Aristóteles e a Crítica a Platón: Diferenzas e Filosofía

Filosofía e ética2,7 KB

Crítica da doutrina platónica

Aristóteles representa o esforzo por asignar autonomía e valor a unha realidade que o pensamento platónico reducía a unha simple copia imperfecta. Para el, a natureza é o desenvolvemento ascendente dos seres en busca da súa perfección. Era biólogo. Valoraba as ciencias empíricas, renunciando aos elementos místicos do platonismo.

Gnoseoloxía

Platón mantén dous niveis de coñecemento, pero para o realismo empirista aristotélico o coñecemento comeza polos sentidos. Aristóteles nega a existencia separada das ideas platónicas; di que as ideas son inmanentes ao mundo.

Propón a súa filosofía coñecida como hilemorfismo, que se aplica a cada substancia sensible. A materia é a disposición espontánea a recibilas formas. Rescata o valor ontolóxico do individuo fronte ao universal. O ser individual é o ser por excelencia. Pero mantén que a ciencia ten que versar sobre o universal, sobre as esencias ou formas que o entendemento extrae do concreto material. Este universal é real, pero non independente das cousas. O que fai que as cousas sexan o que son ten que atoparse nas mesmas cousas.

Para Aristóteles, hai que explicar o mundo que temos e o outro que non percibimos nin sentimos. Non se pode admitir a existencia de ideas perfectas de todo o malo e negativo que hai no mundo. É imposible que un mundo perfecto dea explicación do mundo imperfecto.

Antropoloxía

Platón dicía que a alma humana era inmortal e, pola contra, Aristóteles di que a alma dos seres vivos é o principio vital e que desaparecerá ao mesmo tempo que os corpos, xa que son unha soa entidade.

Política

Platón ofrece un modelo utópico da organización das cidades-estado e Aristóteles un modelo ideal da cidade. Co paso do tempo, abandona esta perspectiva para centrarse na análise das formas de goberno e recompilar 158 constitucións.

  • Di que hai que ter en conta os réximes políticos segundo as circunstancias, costumes e valores da sociedade e tamén as dificultades para a súa consecución.
  • A súa teoría política é pragmática e realista.
  • A política e a ética están fortemente unidas e é labor do Estado educar aos cidadáns na procura da felicidade.

Teleoloxía

Mantén de Platón a verdadeira esencia e admite a supremacía do coñecemento intelixible para o campo científico. Di que as cousas deste mundo teñen sentido na súa proxección ideal e que as accións humanas teñen unha finalidade eudemonista.

Descargar

PDF Word HTML