Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

O Goberno Provisional e a Constitución de 1869: O Sexenio Democrático

Historia2,72 KB

O Goberno Provisional e as Reformas (1868-1869)

O Goberno provisional, á fronte do cal se situaron Serrano e o xeneral Prim, puxo axiña en marcha un programa de reformas. Recoñecéronse a liberdade de imprenta, o dereito de reunión e de asociación, e o sufraxio universal.

O Goberno provisional convocou eleccións a Cortes constituíntes, mentres se pronunciaba a prol dunha fórmula monárquica para o futuro réxime político. As eleccións deron a vitoria á coalición gobernamental, e crearon tamén dúas importantes minorías dentro das Cortes: a carlista e a republicana.

Os partidos tiñan que facer un esforzo por facer chegar a súa mensaxe electoral. A maior actividade concentrouse nos núcleos urbanos, sobre todo por parte de demócratas...

Seguir lendo "O Goberno Provisional e a Constitución de 1869: O Sexenio Democrático" »

A Guerra da Independencia en Galicia e as Cortes de Cádiz

Historia2,76 KB

Fases da Guerra da Independencia

A Segunda Fase (1808-1812): Dominio Francés

Esta fase estivo marcada polo dominio francés grazas ao gran exército dirixido por Napoleón. As tropas inglesas, enviadas en axuda dos españois, foron perseguidas ata A Coruña, onde reembarcaron despois de perder ao seu xefe na batalla de Elviña.

A Liberación de Galicia

En Galicia, a liberación do territorio foi levada a cabo polo pobo. A resistencia foi clave en accións como a reconquista de Vigo ou a batalla de Ponte Sampaio. A oposición popular e o illamento con respecto ao resto dos exércitos fixeron que os franceses abandonasen rapidamente Galicia, converténdose así no primeiro territorio liberado do dominio francés.

A Terceira Fase (1812-1814): Repregamento

...
Seguir lendo "A Guerra da Independencia en Galicia e as Cortes de Cádiz" »

Grandes Crises da Guerra Fría: Hungría, Suez, Vietnam e Cuba

Historia3,45 KB

Conflitos e Crises da Guerra Fría (1956-1962)

Tras a morte de Stalin en 1953, o dominio que a URSS exercía sobre os seus aliados da Europa do Leste non se suavizou. Pola contra, continuouse reprimindo calquera folga, protesta ou revolta que se producise en Europa Oriental.

1. A Intervención Soviética en Hungría (1956)

O mellor exemplo desta política foi a intervención en Hungría en 1956 para acabar cunha revolta anticomunista. Os tanques soviéticos invadiron Budapest e restableceron a situación anterior.

2. A Crise de Suez (1956)

O Goberno exipcio de Nasser nacionalizou a canle, en mans do capital francés e británico. A resposta de Francia e Gran Bretaña foi a ocupación militar da canle en 1956. EE.UU. condenou a operación e obrigou...

Seguir lendo "Grandes Crises da Guerra Fría: Hungría, Suez, Vietnam e Cuba" »

As Primeiras Crises da Guerra Fría: Berlín e Corea

Historia2,81 KB

1. A Crise de Berlín (1948-1949)

Tras a Segunda Guerra Mundial, a cidade de Berlín quedou dividida en dúas zonas. Como protesta polo desenvolvemento do Plan Marshall e pola implantación dunha moeda única na zona occidental, os soviéticos illaron Berlín Occidental, impedindo o paso a calquera transporte terrestre ou fluvial procedente de Occidente.

O Bloqueo de Berlín e a Ponte Aérea

Este bloqueo provocou a primeira gran crise da Guerra Fría. Foi neutralizado cunha xigantesca ponte aérea organizada polos británicos e estadounidenses para abastecer a cidade.

A URSS puxo fin ao bloqueo. Posteriormente, os comunistas levantaron o Muro de Berlín para evitar a fuxida da poboación cara á zona occidental, confirmando así a división definitiva...

Seguir lendo "As Primeiras Crises da Guerra Fría: Berlín e Corea" »

Literatura Galega no Exilio (1936-1976): Unha Visión Xeral

Outras linguas estranxeiras3,7 KB

Literatura Galega no Exilio (1936-1976)

Contexto Histórico

A represión do réxime franquista provocou a guerrilla. Coa derrota nazi, esperábase o fin do franquismo. Porén, os xefes guerrilleiros viron como o PCE lles retiraba a axuda en 1953. En 1965, morreu o derradeiro guerrilleiro.

O galeguismo político era rexeitado, perseguido e marxinal. O Partido Galeguista só tivo actividade nos anos 40 con Ramón Piñeiro. O PG desaparece nos 50 e dá paso ao galeguismo cultural da editorial Galaxia.

A represión do galego fixo que as manifestacións culturais e literarias se desen principalmente no exilio. Entre 1940 e 1944 publicáronse 18 libros en galego e varios en castelán sobre a nosa cultura (América).

Figuras importantes

Castelao (labor...

Seguir lendo "Literatura Galega no Exilio (1936-1976): Unha Visión Xeral" »

Constitución Española de 1978: Características e Poderes do Estado

Historia3,51 KB

Constitución Española de 1978: Características e Estrutura

O 22 de agosto de 1977 constituíuse no Congreso unha comisión para redactar o borrador da Constitución. Tras a súa presentación, foi aprobada polas Cortes e o mesmo fixo o pobo español no referendo do 6 de decembro de 1978.

Características Principais da Constitución de 1978

  • O consenso: Froito do acordo entre diversos partidos políticos.
  • A extensión: É a máis longa das constitucións españolas.
  • A ambigüidade: Permite diferentes interpretacións e desenvolvementos lexislativos.
  • A sixidez: Dificultade para a súa reforma, garantindo estabilidade.
  • Progresista e democrática: Polo seu contido e recoñecemento de dereitos e liberdades.

Principios Fundamentais da Constitución

  • España
...
Seguir lendo "Constitución Española de 1978: Características e Poderes do Estado" »

A Prosa Galega do Primeiro Terzo do Século XX: Grupo Nós e Outros Autores

Outras linguas estranxeiras3,84 KB

A Prosa Galega do Primeiro Terzo do Século XX

A Consolidación da Prosa Contemporánea

A consolidación da prosa contemporánea galega débese principalmente ao Grupo Nós, formado por Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e Ramón Otero Pedrayo. Estes autores compartían características comúns, como a súa procedencia social acomodada e a súa evolución cara ao galeguismo. Esta evolución foi explicada por Cuevillas no artigo Dos nosos tempos, por Otero na novela Arredor de sí e por Risco no ensaio Nós, os inadaptados.

A eles únese Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, con outras características como a súa procedencia social popular e un sentimento de proximidade ás clases populares que o afasta do culturalismo dos seus compañeiros....

Seguir lendo "A Prosa Galega do Primeiro Terzo do Século XX: Grupo Nós e Outros Autores" »

O Mito da Caverna de Platón: Dualismo Ontolóxico e o Camiño do Coñecemento

Filosofía e ética2,39 KB

Este texto pertence a Platón, discípulo de Sócrates e mestre de Aristóteles. Situado no século IV a.C., no período clásico da filosofía antiga, con Platón a filosofía grega acadou a súa madurez e plenitude. O pensamento de Platón ten claramente un obxectivo político: atopar bases sólidas para construír unha sociedade xusta. Tamén ten unha intención ética, pois defenderá a existencia dunha idea eterna e inmutable de xustiza, que será a base da súa teoría política: a sociedade gobernada por filósofos. As obras platónicas que se conservan están escritas en forma de diálogo, nas que Platón emprega mitos coa finalidade de que se poidan entender mellor.

O texto que imos comentar pertence ao diálogo A República, enmarcado

...
Seguir lendo "O Mito da Caverna de Platón: Dualismo Ontolóxico e o Camiño do Coñecemento" »

Glosario de termos económicos e políticos: Definicións e conceptos clave

Xeografía3,71 KB

Glosario de Termos Económicos e Políticos

Balanza de Pagamentos

Rexistro das transaccións económicas ocorridas durante un período determinado entre un país e o resto do mundo. Recolle os intercambios de bens (balanza comercial), as compras e vendas de servizos (balanza de servizos), as remesas enviadas polos emigrantes, doazóns intergobernamentais (balanza de transferencias) e as inversións de capitais estranxeiros no país e as nacionais no exterior (balanza de movementos de capitais).

Comisión Europea

Un dos órganos de decisión da Unión Europea. Exerce a función executiva. Os seus membros son elixidos por catro anos polos gobernos dos Estados membros e representan os intereses da Comunidade, non os do seu país de orixe. As súas...

Seguir lendo "Glosario de termos económicos e políticos: Definicións e conceptos clave" »

O Galego: Recuperación e Retos a Finais do Século XX e Comezos do XXI

Lingua e literatura2,46 KB

O Galego: Recuperación e Retos a Finais do Século XX e Comezos do XXI

No ano 1975, coa morte de Franco, comeza unha nova xeira caracterizada pola recuperación das formas democráticas na organización do Estado. Isto supón un aumento do nivel das liberdades dos cidadáns que repercute directamente no proceso de reivindicación cultural e lingüística de Galicia.

No ano 1976 fúndase o Departamento Universitario de Galego-Portugués. Posteriormente, no 1981, o galego é recoñecido polo Estatuto de Autonomía como lingua oficial da nosa Comunidade Autónoma, compartindo este título co castelán. Un ano máis tarde, en 1982, publícanse as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, que definen o estándar da lingua contemporánea....

Seguir lendo "O Galego: Recuperación e Retos a Finais do Século XX e Comezos do XXI" »