Resumo da Filosofía de Aristóteles: Ontoloxía, Episteme e Hilemorfismo
Aristóteles: Vida e Obra
Aristóteles, filósofo e alumno de Platón, desenvolveu un proxecto filosófico propio, marcando unha separación coa escola platónica. A súa obra divídese en tres eidos:
- Científico: Investigación da natureza, baseada tamén en concepcións filosóficas.
- Puramente filosófico.
- Ético-político: Ten unha finalidade práctica, que é o coñecemento do mundo natural para levar a cabo un modelo político viable.
Crítica ao Platonismo e a Teoría das Ideas
Aristóteles critica o sistema platónico, especialmente a teoría das Ideas de Platón. Para Aristóteles, é absurda a existencia de formas ou ideas separadas dos obxectos reais. Deste xeito, resolve o problema platónico de como se establece a relación entre copia e modelo (entre o mundo sensible e o intelixible, respectivamente). Isto lévao a reformular a teoría ontolóxica.
Ontoloxía Aristotélica: O Concepto de Substancia (Ousía)
Mentres Platón afirma que a esencia está noutro mundo, Aristóteles afirma que esta está unida á materia. Así establece o concepto de substancia (ousía: ser realmente existente), que é o núcleo da filosofía aristotélica.
Aristóteles distingue dúas formas de entender a substancia:
- Substancia 1ª: O individuo concreto.
- Substancia 2ª: Designa un xénero ou especie no que se engloban os individuos.
O que diferencia uns individuos doutros son os accidentes (modos de ser).
Gnoseoloxía: O Camiño cara á Episteme
A gnoseoloxía establece que o coñecemento é sempre sensible (non hai ningún ente separado). Non abonda cos sentidos para obter coñecemento, senón que tamén fai falta o entendemento (que usa os sentidos como base) para alcanzar a episteme (coñecemento substancial).
Aristóteles tamén establece unha terceira entidade, a imaxinación, que abstrae os elementos universais que hai en cada ser concreto.
A Ciencia (Episteme) e os Métodos Científicos
A Ciencia (episteme) é a forma de coñecemento do universal (non existe unha ciencia do singular) e do necesario por demostración (diferenciando así a ciencia da opinión) das causas do que sucede. Polo tanto, é un coñecemento verdadeiro.
Métodos Científicos: Indución e Dedución
Os métodos científicos son unha combinación de indución e dedución.
O Siloxismo é un proceso dedutivo que toma como punto de partida o universal (principios verdadeiros) para chegar ao particular. Os principios verdadeiros son de dous tipos:
- Axiomas: Primeira verdade que define como debemos entender a realidade.
- Definicións: Definen un trazo característico dunha especie, sendo o punto de partida da demostración lóxica.
A Natureza e o Cambio: Hilemorfismo e Acto/Potencia
Teoría Hilemórfica
A teoría hilemórfica establece que a materia (principio cosmolóxico básico) e a forma (esencia, que fai que a materia chegue a ser obxecto de coñecemento científico) son os compoñentes dun ente concreto. A materia identifícase coa substancia 1ª e a forma coa substancia 2ª.
Teoría de Acto e Potencia
Aristóteles afirma que a materia é dinámica (vai adoptando novas formas). Este proceso explícase pola teoría de acto e potencia.
- A potencia é o que algo pode chegar a ser.
- O acto é o que unha cousa xa é.
Aristóteles distingue tres estados nos que se pode atopar a materia: o ser, o non-ser e o pode ser (estado intermedio).
Materia e potencia, e forma e acto, están relacionadas entre si. Todo cambio realízase do ser en potencia ao ser en acto.
Existen 2 tipos de potencia.