Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Vanguardas Galegas: Neotrobadorismo, Creacionismo e Surrealismo

Outras linguas estranxeiras2,7 KB

As vangardas galegas

En Galicia conflúen, ademais do coñecemento dos ismos e da súa ansia rupturista, os condicionantes dunha cultura minorizada. Estes condicionantes levan aos nosos autores a unha valoración e a un respecto pola obra dos devanceiros descoñecida na actitude das vangardas veciñas.

Neotrobadorismo

A edición de Cantigas de Amor, 1928, polo portugués José Joaquim Nunes, provoca unha pequena conmoción no ambiente literario da época e ofrece novos argumentos a prol da conciencia diferencial galega. Bouza Brey é o principal representante do neotrobadorismo.

Creacionismo

Manuel Antonio como poeta é o único representante deste ismo en Galicia. Caracterízase pola creación dunha realidade autóctona e persoal no poema.

Surrealismo

Álvaro...

Seguir lendo "Vanguardas Galegas: Neotrobadorismo, Creacionismo e Surrealismo" »

Evolución do Galeguismo: Rexurdimento e Castelanización

Lingua e literatura3,35 KB

Evolución do Pensamento Galeguista

Debido a unha situación de pobreza e marxinalidade de Galicia con respecto ao Estado español, xorde nalgúns sectores da sociedade galega unha conciencia de país que deu lugar ao provincialismo, rexionalismo e nacionalismo galego.

A Lingua Galega no Século XIX

Increméntase en Galicia o ritmo de penetración do galego debido a:

  • Aparición dos medios de comunicación escritos.
  • O incremento no número de escolas de educación primaria.
  • O reforzamento do aparello administrativo estatal.
  • Establecemento en Galicia ao longo do S.XIX de moitos elementos burgueses.
  • A emigración transoceánica a países de fala hispana.

A partir de aí aparece o Rexurdimento.

As Institucións do Estado como Motores de Castelanización

A

...
Seguir lendo "Evolución do Galeguismo: Rexurdimento e Castelanización" »

Descartes: Método Axiomático-Dedutivo e Intuición

Filosofía e ética2,89 KB

Descartes: O Método Racional

René Descartes propuxo un método racional para evitar os erros da Idade Media, inspirándose na dedución matemática de Galileo. O obxectivo era construír un sistema de coñecemento verdadeiro baseado exclusivamente na razón. Este método, exposto nos seus textos, é coñecido como axiomático-dedutivo ou intuitivo-dedutivo.

Método Axiomático-Dedutivo: Intuición e Dedución

O método cartesiano é *axiomático-dedutivo* porque parte de axiomas evidentes, identificados a través da intuición. A intuición, neste contexto, non é un proceso argumentativo, senón unha aprehensión inmediata da verdade pola razón. O método implica dous elementos clave:

  • Intuición: Captación inmediata de verdades evidentes.
...
Seguir lendo "Descartes: Método Axiomático-Dedutivo e Intuición" »

Filosofía de Descartes: Método, Ideas e Probas de Deus

Filosofía e ética2,8 KB

O Método Cartesiano e a Teoría das Ideas

Por un lado, a evidencia das verdades deducidas non é inmediata, senón que está mediada por outras verdades primeiras ás que hai que acudir. Polo outro, a dedución procesa sucesivamente, de forma ininterrompida, mentres que a intuición dáse instantaneamente.

A Cuarta Regra do Método: A Enumeración

Por último, a cuarta regra, a regra da enumeración. Esta regra pon de manifesto que para que a totalidade da cadea dedutiva sexa absolutamente segura terá que ser tamén cada un dos seus elos, asegurando así que entre o último e o primeiro haxa unha conexión, aínda que non poidamos contemplar dun golpe de vista todos os elos intermedios.

Tipos de Ideas en Descartes

Ademais da súa teoría do método,...

Seguir lendo "Filosofía de Descartes: Método, Ideas e Probas de Deus" »

A Prosa Galega de 1936 a 1976: Recuperación e Temáticas

Outras linguas estranxeiras2,96 KB

A Prosa entre 1936 e 1976: A Recuperación da Narrativa

A recuperación da narrativa tras a Guerra Civil, igual que na poesía, debese á xeración de 1936, foi lenta e a primeira novela de postguerra non se publicou ata 1951. Esta xeración de narradores comeza a publicar entre os anos 50 e 60. Na narrativa galega de postguerra podemos atopar:

  • Temática relacionada coa Guerra Civil e a posterior represión fascista.
  • Continuadores da prosa da Xeración Nós en obras como Xente da Barreira de Ricardo Carvalho Calero, e Entre a vendima e a castiñeira de Otero Pedraio.
  • Inspiración na tradición oral galega: indagación no conto popular representada por Ánxel Fole coas obras Terra Brava e A lus do candil, pero sen alonxarse das características
...
Seguir lendo "A Prosa Galega de 1936 a 1976: Recuperación e Temáticas" »

Descartes: Racionalismo, Método e Dúbida Metódica

Filosofía e ética3,31 KB

Descartes: Racionalismo e Filosofía Moderna

Descartes é o fundador do racionalismo e da filosofía moderna. O fracaso dos métodos siloxísticos e da física aristotélica fixo necesario un novo método para interpretar a realidade, o que supón a confianza na razón.

Para Descartes, a verdade non depende da natureza do obxectivo investigado, senón do método empregado para conseguila. Para el, o único saber certo é a ciencia matemática, pois afirma que a matemática non depende da natureza do obxecto de estudo, senón do método empregado para conseguilo: o método dedutivo.

Para resolver o problema do coñecemento, o que se debe facer é fixarse no método que emprega a matemática e aplicalo a todos os ámbitos do saber. Non hai métodos...

Seguir lendo "Descartes: Racionalismo, Método e Dúbida Metódica" »

Análise da Obra Poética de Celso Emilio Ferreiro

Lingua e literatura3,25 KB

A Obra Poética de Celso Emilio Ferreiro

A súa obra poética ten unha vertente individual e outra colectiva, que se manifestan no tratamento de diversos temas.

Por un lado, a súa faceta máis individual céntrase no concepto da saudade, que se relaciona coa infancia do autor, entendida como o momento de maior felicidade do ser humano, símbolo de harmonía entre o Home e a Natureza, unha etapa de inxenuidade e de benestar. Ademais, asociada a esta idea está tamén a da fugacidade do tempo e o desarraigo do home moderno, de modo que, para loitar contra esta perda de identidade, o único sentimento positivo é o amor e tamén a paisaxe. Como por exemplo destaca a súa obra Onde o mundo se chama Celanova.

Por outro lado, na súa vertente colectiva,...

Seguir lendo "Análise da Obra Poética de Celso Emilio Ferreiro" »

Turismo e Comercio en Galiza: Análise e Tipos

Ciencias sociais2,82 KB

Definición de Turismo e Contexto Xeral

Segundo a Organización Mundial do Turismo das Nacións Unidas (OMT), o turismo comprende as actividades que realizan as persoas durante as súas viaxes e estadías en lugares distintos ao do seu contorno habitual por un período de tempo consecutivo inferior a un ano.

O sector turístico en España ten un papel clave na súa economía.

O Turismo e o Comercio en Galiza

O Comercio Galego: Estrutura e Evolución

Aínda que a situación mellorou nos últimos tempos, o certo é que a actividade comercial na Galiza estivo condicionada polo atraso da estrutura produtiva do sector primario. Esta deficiencia impediu que as empresas galegas se fixesen cargo da comercialización dos seus produtos, o cal orixinou a aparición...

Seguir lendo "Turismo e Comercio en Galiza: Análise e Tipos" »

A Revolución Industrial en España: Atraso e Lenta Industrialización

Historia2,48 KB

Atraso e Desenvolvemento Económico en España

En Inglaterra produciuse un elevado crecemento económico baseado na renovación da agricultura e na extensión de novos sistemas de produción. O conxunto destas transformacións coñécese como Revolución Industrial.

En España, o inicio da industrialización foi moi tardío, por iso os seus progresos foron inferiores aos dos países máis avanzados. Deste xeito, algúns estudosos como Nadal falan dun fracaso de dita revolución, e outros como Tortella dunha revolución lenta e de menor repercusión.

O proceso industrial español presenta unhas características particulares:

  • Predominio das actividades relacionadas co sector primario: agricultura e pesca.
  • Protección arancelaria: para defender os
...
Seguir lendo "A Revolución Industrial en España: Atraso e Lenta Industrialización" »

A Prosa Galega na Diáspora: Narrativa e Ensaio

Outras linguas estranxeiras2,96 KB

Narrativa na Diáspora Galega

A narrativa da diáspora tiña unha preferencia pola temática relativa á Guerra Civil de 1936.

Ramón de Valenzuela Otero

Publicou en Bos Aires Non agardarei por ninguén, que se centra nas peripecias de Gonzalo Ozores (seguramente o propio Valenzuela) como guerrilleiro e soldado. Tamén escribiu Era tempo de apandar, onde relata o seu exilio francés, a repatriación forzosa, a súa encarceración e a volta á Galicia para traballar nas minas de volframio. Editou ademais O naranxo, un conxunto de relatos curtos.

Silvio Santiago

Estivo preso durante a guerra, pero conseguiu fuxir e exiliarse en Caracas, onde realizou un gran labor cultural. Alí publicou Villardevós, sobre a súa infancia na aldea natal, e O silencio

...
Seguir lendo "A Prosa Galega na Diáspora: Narrativa e Ensaio" »