Conceptos Fundamentais de Psicoloxía e Evolución Humana
A Caixa de Skinner: Condicionamento Operante
A Caixa de Skinner é un dispositivo experimental onde unha rata introducíase nunha xaula pechada e illada acusticamente para que o animal non recibise ningún estímulo externo. Dentro da xaula había unha panca que, se a rata exercía presión, activaba un mecanismo que facía caer na xaula unha peza de comida.
Mecanismo e Observacións do Experimento
Ademais, a xaula contaba cun mecanismo que rexistraba todas as veces que a rata activaba a panca para poder coñecer a frecuencia coa que o facía. Durante o experimento, observouse que a rata exploraba a xaula e nun determinado momento activaba por casualidade o mecanismo que facía que aparecese a comida. Co tempo, comezaba a premer a panca varias veces seguidas ata que se saciaba, e ao cabo dunhas horas volvía activar o mecanismo.
É dicir, o experimento amosaba como a rata modificaba o seu comportamento mediante un reforzo: se unha conduta tiña unha consecuencia agradable, o suxeito tendía a repetir esa conduta.
O Proceso de Hominización e a Evolución Humana
A Hominización, o longo proceso que resulta na aparición do ser humano, explícase a partir da idea darwiniana de que a adaptación ao medio e as mutacións fan adquirir unha serie de características útiles que se transmiten hereditariamente.
Bipedismo e Desenvolvemento Cerebral
En concreto, nos nosos antepasados, o feito de camiñar erectos apoiándose nos pés deixou libres as mans, o que permitiu que estas puidesen cumprir moitas funcións que noutros animais realizan as mandíbulas. Ao deixar de empregarse as mandíbulas, a súa musculatura, que rodeaba e comprimía o cranio, liberou un espazo que posibilitou a evolución do cerebro. (1ºB)
Obxectivos da Terapia Psicanalítica
O obxectivo da Terapia Psicanalítica, que se baseaba na fala (é dicir, na conversa co paciente), debía ser entón traer á luz eses sentimentos conflitivos e axudar ao paciente a enfrontarse a eles e manter unha relación máis saudable con eles.
Técnicas Psicanalíticas Clave
Para iso, o psicanalista empregaba diversas técnicas:
- Dicirlle palabras diversas ao paciente e pedirlle que respondese o primeiro que se lle ocorrese (Asociación Libre).
- Facer que o paciente contase os seus soños para poder interpretalos.
Estas técnicas baséanse na premisa de que cando non temos tempo de pensar ou cando durmimos, estamos máis relaxados e temos menos “filtro” cos nosos pensamentos. (1ºA/D)