Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

A Alienación en Marx: Crítica ao Capitalismo e a Plusvalía

Filosofía e ética2,4 KB

O Marxismo e a Crítica ao Sistema Capitalista

O marxismo ten unha vontade de transformación social. Para que esta sexa posible, é necesario denunciar as inxustizas e as incoherencias do sistema. Así o fixo Marx, quen considerou que o miserable estado de gran parte da humanidade se debía ás relacións de produción propias do capitalismo, no que o ser humano non se realiza, senón que se aliena.

A Alienación Económica

O traballo, di Marx, é natural e esencial no ser humano. O traballo convértese nunha necesidade, pero tamén nunha forma de humanización, xa que posibilita a relación persoal. Con todo, na sociedade capitalista, o traballo non dignifica, senón todo o contrario: desposúe e aliena, convértese nun instrumento de explotación.
...
Seguir lendo "A Alienación en Marx: Crítica ao Capitalismo e a Plusvalía" »

Fonética e Fonoloxía Galega: Conceptos e Fenómenos Clave

Outras linguas estranxeiras3,15 KB

Introdución á Fonética e Fonoloxía Galega

Fonética e Fonoloxía: Conceptos Clave

A fonética e a fonoloxía, ambas as dúas son disciplinas lingüísticas que se ocupan do plano fónico da lingua.

  • A fonética estuda a produción, as calidades físicas e a percepción dos sons dunha lingua, en canto a realidades físicas concretas.
  • A fonoloxía, pola súa vez, estuda a función da materia fónica como constituínte dun sistema lingüístico; ocúpase dos fonemas en canto a unidades capaces de diferenciar significados.

Os Fonemas Vogais do Galego

Os fonemas vogais defínense seguindo tres elementos principais:

  1. A sonoridade: Vén determinada pola posición das cordas vogais. Se están unidas ao saír o aire, vibran producindo un fonema sonoro.
  2. O
...
Seguir lendo "Fonética e Fonoloxía Galega: Conceptos e Fenómenos Clave" »

Vocabulario Xeográfico e Xeolóxico Fundamental

Xeografía2,96 KB

Termos Clave de Xeografía e Xeoloxía

Auvión: Corrente de Auga e Barro

É unha corrente de auga e barro que pode provocar inundacións. Adoita estar composta por arxila, area, grava e limo. Ás veces, estes materiais poden quedar acumulados e chegar a provocar inundacións.

Estuario: Mestura de Auga Doce e Salgada

É unha área costeira onde a auga doce que flúe dos ríos mestúrase coa auga salgada do océano, baías, lagoas e canles. Pode deberse ao afundimento dun pequeno bloque dunha estrutura de falla ou pola subida das augas.

Foz ou Canón: Accidente Xeográfico Fluvial

É un accidente xeográfico provocado por un río, xa que o río erosiona a rocha e crea vales estreitos e prolongados por onde transcorre a auga, creando pendentes grandes...

Seguir lendo "Vocabulario Xeográfico e Xeolóxico Fundamental" »

Platón: Argumentos sobre a Xustiza e a Cidade Ideal na República

Filosofía e ética2,84 KB

Os Argumentos sobre a Xustiza na República de Platón

O Argumento de Polemarco

Recolle a tradicional definición da xustiza de Simónides, segundo a cal a xustiza sería dar a cada quen o seu. A xustiza basearíase nunha relación entre persoas, e non sería unha virtude en si mesma.

Sócrates socava este argumento de Polemarco collendo como exemplo os artesáns. Así como non dicimos que unha práctica médica non é boa se unhas veces cura e outras enferma, tampouco pode [ser xusta a xustiza se...]. En definitiva, o que quere dicir é que a virtude dunha acción non pode ser debida aos seus efectos sociais, senón que ten que ser algo determinable na acción mesma.

O Argumento de Trasímaco

Trasímaco di que o que é xusto é o que queren os...

Seguir lendo "Platón: Argumentos sobre a Xustiza e a Cidade Ideal na República" »

Glosario de Términos Demográficos e Xeográficos en Galego

Xeografía3,45 KB

Glosario de Términos Demográficos e Xeográficos

R - Réxime demográfico: etapas nas que os elementos dos movementos naturais presentan características homoxéneas.

- Ría: esteiro ou parte final dun val fluvial inundado polo mar e afectado pola penetración das mareas.

S - Saldo migratorio: diferencia entre inmigración e emigración nun país.

- Somontano: parte inferior dunha montaña.

- Subcontratación: operación mediante a que unha persoa ou empresa encarga a outra, de forma parcial ou total, traballos que estaban a seu cargo.

T - Taxas aeroportuarias: impostos pola utilización dos portos e aeroportos.

- Taxa de fecundidade ou índice de fecundidade feminina: índice que mide a proporción de nacementos dun ano en relación coas mulleres...

Seguir lendo "Glosario de Términos Demográficos e Xeográficos en Galego" »

Funcións Sociais da Lingua, Conflito e Diglosia en Galicia

Lingua e literatura3,5 KB

Funcións Sociais da Lingua e Conflito Lingüístico

Nos diferentes ámbitos sociais, a lingua pode desempeñar diversas funcións. Estas funcións son cruciais para a interacción humana e o desenvolvemento cultural:

  • Función de identidade: É aquela que realiza a lingua no marco interno do individuo, servíndolle como canle de articulación do pensamento e de construción da propia identidade.
  • Función familiar: É a que desempeña unha lingua como elemento de relación e cohesión no seo dunha familia.
  • Función laboral: É a que se exerce no mundo do traballo e nas relacións profesionais.
  • Función institucional: Para que unha lingua desempeñe esta función, é preciso que sexa vehículo de comunicación entre o individuo e os diferentes estamentos
...
Seguir lendo "Funcións Sociais da Lingua, Conflito e Diglosia en Galicia" »

O Agrarismo e as Irmandades da Fala en Galicia

Lingua e literatura2,7 KB

Contexto histórico-social e o agrarismo

No primeiro terzo do século XX sinálanse os seguintes feitos: a aparición do proletariado, a aparición dunha burguesía industrial de carácter foráneo en torno á industria conserveira e á produción naval, a desaparición da fidalguía pola eliminación do sistema foral e o trasbase da poboación que vive da pesca e da agricultura á industria, ao comercio e aos transportes.

Galicia carecía de desenvolvemento económico e os medios de produción agrarios non evolucionaran; os réximes de aforamento aproximaban a Galicia ao sistema feudal. Neste contexto xorde o agrarismo.

O movemento agrarista e Acción Galega

O agrarismo foi un movemento de carácter reivindicativo que xurdiu nas primeiras décadas...

Seguir lendo "O Agrarismo e as Irmandades da Fala en Galicia" »

Literatura Galega de Posguerra: Narrativa e Xeración dos 50

Lingua e literatura2,84 KB

A Narrativa de Posguerra: Temas e Estilos

A Obra Narrativa: Humor, Maxia e Tipos Populares

A súa obra narrativa clasifícase na narrativa longa, na que escribiu Merlín e familia (cunha estrutura achegada á novela), As crónicas do Sochantre e Se o vello Simbad volvese ás illas. Nestas obras aparecen personaxes míticos e as accións, excepto en Merlín e familia, ocorren fóra de Galicia.

Tamén cultivou os libros de semblanzas, dos que nos deixou tres títulos: Os outros feirantes, Escola de menciñeiros e Xente aquí e acolá, onde retrata tipos de carácter popular. Nestes libros, os protagonistas, os ambientes e os espazos son totalmente galegos.

A súa obra caracterízase polo humor, a ironía, a parodia e a humanización de personaxes...

Seguir lendo "Literatura Galega de Posguerra: Narrativa e Xeración dos 50" »

A Xeración do 36: Poesía e autores clave en Galicia

Lingua e literatura2,63 KB

A Xeración do 36 na poesía galega

Está formada por escritores nados entre 1910 e 1920, marcados pola guerra, e que teñen como mestres á Xeración Nós e á Xeración de 1925. Engloba os poetas do exilio onde predominan os temas sociais e de denuncia.

Direccións poéticas e autores

Continúan liñas poéticas de preguerra como o imaxinismo, o neotrobadorismo, o clasicismo (Aquilino Iglesia Alvariño), o intimismo (María Mariño) e o ruralismo (Iglesia Alvariño e Xosé María Díaz Castro) e achegan outras novas como o socialrealismo, principal corrente de posguerra representada por Celso Emilio Ferreiro.

Aquilino Iglesia Alvariño

En 1947 publica Cómaros verdes, primeiro título poético en galego da posguerra.

Xosé María Díaz Castro

No...

Seguir lendo "A Xeración do 36: Poesía e autores clave en Galicia" »

Normalización Lingüística do Galego: Historia, Marco Legal e Modelos de Lingua

Lingua e literatura3,04 KB

O Galego na Transición e a Normalización Lingüística

O período que comeza coa morte de Franco significa un aumento no nivel das liberdades cidadás que repercutirá no proceso de reivindicación cultural e lingüística de Galicia.

Marco Legal e Institucional

  • 1978: A Constitución Española. Establécese que o castelán será a lingua oficial de todo o Estado e todos os españois terán o deber de coñecela e o dereito de usala. As demais linguas do Estado serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades.
  • O Estatuto de Autonomía. Establece que a lingua propia de Galicia é o galego e indica que ten carácter oficial. Aínda así, mantén o desequilibrio favorable ao castelán.
  • Lei de Normalización Lingüística. Posteriormente, esta lei
...
Seguir lendo "Normalización Lingüística do Galego: Historia, Marco Legal e Modelos de Lingua" »