Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Oposición ao Franquismo: Resistencia, Maquis e Transición

Historia4,22 KB

A Oposición ao Franquismo: Posguerra á Transición

Esta composición céntrase na oposición ao réxime franquista, desde os anos da posguerra ata os derradeiros tempos da ditadura. Abórdanse os seguintes eixos:

  • Guerrilla (doc1)
  • Movemento Universitario (doc2)
  • Movemento Obreiro (doc3)
  • Forzas Políticas que se articularon cara ao remate da ditadura (doc4)

Represión e Resistencia Inicial (1940s-1950s)

O fin da Guerra Civil obrigou aos vencidos a poñerse a salvo do sistema represivo de Franco. Arredor de 1940, aínda permanecían na cadea uns 300.000 españois, dos que 22.000 foron fusilados sen acusación ningunha e 7.000 foran encarcerados. A oposición ao réxime manifestouse nesta primeira etapa do franquismo en dous ámbitos: os exiliados desde...

Seguir lendo "Oposición ao Franquismo: Resistencia, Maquis e Transición" »

Oposición ao Franquismo: Movemento Obreiro, Maquis e Universitarios

Historia4,55 KB

Oposición ao Réxime Franquista

Finalizada a Guerra Civil, o novo réxime iniciou unha dura represión contra os vencidos na guerra e, como consecuencia, durante a posguerra, moitos dos “contrarios ao réxime” foron perseguidos, encarcerados e fusilados; outros marcharon ao exilio ou ben fuxiron aos montes para refuxiarse e seguir exercendo a oposición ao franquismo dende a clandestinidade.

Os Maquis: Guerrilla na Montaña

Os fuxidos ás zonas montañosas, chamados maquis, eran grupos desorganizados de tódalas tendencias políticas de esquerdas (Doc.1), pero sobre todo comunistas (“…homes perseguidos…homes de todalas tendencias…”); que máis tarde foron organizados en núcleos de guerrilleiros polo PCE e organizaron accións,...

Seguir lendo "Oposición ao Franquismo: Movemento Obreiro, Maquis e Universitarios" »

Kant e a Ilustración: Razón, Ciencia e Metafísica

Filosofía e ética4,55 KB

Kant, Ciencia e a Ilustración

Houbo un gran desenvolvemento na ciencia co desenvolvemento do método experimental de Galileo. As partes do método son:

  • 1º Observación
  • 2º Formulación de hipóteses
  • 3º Experimentación
  • 4º Matematización

O gran personaxe da época é Newton, pero a súa filosofía defende que a natureza é unha gran máquina creada por Deus e rexido por leis físicas. Estas leis hai que coñecelas e seguilas. Ademais, hai unha fe cega no progreso; o progreso serve para transformar o mundo. Hai que educar a todos, así se crea un mundo perfecto: "Orde e Progreso". Deféndese a liberdade en todos os aspectos e, igualmente, deféndese que o ser humano é social por natureza e que é bo por natureza.

En Inglaterra, a Ilustración...

Seguir lendo "Kant e a Ilustración: Razón, Ciencia e Metafísica" »

Humanismo e Renacemento: Características e Reformas

Filosofía e ética4,01 KB

O Renacemento e o Humanismo: Unha Nova Época

Contra o século XIV viviuse en Italia un momento de renovación e cambio, que axiña se estendeu a gran parte de Europa. Esta nova inspiración supuxo un sopro de aire fresco que reavivou a literatura, a arte, a política, a relixión... Este novo mundo sería coñecido como o Renacemento e atribúeselle a función de ponte entre a Idade Media e a Modernidade. Pero se fose necesario remarcar unha orientación propia deste período, estariamos de acordo en que a tendencia máis emblemática e que frecuentemente se identifica co Renacemento é o Humanismo.

O Humanismo: Características e Orixes

O Humanismo iniciouse en Italia no século XIV como un programa educativo que tiña como obxectivo a formación...

Seguir lendo "Humanismo e Renacemento: Características e Reformas" »

Lingua e cultura galegas no século XX

Lingua e literatura5,5 KB

A lingua e a cultura galegas no primeiro terzo do século XX

A comezos do século XX Galicia seguía sendo eminentemente rural, de xeito que a poboación urbana non acadaba nin sequera o 10%. En consecuencia, atopabámonos cunha sociedade formada na súa maioría por campesiños e mariñeiros. Non obstante, neste primeiro terzo do século XX comezan a apreciarse algúns cambios: os labregos reivindican a propiedade da terra e a modernización das explotacións e protagonizan un poderoso movemento social (agrarismo), a vella fidalguía entra en decadencia e a burguesía, que fala castelán, representa o novo mundo urbano. Así, de 1900 a 1930 a poboación urbana medra. En calquera caso, segue a ser minoritaria. O proceso de substitución do galego...

Seguir lendo "Lingua e cultura galegas no século XX" »

Industria e Enerxía: Conceptos Clave

Xeografía4,8 KB

Conceptos Clave de Industria e Enerxía

Materia Prima

A materia prima é un produto básico que se emprega nun proceso de transformación industrial. Foi perdendo importancia co tempo, aínda que segue a ser principal na localización de certas industrias.

Fontes Enerxéticas

As fontes enerxéticas son recursos dos que procede a forza motriz que se necesita para o desenvolvemento dun traballo. As fontes de enerxía máis importantes na actualidade son os hidrocarburos, que son máis fáciles de extraer e usar que o carbón, etc.

Enerxía Hidroeléctrica

A enerxía hidroeléctrica é un tipo de enerxía que se produce polo movemento da auga. Este movemento realízase a través dun salto natural ou artificial. Os seus custos variables son, en xeral,...

Seguir lendo "Industria e Enerxía: Conceptos Clave" »

Transformacións Económicas e Sociais na España do Século XIX

Historia7,21 KB

Agricultura no Século XIX

A agricultura experimentou cambios significativos durante o século XIX.

Reforma Agraria

  • Abolición do réxime señorial: Eliminación dos privilexios feudais.
  • Desvinculación da terra: Liberación das terras de morgados e bens de mans mortas.
  • Desamortizacións: Procesos como os de Mendizábal (1836) e Madoz (1855) que puxeron en venda bens eclesiásticos e comunais.
  • Liberalización do mercado agrícola: Fomento da propiedade privada e do libre comercio da terra.

Estes cambios buscaban consolidar a propiedade privada da terra e situala en mans de propietarios máis activos, estimulando a mellora da produción e comercialización agrícola. Porén, non se conseguiu a creación dunha clase de medianos e pequenos propietarios,...

Seguir lendo "Transformacións Económicas e Sociais na España do Século XIX" »

O Sexenio Democrático (1868-1874): Da Gloriosa á República

Historia4,95 KB

O Sexenio Democrático (1868-1874)

O Sexenio Democrático foi un período convulso da historia de España que se iniciou coa Revolución de 1868 e rematou coa Restauración Borbónica en 1874.

A Revolución Gloriosa de 1868

En 1868 prodúcese a revolución, chamada a Gloriosa, causada polo Pacto de Ostende, o cal constitúe o punto de partida para o derrocamento de Isabel II.

Causas da Revolución Gloriosa

Esta tamén foi causada debido a unha crise económica, na que houbo:

  • Unha crise financeira debida ao recorte da exportación de algodón a EEUU, motivada pola Guerra de Secesión.
  • Unha crise de subsistencia debido ás malas colleitas.

Todo isto, xunto coa crise política dos moderados, que trouxo consigo os pronunciamentos conxuntos da Armada, co...

Seguir lendo "O Sexenio Democrático (1868-1874): Da Gloriosa á República" »

A Lírica Galega (1900-1936): Vangardas, Manuel Antonio e Cunqueiro

Outras linguas estranxeiras4,85 KB

A lírica galega entre os anos 1900-1936: a presenza das vangardas. O poeta Manuel Antonio e mais o artista plástico Álvaro Cebreiro daban luz pública a un manifesto rupturista chamado "¡Máis Alá!". Os historiadores coinciden en sinalar o devandito manifesto como o momento álxido do abrollar das vangardas históricas. Manuel Antonio semellaba formular deste xeito unha fenda con toda a literatura galega que se fixera antes del, na liña doutros manifestos similares que se espallaron pola Europa das dúas primeiras décadas do século XX, adoptaban unha posición adanista.

Desde os primeiros movementos establécese unha dialéctica entre o nacionalismo galego e a vangarda. O galeguismo consideraba que non podía permitirse o luxo de prescindir...

Seguir lendo "A Lírica Galega (1900-1936): Vangardas, Manuel Antonio e Cunqueiro" »

Literatura Medieval Galega: Cantigas de Santa María e Prosa

Outras linguas estranxeiras3,56 KB

As Cantigas de Santa María: Estudo e Clasificación

Transmisión das Cantigas de Santa María

As Cantigas de Santa María son coñecidas a través de catro códices:

  • Códice (T) do Escorial: contén 193 composicións.
  • Códice (F) da Biblioteca Nacional de Florencia: contén 104 cantigas.
  • Códice (E) do Escorial: 417 cantigas.
  • Códice de Toledo (To): actualmente gardado na Biblioteca Nacional de Madrid, contén 128 cantigas.

Datación das Cantigas

Dise que a súa creación está situada nun espazo cronolóxico que vai desde 1270 ata 1283.

Autoría das Cantigas

Non se sabe con certeza, pero pénsase que ata puido ser Afonso X pola importante cantidade de Cantigas de Santa María.

Fontes das Cantigas de Santa María

As Cantigas de Santa María incorporan...

Seguir lendo "Literatura Medieval Galega: Cantigas de Santa María e Prosa" »