Castelao: vida e obra do escritor e artista galego

Outras linguas estranxeiras2,76 KB

Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi un escritor e artista nacido en 1886 en Rianxo. Á hora de comprender a peculiaridade da súa labor intelectual cómpre ter en conta que se sentía próximo ás clases populares, puxo un pensamento social e laico e non compartía o culturalismo. Ademais, era profundamente progresista: para el a solución dos problemas do país non está en regresar a un pasado, senón en construír un futuro por nós mesmos.

Castelao, escritor e artista

Obra plástica

A obra plástica de Castelao está composta por títulos como:

  • Álbum Nós
  • Cousas da vida
  • Galicia Mártir
  • Milicianos
  • Debuxos de Negros
  • As cruces de pedra na Bretaña
  • As cruces de pedra na Galicia

Narrativa

Destacamos Un ollo de vidro. Memorias dun esqueleto. O esqueleto observa os seus veciños desde a tumba a través dun ollo de vidro e móstranos, de xeito crítico e irónico, unha galería de personaxes que constitúen un retrato de Galiza. Algúns dos temas tratados nesta novela curta son a represión do campesiñado nas loitas agrarias, rendéndolle tributo á muller traballadora, a crítica á burguesía, o fracaso na emigración e a necesidade de que os galegos defendan o seu idioma, entre outros.

Cousas — 44 narracións breves. Parecen relatos sinxelos, pero en realidade son moi elaborados. Nesta obra está presente a defensa do pobo, a ternura polas persoas anciás, pola infancia e polas mulleres das clases populares.

Retrincos está composta por cinco contos autobiográficos: O Segredo, O Inglés, Peito de lobo, O Retrato e Sabela. As historias constitúen profundas reflexións sobre a construción da identidade.

Os dous de sempre é unha narración moi importante de Castelao. Pedrío, o protagonista, móvese só por necesidades primarias; Rañolas, o orfo e desamparado, representa o espírito da superación.

Ensaio

Castelao publicou en Arxentina Sempre en Galiza, un ensaio composto por materiais moi heteroxéneos, escrito en épocas diversas e en diferentes situacións marcadas pola condición do desterrado ou exiliado.

Teatro

No teatro de Castelao destaca Os vellos non deben namorar. É a obra coa que Castelao culmina o esforzo de renovación da dramaturxia galega levado a cabo polas Irmandades e polo Grupo Nós. Os protagonistas representan os diferentes sectores que configuraban a sociedade galega da época; ademais, a peza critica os esquemas e valores dominantes na sociedade.

Descargar

PDF Word HTML