Funcións da Lingua, Bilingüismo e Conflito Lingüístico en Galicia
As Funcións da Lingua
A comunicación entre os seres humanos é a función principal de calquera lingua, pero tamén posúen outras funcións, entre as cales destacamos:
- Función de identidade: Vehículo de articulación interior do pensamento propio.
- Función familiar: A que se fala na casa. O marco familiar convértese nun dos bastións fundamentais para o mantemento ou as transformacións dos fenómenos lingüísticos.
- Función laboral: A que se emprega no traballo. Na Galicia actual, as relacións lingüísticas no mundo laboral repártense entre o galego e o castelán.
- Función local: É a que se emprega con normalidade nos contactos diarios entre persoas do mesmo contorno.
- Función institucional: A que os cidadáns empregan para comunicarse