Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

A Xeración das Festas Minervais: Literatura Galega Anos 50

Lingua e literatura4,01 KB

A Xeración das Festas Minervais (Anos 50)

Caracterización

Son unha serie de escritores que irrompen nesa década provocando unha gran renovación. O grupo ten outras denominacións como “Escola da Tebra” ou “Xeración de La Noche”. Son autores nados na década dos 30 de orixes vilegas. Conforman a primeira xeración da posguerra galega. Buscaron novas formas de expresión caracterizadas pola rebeldía e o rupturismo e intentaron renovar a poesía e a prosa galegas. Da súa ruptura co culturalismo xorde o Partido Socialista Galego.

Na xeración dos 50 pódense distinguir dous grupos:

  • O Grupo Compostelán

    Teñen unha afinidade ideolóxica polo piñeirismo e participan no labor cultural da Editorial Galaxia. Os principais autores deste grupo

...
Seguir lendo "A Xeración das Festas Minervais: Literatura Galega Anos 50" »

A Filosofía na Época Helenística: Un Período de Transformación

Filosofía e ética2,23 KB

Helenismo

A etapa helenística abrangue desde a morte de Alexandre Magno (323 a.C.) ata a incorporación de Exipto ao Imperio Romano (30 a.C.). En filosofía, trátase da etapa final da Filosofía antiga. O helenismo representa o momento da grande expansión política e cultural da civilización grega polas terras de Oriente e do Mediterráneo oriental. Alexandre Magno propuxérase a conquista do mundo grego e a súa expansión polo Imperio Persa. Trala súa morte, producíronse loitas para conseguir a herdanza do seu imperio, o que levaría á formación dos estados de Macedonia, Siria e Exipto. Estes estados gobernábanse con monarquías absolutas, por dereito de conquista. Isto supuxo a ruptura da polis clásica e das formas de organización...

Seguir lendo "A Filosofía na Época Helenística: Un Período de Transformación" »

Kyrie da Misa do Papa Marcelo: Análise e Contexto

Música3,51 KB

A Obra e a Súa Importancia Histórica

A presente audición corresponde á obra chamada "Kyrie" da Misa do Papa Marcelo. Segundo a tradición, esta misa, escoitada nunha das sesións do Concilio de Trento, serviu para que os participantes se inclinasen por non eliminar da liturxia o canto polifónico. Ao mesmo tempo, serviu para marcar directrices da música a varias voces, estilo que se denominaría nun futuro como "Polifonía Clásica" e que se seguiría cantando ata o século XX. Esta obra foi dedicada por Giovanni Pierluigi da Palestrina ao Papa Marcelo e converteuse, para teóricos e compositores, na obra máis representativa das súas 105 misas.

Giovanni Pierluigi da Palestrina: Biografía e Legado

Giovanni Pierluigi da Palestrina, nado...

Seguir lendo "Kyrie da Misa do Papa Marcelo: Análise e Contexto" »

Lingua galega: 1900-1936. Contexto e evolución

Lingua e literatura5,59 KB

Contexto histórico e situación sociolingüística

A comezos do século XX, Galicia seguía sendo eminentemente rural, de xeito que a poboación urbana non acadaba nin sequera o 10%. En consecuencia, atopamos unha sociedade formada na súa maioría por labregos e mariñeiros, cunha estrutura socioeconómica continuísta dos séculos anteriores. Non obstante, neste primeiro terzo do século comezan a albiscarse algúns cambios: os labregos reivindican a propiedade da terra protagonizando un poderoso movemento social (agrarismo), a fidalguía entra en decadencia e a burguesía, que fala castelán, representa o novo mundo urbano en vías de crecemento.

O proceso de substitución do galego polo castelán vai vir da man da industrialización e urbanización,...

Seguir lendo "Lingua galega: 1900-1936. Contexto e evolución" »

Teatro Galego: Historia, Tendencias e Autores Destacados

Lingua e literatura3,61 KB

O Teatro Galego: Unha Breve Historia

O teatro precisa para o seu desenvolvemento dunhas estruturas económicas e institucionais moi completas e custosas, e dun público asiduo e formado, polo que só con estas condicións (estabilidade social, política e económica) podemos falar dun teatro desenvolvido con normalidade. Desta época só cabe mencionar os débiles intentos de crear as condicións materiais necesarias para o desenvolvemento do teatro galego. Escribíronse unha lista de obras, redactadas por escritores dedicados a outros xéneros, que non estaban destinadas a ser representadas.

Tendencias Teatrais nas Irmandades da Fala

As tendencias teatrais da etapa das Irmandades da Fala son:

  1. Teatro costumista-ruralista (maioritario)
  2. Teatro de
...
Seguir lendo "Teatro Galego: Historia, Tendencias e Autores Destacados" »

Rosalía de Castro: Vida, Obra e Análise Literaria

Lingua e literatura5,86 KB

Rosalía de Castro: Vida e Obra

Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela en 1837 e finou en Padrón en 1885. En 1856 foi a Madrid, onde coñeceu ao seu futuro marido, o escritor Manuel Murguía, con quen casou en 1858. En 1862 publicou A mi madre e en 1871 regresou a Galicia.

Obra

Cultivou a poesía, a narrativa, o ensaio, os cadros de costumes e os artigos xornalísticos. Escribiu tanto en galego como en castelán. Na prosa, empregou o galego agás no Conto Gallego e nos prólogos de Cantares Gallegos e Follas Novas. Na poesía, empregou o galego e o castelán. Na primeira etapa, ata Cantares Gallegos (1863), case toda a súa obra era en castelán. Na segunda etapa, que corresponde a Cantares Gallegos e Follas Novas (1880), utiliza...

Seguir lendo "Rosalía de Castro: Vida, Obra e Análise Literaria" »

Cambios sociais en España: primeiro terzo do século XX

Historia3,63 KB

Os intentos de solución á crise agraria

Os gobernos foron conscientes do atraso do campo español e intentaron poñerlle solucións, como:

  • Aumentar o regadío: aprobouse un Plan de Obras Públicas que estimulaba o regadío en terras de secaño.
  • Repartir a terra: o gran problema era o dos campesiños sen terra. Creáronse varias medidas:
    • Unha lei que lles concedeu milleiros de hectáreas a pequenos propietarios.
    • Outra lei que repartía terras do estado aos campesiños pagando unha porcentaxe.

Pero todo isto foi insuficiente, e a presión dos grandes propietarios impediu calquera intento de reforma agraria.

Cambios sociais no primeiro terzo do século XX

Existen dous grupos sociais: rurais e urbanos.

  • Rurais: grandes propietarios agrícolas e campesiñado.
...
Seguir lendo "Cambios sociais en España: primeiro terzo do século XX" »

O Galego: Prexuízos, Estandarización e Desafíos Léxicos

Lingua e literatura3,79 KB

Prexuízos Lingüísticos sobre o Galego

Os prexuízos lingüísticos máis comúns sobre o galego inclúen:

  • O galego é lingua de pobres.
  • O galego é lingua de aldeáns.
  • O galego non serve fóra de Galicia.
  • O galego é un idioma imposto.
  • O galego estándar é un idioma inventado.

(Conclusión: o repertorio de prexuízos non é moi distinto dos prexuízos que existen sobre outros idiomas noutros lugares do mundo.)

Construción da Variedade Estándar do Galego

No século XIX, asistimos xa ás primeiras tentativas de consolidación dun estándar para os usos escritos e intentan conciliar as propostas dos partidarios de escribir como se fala e os partidarios dunha convención máis culta. Despois de que a fractura de 1936 frustrou a consolidación dun...

Seguir lendo "O Galego: Prexuízos, Estandarización e Desafíos Léxicos" »

Castelao: Obra Narrativa e Funcións Sociais da Lingua

Lingua e literatura3,17 KB

Obra Narrativa de Castelao

Castelao iníciase como escritor no semanario satírico El Barbero Municipal. Alí apréciase a visión crítica da realidade coa dose de humor. A súa obra ten un carácter lírico ou sentimental. A súa técnica literaria baséase en formas da literatura oral popular, e emprega o relato curto.

Obras principais

  • Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete: Novela curta, relata acontecementos que observa a través do seu ollo de vidro.
  • Cousas: Son 44 relatos e un prólogo titulado "A carón da natureza", no que sinala a incapacidade da pintura para expresar todo o que aparece na realidade e manifesta a súa posición a prol da cultura popular e natural fronte ao mundo artificial. As "cousas" son relatos cunha ilustración.
...
Seguir lendo "Castelao: Obra Narrativa e Funcións Sociais da Lingua" »

Platón: Estado Ideal, Xustiza e Educación dos Gardiáns

Filosofía e ética3,03 KB

En Favor dos Intereses da Polis

Platón rodea os gardiáns dunhas normas moi estritas. Non poden ter riqueza nin lazos familiares. Deben someterse a unha educación especialmente concibida para desenvolver aquelas calidades do seu carácter que os preparen para a súa misión.

O Deber dos Gardiáns

Os gardiáns deben desenvolver un interese polo benestar dos seus concidadáns xunto cunha capacidade de actuar con valentía cando se presente a necesidade. Deben chegar a un equilibrio entre os tres elementos constitutivos da súa alma, unha harmonía entre intelecto e animosidade tal que poidan actuar con valor e autocontrol, e unha harmonía entre apetito e intelecto tal que encontren a satisfacción das súas aspiracións en servir con devoción...

Seguir lendo "Platón: Estado Ideal, Xustiza e Educación dos Gardiáns" »