O Racionalismo de Descartes: Método e Coñecemento

Filosofía e ética3,31 KB

O Racionalismo e o Escepticismo

O racionalismo (a razón é a substancia pola cal se admite o coñecemento) e o escepticismo (non hai fundamento de coñecemento) ou o empirismo (a base do coñecemento reside nos sentidos).

Os racionalistas tratan de chegar ás verdades incuestionables inspiradas na nova ciencia e utilizándoa como ferramenta para conseguir certezas e a dedución lóxica do pensamento matemático.

Leis Comúns do Racionalismo

  • Desconfianza no coñecemento que proporcionan os sentidos.
  • Confianza absoluta na razón (intuición + dedución = verdade).
  • Defensa da existencia de ideas innatas (na razón).
  • Teoría da Substancia: non precisa de nada para existir.

O Método Cartesiano

Necesitábase un método universal que servira para todas as ciencias. O método cartesiano segue o modelo matemático (evidencia e certeza). Tiña que contar cunha serie de regras sinxelas que permitirían chegar ao verdadeiro coñecemento, utilizando a intuición e a dedución, as cales son as únicas vías de coñecemento.

  • Intuición: concepción indubidable xurdida dunha mente atenta á luz da razón.
  • Dedución: todo aquilo que se segue doutras cousas coñecidas con certeza.

As Catro Regras do Método

O obxectivo do método é conducir ben a razón e descubrir así a verdade. Para iso empréganse catro regras:

  1. Evidencia: a evidencia preséntase diante do espírito de xeito claro e distinto, do que non se pode dubidar.
  2. Análise
  3. Síntese
  4. Enumeración

A Dúbida Metódica

Na busca da verdade que esixe a regra da evidencia, utilizarase a dúbida metódica (universal, metódica, teorética e esaxerada). Ata onde podo dubidar?

  • Desconfío dos sentidos.
  • Dúbida da vixilia (soño ou realidade).
  • Hipótese do Deus enganador (matemáticas) e do xenio maligno.

O Cógito e as Substancias

Non podo dubidar de que penso, polo que xorde o Cógito: son unha substancia (non preciso de nada para existir).

  1. Substancia infinita (Deus).
  2. Substancia pensante / Res cogitans (pensamento, cógito).
  3. Substancia extensa / Res extensa (como percibo polos sentidos).

Dualismo Radical

O corpo (materia) móvese de acordo coa vontade e obedece ao pensamento. Como é posible? A través da glándula pineal.

Análise Profunda do Pensamento: Tipos de Ideas

  • Adventicias: chégannos polos sentidos.
  • Facticias: creadas pola imaxinación.
  • Innatas: atópanse na nosa mente.

Deus como idea innata: foi el quen puxo a idea na mente. Tamén porque é perfecto, o que leva á eliminación do Deus enganador. Existen as ideas adventicias e, polo tanto, a res extensa.

Descargar

PDF Word HTML