Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Filosofía e ética de Bacharelato

A concepción do ser humano na historia da filosofía

Filosofía e ética8,56 KB

1.1. Platón: O dualismo antropolóxico

Platón propón un sistema dualista baseado en dous mundos: un coñecido a través dos sentidos, que é sensible e variable; e outro captado a través da razón, que é intelixible e inmutable. O ser humano está composto de dúas substancias: un corpo de natureza animal e unha alma racional de natureza sobrenatural. Esta parte racional, a máis esencial aos humanos, é prisioneira dun corpo ao que ha de controlar e do que aspira a liberarse. Platón exemplificou ese dualismo a través de tres mitos:

  • Mito do carro alado: Ten como función básica explicar como a alma humana participa, por unha banda, da excelencia da natureza divina (a razón representada polo auriga, que debe guiar a conduta) e, por outra,
...
Seguir lendo "A concepción do ser humano na historia da filosofía" »

Epistemoloxía, Antropoloxía e Política en Platón: Relación e Xustiza

Filosofía e ética2,85 KB

Relación entre epistemoloxía, antropoloxía e política en Platón

Platón distingue dous mundos: o mundo sensible e o mundo intelixible. O mundo sensible é a realidade material que coñecemos polos sentidos. As cousas que hai nel cambian, son imperfectas e desaparecen. O mundo intelixible está formado polas Ideas, que son universais, eternas e non cambian. Para Platón, este é o mundo que representa a verdadeira realidade.

Esta diferenza relaciónase co coñecemento. Do mundo sensible obtemos a doxa, que é a opinión, porque os sentidos non nos permiten conseguir un coñecemento verdadeiro. Do mundo intelixible obtemos a episteme, que é o verdadeiro coñecemento e consíguese mediante a razón. O proceso de coñecemento vai desde o particular...

Seguir lendo "Epistemoloxía, Antropoloxía e Política en Platón: Relación e Xustiza" »

A Ilustración e o Realismo: Historia, Ideas e Literatura

Filosofía e ética4,51 KB

Antecedentes – As achegas de Descartes e Spinoza potencian a importancia da razón humana como medio de coñecemento do mundo.

Reformismo

Durante o século XVIII desenvólvese o pensamento ilustrado, e inténtase aplicar algúns dos seus principios, como a modernización das comunicacións ou o cambio de institucións.

Revolución

O panorama cambia durante o s. XVIII, xa que o pensamento europeo ten unha mellor valoración das emocións. As ideas políticas e sociais supoñerán o fin da Ilustración.

O pensamento ilustrado

A Ilustración foi un fenómeno cultural que se estendeu por Europa e América, afectando ás esferas sociais, políticas e culturais. Algunhas nacións aportaron ideas novas e outras só as seguiron: Francia, coa preocupación...

Seguir lendo "A Ilustración e o Realismo: Historia, Ideas e Literatura" »

O soneto de monterrei

Filosofía e ética2,01 KB

Soneto de monterrei

1. Onde acontece a accion e en que epoca?

acontece en monterrei, nunha vila de ourense, onde había unha pequena corte litararia e se fundou una das primeiras imprentas de Galicia. Dende a vila vese o val de laza. A epoca na que acontece e o século XVI

2. Quen e o protagonista do poema? Con quen fala?

o protagonista e un poeta( non se di se e trobador ou nobre) e encontra unha muller fermosa, chamada violante ( yolanda) que é pastora

3. Poderiamos dicir que o poema e una pastorela?

ten elementos de pastorela, hai un encontro entre un poeta e una pastora cun dialogo entre ambos no que el lle expón os seus sentimentos amorosos, e ela parece que o acepta.

4.Explica o dialogo entre o poeta e a pastora

cando o poeta encontra a pastora,...

Seguir lendo "O soneto de monterrei" »

Ética Kantiana: Deber, Autonomía e Imperativo Categórico

Filosofía e ética3,07 KB

Éticas do Deber de Kant: Unha Análise Crítica

Immanuel Kant foi moi crítico con todas as éticas anteriores á súa. Segundo Kant, todas as éticas precedentes consideraban que a vida humana debía estar orientada á procura dun obxectivo supremo. A filosofía moral, nestes casos, ofrecéndonos un contido específico ao que aspirar. Kant chamaba éticas materiais a estas concepcións nas que se nos propón un obxectivo determinado.

Inconvenientes das Éticas Materiais

Kant identificou varios problemas fundamentais nas éticas materiais:

  • As normas son hipotéticas: Non hai actos absolutamente bos. Un acto é bo se aceptamos o obxectivo supremo e, ademais, o acto serve para axudarnos a lograr ese obxectivo.
  • As éticas materiais son heterónomas:
...
Seguir lendo "Ética Kantiana: Deber, Autonomía e Imperativo Categórico" »

Descartes: O Racionalismo, a Dúbida Metódica e o Cogito

Filosofía e ética9,61 KB

O Método Cartesiano e a Busca da Certeza

...pensamentos, comezando polos obxectos máis simples e máis doados de coñecer, para subir pouco a pouco, como por graos, ata o coñecemento dos máis compostos; e supoñendo mesmo unha orde entre aqueles que non se preceden naturalmente os uns aos outros. E o derradeiro, facer en todo enumeracións tan completas, e revisións tan xerais, que estivese seguro de non omitir nada.

Esas longas cadeas de razóns, todas simples e fáciles, das que os xeómetras teñen costume de se servir para chegar ás súas máis difíciles demostracións, déronme ocasión de imaxinar que todas as cousas que poden caer baixo o coñecemento dos homes sucédense as unhas ás outras da mesma maneira, e que, soamente con...

Seguir lendo "Descartes: O Racionalismo, a Dúbida Metódica e o Cogito" »

A Metafísica e as Formas do Saber: Teoría, Praxis e Poiese

Filosofía e ética6,53 KB

As Tres Formas do Saber (Actividades Humanas)

Actividade Teórica ou *Theoria*

A guía é a sabedoría teórica ou ciencia (contemplativa). En grego, episteme.

  • Exemplos: Filosofía, Física.
  • Correspondencia: Razón Pura.

Actividade Práctica ou *Praxis*

A guía é a sabedoría práctica ou ética (prudencia). En grego, phronesis.

  • Exemplos: Ética e Política.
  • Correspondencia: Razón Práctica.

Actividade Produtiva ou *Poiese*

A guía é o saber facer técnico (na produción e na creación). En grego, techne.

  • Exemplos: Música, Danza.
  • Correspondencia: Razón Instrumental.

A Metafísica: Definición e Nocións

A Metafísica pódese definir como o estudo das características da realidade que transcende o sensible, é dicir, do ser como esencia da realidade,...

Seguir lendo "A Metafísica e as Formas do Saber: Teoría, Praxis e Poiese" »

Locke: O contrato social e os dereitos naturais

Filosofía e ética3,73 KB

O pensamento político de John Locke

O pensamento político de John Locke sitúase no século XVII e constitúe un dos piares fundamentais do liberalismo moderno. A súa teoría inscríbese dentro do contractualismo, corrente segundo a cal a sociedade e o Estado teñen a súa orixe nun pacto ou contrato social entre individuos libres, e tamén dentro do naturalismo político, pois fundamenta a súa teoría na existencia dunha lei natural e de dereitos naturais previos ao Estado.

A orixe do poder e a igualdade natural

Fronte ao absolutismo que defendía a orixe divina do poder, Locke sostén que a autoridade política non procede de Deus, senón do consentimento dos cidadáns. Todos os seres humanos nacen libres e iguais, e son donos de si mesmos.

...

Seguir lendo "Locke: O contrato social e os dereitos naturais" »

Método Científico: Popper, Kuhn e Falsación

Filosofía e ética2,71 KB

O Método Científico

O proceso científico baséase nos seguintes pasos:

  1. Observación espontánea ou natural.
  2. Establecemento dunha hipótese.
  3. Experimentación para verificar; proceso indutivo que constitúe unha lei.

Varias leis conforman unha teoría, e a agrupación destas supón un paradigma.

Karl Popper e o Racionalismo Crítico

Popper, aínda que non é un neopositivista estrito, critica o positivismo clásico pola súa adhesión á verificación. Para Popper, a ciencia é falsable; as teorías consideradas científicas sométense ao criterio de falsación.

A actividade científica debe ser crítica, de aí xorde a súa proposta sobre o racionalismo crítico, onde o criterio reitor da ciencia é o criterio da razón. O progreso prodúcese mediante...

Seguir lendo "Método Científico: Popper, Kuhn e Falsación" »

Dúbida Metódica e "Penso, Logo Existo" de Descartes

Filosofía e ética2,79 KB

O Punto de Partida do Método Cartesiano

O punto de partida do método é a dúbida metódica. A dúbida cartesiana non é escepticismo, senón un procedemento dialéctico de investigación, encamiñado a desprender e illar a primeira idea clara e distinta, a primeira natureza simple. Descartes considera que, para chegar a esa certeza absoluta, é preciso comezar dubidando. Se as regras representan a parte construtiva do método, agora estariamos ante a parte destrutiva.

Características da Dúbida

  • Esta dúbida é universal, porque se someten á dúbida todas as certezas existentes.
  • A dúbida é voluntaria, porque poñer a dúbida en práctica depende da nosa vontade de dubidar.

Criterios que Xustifican a Dúbida Metódica

Descartes sinala 4 criterios...

Seguir lendo "Dúbida Metódica e "Penso, Logo Existo" de Descartes" »