Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Manuel Antonio, Cunqueiro, Risco e Otero Pedrayo

Lingua e literatura2,73 KB

Manuel Antonio

A súa obra está dividida en tres etapas:

  • 1: Integrada por uns cantos poemas soltos publicados en revistas. Neles combínanse elementos tradicionais, modernistas e vangardistas. Os temas son variados.
  • 2: Constituída polo libro 'De catro a catro', convértese no libro máis significativo do vangardismo galego. Ten unha estrutura circular e presenta unidade temática: trátase dun mar visto desde dentro. Na forma, rompe case por completo cos esquemas métricos tradicionais e utiliza trazas vangardistas.
  • 3: Representada pola obra 'Viladomar', supuxo unha recuperación do ton e da forma poética tradicionais característicos da primeira etapa.

Álvaro Cunqueiro

Cultivou todos os xéneros, aínda que comezou no ámbito da lírica. Hai...

Seguir lendo "

Manuel Antonio, Cunqueiro, Risco e Otero Pedrayo

" »

Os principais tipos de clima en Galicia

Xeografía2,52 KB

Tipos de clima en Galicia

Pola súa posición xeográfica, Galicia inclúese dentro das rexións de clima oceánico, que se caracterizan por contar cunha amplitude térmica reducida, con invernos suaves, veráns frescos e precipitacións abundantes regularmente repartidas durante todo o ano.

1. Galicia occidental

As temperaturas medias sitúanse arredor dos 12 °C, mentres que as precipitacións poden chegar a superar os 1500 mm anuais. Nas Rías Baixas rexístranse temperaturas elevadas durante gran parte do ano e, aínda que o total de precipitacións é similar ao resto da fachada, existe unha forte tendencia á aridez estival, debido á maior influencia do Anticiclón das Azores.

2. Fachada cantábrica

A Mariña lucense presenta un descenso...

Seguir lendo "Os principais tipos de clima en Galicia" »

Castelao: vida e obra do escritor e artista galego

Outras linguas estranxeiras2,76 KB

Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi un escritor e artista nacido en 1886 en Rianxo. Á hora de comprender a peculiaridade da súa labor intelectual cómpre ter en conta que se sentía próximo ás clases populares, puxo un pensamento social e laico e non compartía o culturalismo. Ademais, era profundamente progresista: para el a solución dos problemas do país non está en regresar a un pasado, senón en construír un futuro por nós mesmos.

Castelao, escritor e artista

Obra plástica

A obra plástica de Castelao está composta por títulos como:

  • Álbum Nós
  • Cousas da vida
  • Galicia Mártir
  • Milicianos
  • Debuxos de Negros
  • As cruces de pedra na Bretaña
  • As cruces de pedra na Galicia

Narrativa

Destacamos Un ollo de vidro. Memorias dun esqueleto....

Seguir lendo "Castelao: vida e obra do escritor e artista galego" »

Análise Comentario de Textos de Rosalía de Castro

Lingua e literatura3,63 KB

Comentario de Textos (1857-1885)

A presente composición pertence a quen foi, sen dúbida, a figura máis importante do Rexurdimento e de toda a historia da literatura galega: Rosalía de Castro. Non só pola calidade artística da súa obra, senón tamén polo gran recoñecemento popular e a notable proxección da que goza fóra de Galicia. Foi obxecto dun proceso de mitificación que chegou a desvirtuar a súa realidade persoal e literaria, chegando así a esquecerse por momentos do marcado compromiso social e cultural na súa obra para dar paso á súa faceta máis sentimental e intimista. No referido ao castelán, é considerada unha das precursoras da poesía moderna (xunto con Bécquer) e destacou con obras como La flor e La hija del mar....

Seguir lendo "Análise Comentario de Textos de Rosalía de Castro" »

Prosa e Ensaio Galego Contemporáneo: Autores e Tendencias (1980-2020)

Outras linguas estranxeiras4,88 KB

A Prosa e o Ensaio Galego Contemporáneo (Finais do S. XX e S. XXI)

1. A Prosa Galega: Evolución e Contexto (1980-2020)

A transformación socio-política de 1975 tivo enormes repercusións na cultura galega, que viu aberta a súa presenza en ámbitos vedados. Na década dos 80 houbo un aumento exponencial do número de obras publicadas, favorecido pola introdución do galego no ensino, o cal explica a aparición dunha boa literatura infantil e xuvenil e tamén a orientación temática dunha parte considerable da literatura.

Características da Narrativa Contemporánea

Como característica debemos destacar unha maior diversificación en todos os aspectos: de estilos, de temas e de rexistros lingüísticos:

  • Publícanse parte das novelas centradas
...
Seguir lendo "Prosa e Ensaio Galego Contemporáneo: Autores e Tendencias (1980-2020)" »

Literatura Galega: Textos Propagandísticos e Precursores do Rexurdimento

Lingua e literatura2,68 KB

Literatura de Circunstancias: Textos Propagandísticos en Galego

Denomínanse literatura de circunstancias debido ao contexto da loita contra os franceses e o conflito entre absolutistas e liberais. Con estes textos é a primeira vez que se utiliza o galego tras os Séculos Escuros.

Tipos de Textos Propagandísticos

  • Escritos de Guerra

    A finalidade era manter excitados os ánimos do pobo contra os franceses, conseguir a súa mobilización e informar. A defensa do idioma era secundaria. Exemplo: Proezas de Galicia de Xosé Fernández Neira.

  • Cartas, Diálogos e Folletos Propagandísticos

    O desexo de liberais e conservadores de atraer á súa causa ao campesiñado motivou a aparición de textos en prosa galega en forma de cartas ou diálogos, é dicir,

...
Seguir lendo "Literatura Galega: Textos Propagandísticos e Precursores do Rexurdimento" »

O ferrocarril e o comercio na España do século XIX

Xeografía2,38 KB

O ferrocarril e a articulación do mercado interior

O ferrocarril resultou un instrumento indispensable para dotar a España dun sistema de transporte masivo, barato e rápido que puidese favorecer o intercambio de persoas e mercadorías entre as distintas rexións e aumentar o comercio interior.

Pero o principal problema para a articulación do mercado interior foi o escaso desenvolvemento industrial de moitas rexións españolas e o feito de que nelas predominase unha economía agrícola cunha produtividade limitada.

O aumento do comercio exterior

Durante o século XIX, as exportacións medraron a un ritmo semellante ao do conxunto de Europa. Na súa evolución pódense diferenciar dúas grandes etapas: a primeira de crecemento sostido (1815-...

Seguir lendo "O ferrocarril e o comercio na España do século XIX" »

Movemento Obreiro: Orixes, Loitas e Ideoloxías Clave

Historia5,93 KB

Movemento Obreiro: Orixes e Evolución

Dos Artesáns ao Proletariado

Dende mediados do século XVIII, as condicións de traballo foron cambiando. Ao implantarse a liberdade de produción, permitiuse a creación de novas manufacturas á marxe de toda regulamentación gremial.

Os traballadores destas novas manufacturas eran campesiños que emigraban ás cidades para conseguir traballo. Transformáronse en proletarios que necesitaban emprego e eran contratados polo propietario do taller ou da fábrica a cambio dun salario.

Primeiros Conflitos e o Ludismo

Comezaron a xurdir asociacións de traballadores, formadas sobre todo por oficiais artesáns en vías de proletarización. Primeiro organizáronse os traballadores dun mesmo oficio e a nivel local....

Seguir lendo "Movemento Obreiro: Orixes, Loitas e Ideoloxías Clave" »

A Prosa Galega (1916-1936): Irmandades, Nós e Xeración do 25

Outras linguas estranxeiras3,2 KB

A Prosa Galega no Primeiro Terzo do Século XX

Coa aparición das Irmandades da Fala (1916), a literatura galega inicia un período de consolidación e modernización que se manifesta en diferentes ámbitos:

O Labor das Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala impulsaron o ensaio e o xornalismo, destacando Antón Vilar Ponte coa súa obra Pensamento e Sementeira. Esta obra é precursora do ensaísmo político, un xénero que validou o galego como vehículo do pensamento intelectual.

No ámbito da narrativa, espallaron a novela curta cunha temática renovadora, afastándose da vella liña popularizante e tradicionalista. Isto fíxose a través da Editorial Lar e, posteriormente, da Editorial Nós. A palabra clave "Nós" caracterizou a vida sociocultural...

Seguir lendo "A Prosa Galega (1916-1936): Irmandades, Nós e Xeración do 25" »

A Gnoseoloxía de Platón: Graos de Coñecemento e a Dialéctica

Filosofía e ética2,46 KB

Graos de Coñecemento en Platón

A Dialéctica é o proceso polo que se ascende gradualmente ao verdadeiro coñecemento, ao coñecemento do ser, do universal, da Idea. No Libro VI establécese unha correspondencia estrita entre os distintos graos de realidade e os diferentes graos de coñecemento.

O Símil da Liña: Coñecemento e Realidade

  • O símil da liña non se limita a establecer unha relación entre os modos de coñecer (gnoseoloxía), senón tamén entre estes e os modos de ser real (ontoloxía).
  • Segundo Platón, non hai, nin pode haber, coñecemento in vacuo. O coñecer remítenos sempre ao obxecto coñecido.
  • Por iso, Platón sostén que a diferenza entre os distintos graos de coñecemento baséase nunha diferenciación dos obxectos.
  • Un principio
...
Seguir lendo "A Gnoseoloxía de Platón: Graos de Coñecemento e a Dialéctica" »