  • Teoría da Substancia: non precisa de nada para existir.

O Método Cartesiano

Necesitábase un método universal que servira para todas as...

Seguir lendo "O Racionalismo de Descartes: Método e Coñecemento" »