Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Autores e obras da literatura galega na diáspora

Lingua e literatura2,94 KB

A literatura galega no exilio

A raíz da ditadura franquista, a loita pola recuperación cultural e política de Galicia queda confinada ao mundo da diáspora. Bos Aires convértese nos anos 40 na capital cultural de Galicia. Alí, figuras como Castelao, Dieste ou Blanco Amor garantiron a continuidade da literatura. En Bos Aires créanse editoriais, organízanse actos de difusión do galeguismo, representacións teatrais e edítanse xornais e revistas.

Poesía galega no exilio

A maioría das obras están ligadas ao grupo de Bos Aires. As súas publicacións chegaban rapidamente aos galeguistas de Galicia.

Luís Seoane (1910-1979)

  • Fardel de eisilado: un poemario social e realista que denuncia as causas que provocan a emigración.
  • Na brétema de Santiago:
...
Seguir lendo "Autores e obras da literatura galega na diáspora" »

Historia das Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812

Historia4,59 KB

As Cortes de Cádiz

Estes acontecementos teñen lugar ao mesmo tempo que se desenvolve a Guerra de Independencia. En Cádiz deséñase un novo modelo político baseado no liberalismo, o que supón a liquidación do Antigo Réxime.

Convocatoria, xuntanza e primeiras medidas

A Xunta Suprema Central disólvese e créase o Consello de Rexencia. Convoca eleccións ás Cortes:

  • Dificultades para xuntarse pola situación de guerra.
  • Reunión en Cádiz.
  • Moitos substitutos a causa das dificultades para chegar a Cádiz.
  • Chegan representantes das colonias americanas.

Reunidos os deputados en Cortes, teñen que decidir de que tipo deben ser:

Cortes estamentais

  • Representación dos estamentos.
  • Propias da Idade Media e do Antigo Réxime.
  • Representantes da Sociedade Estamental.
...
Seguir lendo "Historia das Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812" »

Reinado de Isabel II: Rexencias e Primeira Guerra Carlista

Historia6,51 KB

Reinado de Isabel II (1833-1868)

O reinado de Isabel II divídese en dous períodos principais: as rexencias (1833-1843) de María Cristina (1833-1840) e Espartero (1840-1843), e o período de ocupación definitiva do trono por Isabel II, con só 13 anos (1843-1868). Durante esta época, o liberalismo asentouse no poder de xeito irreversible. Foi un reinado caracterizado pola inestabilidade, reflectida en catro constitucións (1834, 1837, 1845, 1856), a Primeira Guerra Carlista e a sucesión de gobernos, sublevacións e levantamentos. O exército tivo un papel fundamental, con militares presidindo gobernos ou protagonizando levantamentos.

Rexencia de María Cristina (1833-1840)

Nesta etapa consolidouse a división do liberalismo en dúas faccións:...

Seguir lendo "Reinado de Isabel II: Rexencias e Primeira Guerra Carlista" »

Narrativa Galega: Irmandades da Fala e Grupo Nós

Lingua e literatura4,9 KB

A narrativa nas Irmandades da Fala

Nesta etapa haberá un proceso de modernización ao introducirse unha ambientación urbana, personaxes das clases medias e unha compoñente de humor que cobran protagonismo fronte á prosa de temática labrega. Co obxectivo de crear hábitos de lectura, as Irmandades vanse servir de canles de difusión como o periódico A Nosa Terra e as coleccións Céltiga e Lar. Destaca Antón Vilar Ponte, xa que moitos dos seus ensaios, conferencias e discursos aparecidos en diversas publicacións da época foron publicados baixo o título de Pensamento e sementeira.

A narrativa na Época Nós

Vicente Risco

Ten tres etapas na súa evolución ideolóxica:

  • Pregaleguismo: Perda de fe nos valores que fan de Risco un mozo individualista
...
Seguir lendo "Narrativa Galega: Irmandades da Fala e Grupo Nós" »

Fenómenos Ondulatorios: Reflexión, Interferencia e Difracción

Física2,83 KB

Reflexión de Ondas

A reflexión é o fenómeno polo cal unha onda cambia a súa dirección de propagación ao chegar á superficie de separación de dous medios sen cambiar de medio.

Interferencias de Ondas

É moi frecuente que varias ondas, con diferentes focos de procedencia, coincidan nalgún punto ao propagarse no mesmo medio. Denomínase interferencia á superposición de dúas ou máis ondas nun punto.

Principio de Superposición

A vibración resultante nese punto é a suma das perturbacións que sufriría o devandito punto debido á acción individual de cada unha das ondas se actuasen independentemente. Este enunciado constitúe o chamado principio de superposición.

Hai que subliñar que, cando as ondas se separan despois de interferir...

Seguir lendo "Fenómenos Ondulatorios: Reflexión, Interferencia e Difracción" »

Límites, Asíntotas e Continuidade de Funcións

Matemáticas4,42 KB

Límites de Funcións: Conceptos e Propiedades

De maneira análoga defínense:

  • lim f(x) = b
  • lim f(x) = -∞ (cando x tende a -∞)
  • lim f(x) = +∞
  • lim f(x) = -∞ (cando x tende a +∞)

Propiedades dos Límites

As propiedades básicas dos límites son:

  • Se se suman, o resultado é A+B.
  • Se se restan, o resultado é A-B.
  • Se se multiplican, o resultado é A·B.
  • Se se dividen, o resultado é A/B (sempre que B ≠ 0).

Indeterminacións Comúns

As formas indeterminadas máis frecuentes son:

  • k/0 (onde k ≠ 0)
  • 0/0
  • ∞/∞
  • ∞ - ∞
  • 0 · ∞
  • 0⁰
  • 1^∞
  • ∞⁰

Cálculo de Límites nun Punto

Para calcular o límite dunha función nun punto, estúdase cara a que valor tenden os valores da función nas proximidades do punto. Se ao substituír o valor de x polo valor ao que tende...

Seguir lendo "Límites, Asíntotas e Continuidade de Funcións" »

O Reinado de Isabel II: Etapas, Reformas e Crise (1843-1868)

Historia3,61 KB

O Reinado de Isabel II (1843-1868)

A Maioría de Idade e a Década Moderada (1843-1854)

Isabel foi declarada maior de idade aos trece anos. Casou aos 16 con Francisco de Asís, o seu curmán, e foi apoiada polos moderados.

Cos moderados no poder, organizan un estado liberal segundo os seus principios (orde, autoridade, gran poder da Coroa...). Falseábanse os resultados electorais, impedindo o acceso ao poder dos progresistas, os cales eran perseguidos (cárcere, exilio...). Estes realizaban pronunciamentos.

A Constitución de 1845 e o Concordato

Isabel xurou a Constitución de 1845, a cal era moi moderada e tiña como características principais:

  • Soberanía compartida.
  • Gran poder para o executivo.
  • Dereitos e liberdades que remiten a leis posteriores.
...
Seguir lendo "O Reinado de Isabel II: Etapas, Reformas e Crise (1843-1868)" »

Historia e Cultura Galega: Do Antigo Réxime ao Rexurdimento

Lingua e literatura4,16 KB

O Antigo Réxime na Galicia do século XVIII

O século XVIII caracterizouse por un continuo crecemento demográfico e o xurdimento de novas actividades económicas. Porén, aínda persistían elementos do Antigo Réxime na sociedade galega, como:

  • A subdivisión excesiva da propiedade territorial.
  • A emigración masiva cara a América.

Neste contexto, dúas correntes de pensamentos político e ideolóxico, liberais e conservadores, entraron en conflito, discutindo o modelo social vixente en España e Galicia.

Folletos Propagandísticos e Debates Políticos

Os folletos propagandísticos da época presentaban unha estrutura dialogada na que se expresaban diversas opcións políticas: liberais, conservadoras ou carlistas. Estes textos reflectían as intensas...

Seguir lendo "Historia e Cultura Galega: Do Antigo Réxime ao Rexurdimento" »

Narrativa galega: evolución e autores

Grego3,33 KB

A narrativa galega nas últimas épocas

O contexto dos anos 70

O ambiente social e ideolóxico dos anos 70 caracterízase pola efervescencia propia dun período de mudanzas que crean, tanto no mundo cultural galego como no conxunto da sociedade, grandes expectativas, cunha paulatina recuperación das liberdades a partir do 1975 que permitiron un incremento do activismo político.

A cultura galega mostra neste período unha especial preocupación por recuperar a memoria reprimida durante os anos da ditadura.

Tendencias da transición

Na época de transición podemos sinalar as seguintes tendencias:

  • (A) Realismo ruralista e etnográfico, que explora o imaxinario popular do rural galego.
  • (B) Narrativa memorialista, centrada na Guerra do 36.
  • (C) Narrativa
...
Seguir lendo "Narrativa galega: evolución e autores" »

A Ética Kantiana: Tipos de Accións, Postulados e Imperativos

Filosofía e ética2,98 KB

A Ética Kantiana: Fundamentos e Conceptos Clave

Tipos de Accións Segundo Kant

Kant diferencia tres tipos de accións:

  • Inmorais: Contrarias ao deber.
  • Conformes ao deber: Legais, pero non morais.
  • Por deber: As únicas accións morais.

Kant vai rexeitar as éticas consecuencialistas, xa que son interesadas, pois para el o importante é a actitude da acción. Kant establece que non había cousas boas en si mesmas, só a vontade se pode considerar como algo bo.

O Imperativo Categórico: O Fin Lexítimo

Kant establece un último fin lexítimo, expresado no imperativo categórico da humanidade:

"Obra de tal xeito que uses a humanidade, tanto na túa persoa como na persoa de calquera outro, sempre como un fin e nunca como un medio."

Os Postulados da Razón

...
Seguir lendo "A Ética Kantiana: Tipos de Accións, Postulados e Imperativos" »