Prosa e Ensaio Galego Contemporáneo: Autores e Tendencias (1980-2020)
A Prosa e o Ensaio Galego Contemporáneo (Finais do S. XX e S. XXI)
1. A Prosa Galega: Evolución e Contexto (1980-2020)
A transformación socio-política de 1975 tivo enormes repercusións na cultura galega, que viu aberta a súa presenza en ámbitos vedados. Na década dos 80 houbo un aumento exponencial do número de obras publicadas, favorecido pola introdución do galego no ensino, o cal explica a aparición dunha boa literatura infantil e xuvenil e tamén a orientación temática dunha parte considerable da literatura.
Características da Narrativa Contemporánea
Como característica debemos destacar unha maior diversificación en todos os aspectos: de estilos, de temas e de rexistros lingüísticos:
- Publícanse parte das novelas centradas na Guerra Civil e Posguerra.
- Narrativa histórica, con introdución de elementos fantásticos.
- Narrativa de xénero: do oeste, ciencia-ficción, erótica, e especialmente a narrativa negra, que será a que maior éxito acade.
- Narrativa experimental.
- Narrativa realista.
- Narrativa humorística.
- Narrativa fantástica, influenciada por Cunqueiro.
- Narrativa intimista.
- Narrativa urbana e experimental.
- Narrativa feminista.
Selección de Autores de Prosa Relevantes
Neste período incorpóranse á literatura galega novos narradores. Destacan:
- CARLOS CASARES: Comezou coa Nova Narrativa Galega, mais as súas mellores novelas son posteriores e de feitura moito máis clásica. A súa prosa é sinxela pero moi traballada.
- XOSÉ MANUEL MARTÍNEZ OCA: É para moitos o mellor narrador desta xeración.
- ALFREDO CONDE: Cunha ampla obra.
- XAVIER ALCALÁ: A súa novela gozou de maior éxito ao ofrecer unha visión da infancia e a mocidade da xeración da posguerra.
- CARLOS G. REIGOSA: Coñecido principalmente polas súas novelas detectivescas.
- DARÍO XOHÁN CABANA: O seu mundo narrativo está fortemente influenciado por Cunqueiro.
- SUSO DE TORO: É un dos máis importantes narradores actuais.
- MANUEL RIVAS: É o escritor actual con maior proxección editorial e mediática, dentro e fóra das nosas fronteiras.
- ANTÓN RIVEIRO COELLO: Cultiva unha temática moi variada nos moitos relatos e novelas publicados ata o momento.
Tendencias Actuais: Narrativa de Mulleres e LIX
Nos últimos anos está a producirse un boom de narrativa de mulleres, con trazos comúns como o protagonismo feminino e as relacións entre mulleres.
A literatura infantil e xuvenil (LIX) conta con autores principais como:
- PACO MARTÍN
- MARILAR ALEIXANDRE: Incorporouse serodiamente á literatura galega coa publicación A formiga coxa.
- FINA CASALDERREY: Mestra pontevedresa e autora de grande éxito con moitas das súas obras, dirixidas desde nenos pequenos ata adolescentes, con multitude de premios e traducida a todas as linguas da península.
- AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ: Entre os numerosos títulos que escribiu ata agora, atopamos unha ampla variedade temática.
2. O Ensaio Galego: Desenvolvemento e Vitalidade
O ensaio é o xénero máis novo da literatura galega, impulsado na época de preguerra pola Xeración Nós e tamén cultivado polos homes do Seminario de Estudos Galegos.
O núcleo fundador da Editorial Galaxia dedicouse sobre todo ao ensaio. Destacan:
- RAMÓN PIÑEIRO: Principal promotor do proxecto Galaxia coa intención de demostrar que a nosa lingua é válida para todo tipo de expresión cultural.
- RICARDO CARBALLO CALERO: Autor dunha extensa e variadísima obra.
Vitalidade do Ensaio na Década dos 80
Nos anos 80 acadou unha gran vitalidade debido a varios factores:
- Aparición de revistas de pensamento filosófico, cristián ou de orientación feminista.
- A creación de coleccións específicas nas editoriais e a constitución doutras.
- A galeguización de moitos ámbitos universitarios.
Liñas Temáticas do Ensaio Actual
No campo ensaístico pódense establecer algunhas liñas temáticas:
- Economía e Política: A súa obra supuxo un punto de inflexión na percepción da realidade galega.
- Sociolingüística: Obras sobre a lingua galega ou o Conflito lingüístico e ideolóxico.
- Teoloxía e Filosofía: O ensaio filosófico ten menos cultivadores na actualidade.
- Feminismo.