A Analítica Transcendental de Kant: Coñecemento e Fenómeno
O texto expresa como na parte analítica transcendental da “Crítica da Razón Pura”, Kant demostra que o coñecemento non pode ser da cousa en si, senón do fenómeno. Ademais, que o espazo e o tempo son a forma da intuición sensible e, que son o que fai que a cousa en si se converta en fenómeno. Tamén que o coñecemento, só o é daquilo que posúa a súa correspondente intuición empírica.
A Facultade do Entendemento e a Física
A analítica transcendental, que é a parte da C. da R. P. onde Kant analiza a facultade do entendemento e a posibilidade da Física (pura ou teórica) como ciencia, establece que espazo e tempo son as condicións a priori para que se dea a experiencia. Son as formas puras da experiencia. A intuición é para...