Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

A Realidade e a Aparencia: Conceptos, Categorías e Tipos

Filosofía e ética2,26 KB

A Realidade e a Aparencia: Conceptos e Tipos

Confusión entre o Ser e o Parecer

Apariencia e realidade: confusión entre o que é e o que parece ser. Que é a realidade? Opoñéndoa á aparencia, a relación entre aparencia e realidade foi concibida de tres formas:

  • Como o ser real das cousas, en canto que estas se identifican cos aspectos que presentan.
  • Como ocultación do ser das cousas, pois tal ser está máis alá do que as cousas parecen.
  • Como o camiño para chegar a descubrir o ser real das cousas, pois só a través da súa aparencia podemos alcanzar o seu auténtico ser.

Categorías da Realidade

As categorías son os modos ou estruturas que utilizamos para comprender e organizar a realidade.

Aristóteles: Modos Orixinarios de Ser

Aristóteles...

Seguir lendo "A Realidade e a Aparencia: Conceptos, Categorías e Tipos" »

Funcións e Organización do Sistema Nervioso Humano

Bioloxía3,73 KB

Funcións do sistema nervioso

Xunto co sistema endócrino, é o gran sistema coordinador e regulador do noso organismo.

A través da función de relación, permítenos interactuar co medio que nos rodea e obrar en consecuencia, o que resulta fundamental para a nosa adaptación ao medio natural e a nosa supervivencia.

Concretando as súas funcións:

  • Manter a homeostase.
  • Recibir información e procesala.
  • Responder ante os cambios no medio.

Existen dous tipos de resposta:

  • Motora: movemento a través dos músculos.
  • Secretora: a través das glándulas.
  • Función sensitiva: pode ser interna (produce secrecións glandulares e regulación de órganos) ou externa (produce sensacións de acordo coas cores, cheiros, etc.).
  • Función integradora: analiza a información
...
Seguir lendo "Funcións e Organización do Sistema Nervioso Humano" »

A Lírica Galega na Posguerra: Xeracións e Autores Clave (1936-1976)

Lingua e literatura3,45 KB

A Poesía Galega entre 1936 e 1976

Tras a Guerra Civil, o Segundo Rexurdimento galego freouse cun forzoso silencio pola represión contra o galeguismo, o que levou a moitos intelectuais ao exilio.

Entre os galegos que non se exiliaron, houbo que esperar ata 1947 para a publicación da primeira obra na nosa lingua durante a ditadura: Cómaros Verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño.

A partir de aquí, a nosa lingua comezou a recuperarse. En 1950 fundouse a Editorial Galaxia, con puntos semellantes aos de Risco e Nós, que fomentou a publicación de obras en galego e aglomerou a moitos escritores galegos. Cabe así mesmo destacar as coleccións de poesía Benito Soto e Illa Nova, así como a aparición do Día das Letras Galegas, coma vías para fomentar...

Seguir lendo "A Lírica Galega na Posguerra: Xeracións e Autores Clave (1936-1976)" »

Cantares Gallegos: Análise e Significado da Obra de Rosalía de Castro

Outras linguas estranxeiras3,76 KB

O 17 de Maio de 1863: Nacemento de Cantares Gallegos

O 17 de maio de 1863, Rosalía de Castro asina a dedicatoria do seu primeiro libro de poesía galega: Cantares Gallegos. A data desta publicación supuxo un pulo decisivo do Rexurdimento.

Inspiración e Composición da Obra

No seu prólogo, a autora confesa que se inspirou no Libro de los Cantares de Antonio de Trueba. Seguindo o seu exemplo, Rosalía vai facendo glosas de cantares, refráns ou ditos populares ata compoñer 32 cantares na procura de reproducir o verdadeiro espírito do noso pobo. Esta obra organízase como un volume de poesía folk.

Significado e Intencionalidade Sociopolítica

Desde o comezo da obra, a historia vai máis alá dun simple afán revitalizador da cultura popular....

Seguir lendo "Cantares Gallegos: Análise e Significado da Obra de Rosalía de Castro" »

Desenvolvemento Económico e Industrialización en España (S. XIX)

Historia4,46 KB

O Desenvolvemento Económico na España Liberal (S. XIX)

Aínda que o inicio da industrialización en España foi moi temperán, os seus progresos foron inferiores aos dos países máis avanzados. Por iso, estudosos do tema falan do fracaso da Revolución Industrial en España. Non obstante, as coincidencias con outros países mediterráneos permiten que outros falen dun patrón latino de modernización caracterizado por:

  • Lentitude e tardanza nas transformacións.
  • Menor profundidade e repercusión social.
  • Desfase evolutivo, cun atraso no crecemento no século XIX e unha posterior recuperación.

Características do Proceso Industrial Español (Período Liberal)

O proceso industrial español do período liberal presenta as seguintes características:...

Seguir lendo "Desenvolvemento Económico e Industrialización en España (S. XIX)" »

O Teatro Galego nas Primeiras Décadas do Século XX: Historia e Autores Clave

Lingua e literatura3,44 KB

O Teatro Galego nas Primeiras Décadas do Século XX

O teatro galego das primeiras décadas do século XX representa a continuidade da tradición literaria galega de carácter costumista, con escenas da vida rural e escrito en verso.

As Irmandades da Fala e a Normalización Teatral

Para as Irmandades da Fala, o teatro era moi importante porque era un xénero que precisaba de normalización na literatura galega, pero tamén pola súa utilidade para espallar a ideoloxía nacionalista entre un público desalfabetizado. Coa fin de crear un teatro galego desde a renovación estética e técnica, as Irmandades crearon en 1919 o Conservatorio Nacional de Arte Galego. Máis tarde, en 1922, nacería a Escola Dramática Galega.

Renovación e Temáticas nos

...
Seguir lendo "O Teatro Galego nas Primeiras Décadas do Século XX: Historia e Autores Clave" »

Filosofía Clásica e Moderna: Substancia, Ilustración e a Cidade Ideal

Filosofía e ética7,11 KB

Os Principios da Filosofía: A Substancia en Descartes, Locke e Hume

A Substancia en Descartes

O tema central é a substancia. Para Descartes, a substancia é o que "non ten necesidade máis que de si mesma para existir". Polo tanto, tan só Deus é unha substancia propiamente dita. Tamén é para el substancia aquilo que Deus creou.

As dúas son substancias, pero con distinto senso: "é un nome que non se pode atribuír a Deus e ás criaturas no mesmo senso".

Tipos de Substancia Cartesiana

Por iso, para Descartes hai tres tipos de substancia:

  • Deus (ou substancia infinita)
  • A res cogitans (ou substancia espiritual)
  • A res extensa (ou substancia material)

Atributos da Substancia

Pero entre as cousas creadas por Deus, algunhas non poden existir sen as outras,...

Seguir lendo "Filosofía Clásica e Moderna: Substancia, Ilustración e a Cidade Ideal" »

A Lingua Galega no Primeiro Terzo do Século XX: Recuperación e Desafíos

Lingua e literatura3,15 KB

Durante o século XX, o proceso de recuperación cultural iniciado no XIX avanza, e o galego comeza a usarse en ámbitos dos que desaparecera ou nos que nunca estivera presente, ata chegar ao recoñecemento oficial na Democracia. Porén, asemade, descende preocupantemente o seu uso como medio de comunicación social.

Contexto e Iniciativas Clave (1900-1936)

Se nos centramos no primeiro terzo deste século, cómpre destacar unha serie de iniciativas fundamentais para a lingua e a cultura galegas:

  • As Irmandades da Fala (1916): Ligadas ao nacemento do nacionalismo galego, tiñan como finalidade a utilización exclusiva do galego en todo tipo de actos e escritos, así como impulsar a narrativa e o teatro.
  • A Xeración Nós: Estendeu o uso do galego
...
Seguir lendo "A Lingua Galega no Primeiro Terzo do Século XX: Recuperación e Desafíos" »

Historia da Normativización do Galego: Variedade Estándar e Interferencias Lingüísticas

Lingua e literatura3,45 KB

Historia da Normativización e a Variedade Estándar

Definición e Formación da Variedade Estándar

A variedade estándar dunha lingua é unha variedade lingüística que se constitúe nas linguas do ensino, nos medios de comunicación e nas institucións públicas. É común a todos os falantes e posúe regras coñecidas.

A súa formación pode producirse de dúas maneiras:

  • Formación Histórica: Determinada por unha tradición escrita e literaria, apoiada por institucións como as academias da lingua.
  • Formación Planificada (Caso do Galego): Resulta dunha intervención directa no corpus da lingua. Este proceso divídese en dúas fases:
    • Normativización: Fase de selección e fixación (intervención no corpus).
    • Normalización: Fase de expansión
...
Seguir lendo "Historia da Normativización do Galego: Variedade Estándar e Interferencias Lingüísticas" »

Evolución da Gandería en España: De Tradicional a Intensiva

Xeografía2,4 KB

Estrutura e Evolución da Gandería en España

Nos últimos anos, a gandería experimentou un notable desenvolvemento en España, e hoxe en día representa o 40% da produción final agraria, fronte ao 60% da agricultura. Esta crecente importancia veu acompañada por:

Factores Clave da Transformación Gandeira

  • Un cambio das funcións asignadas á actividade gandeira, que de ser só un complemento da agricultura, aumentou a súa importancia económica ante o crecente consumo dos seus produtos.
  • A modernización das explotacións, incorporando todo tipo de melloras técnicas no seu funcionamento.
  • Unha diferente evolución das especies en función da súa rendibilidade e das limitacións ao seu aumento impostas polas políticas agrarias.
  • Importantes modificacións
...
Seguir lendo "Evolución da Gandería en España: De Tradicional a Intensiva" »