A Crise da Restauración en España: Alfonso XIII e o Rexeneracionismo
A Crise do Sistema da Restauración
A Restauración instaurouse coa volta dos Borbóns e cun sistema deseñado por Cánovas que se baseaba na Constitución de 1876. Dito sistema comezou a entrar en crise e foi medrando no país o rexeneracionismo, mais sería con Alfonso XIII cando tería lugar a enorme crise do sistema.
Problemas Fundamentais do Réxime
O réxime tivo principalmente dous problemas importantes:
- En primeiro lugar, o Desastre do 98, que provocou un descontento xeral da poboación.
- Ademais, creouse unha nova fase caracterizada pola intervención de Alfonso XIII na vida política, cuxo reinado estivo marcado polo rexeneracionismo.
A constante intervención do monarca provocou unha inestabilidade gobernamental que derivou no rexeitamento...