Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Cantigas de Escarnio e Maldizer: Guía da Sátira Medieval

Lingua e literatura2,55 KB

Cantigas de Burlas: Escarnio e Maldizer

O terceiro xénero maior das cantigas medievais está constituído por aquelas que foron escritas cunha finalidade satírica ou burlesca. As cantigas de burlas adoitan ter unha tonalidade chocalleira e buscan o ataque persoal, a ridiculización do adversario e a degradación a través do riso. Podemos diferenciar dous tipos:

  • Cantigas de escarnio: Falan mal dalgunha persoa, empregaban palabras con dobre sentido e satirizaban de forma indirecta e encuberta.
  • Cantigas de maldizer: Falábase mal de forma aberta, cunha sátira clara e directa.

Principais ciclos temáticos

A temática das cantigas burlescas é un espello da sociedade da época e da súa mentalidade medieval (valores, prexuízos...).

Un gran número...

Seguir lendo "Cantigas de Escarnio e Maldizer: Guía da Sátira Medieval" »

A narrativa galega a partir dos anos 60: Evolución e autores

Lingua e literatura3,35 KB

A narrativa galega a partir dos anos 60

Os autores deste período caracterízanse pola súa formación universitaria, unha ideoloxía nacionalista e o coñecemento das tendencias da narrativa galega e americana.

Características das obras

  • Narrador: Predominio da 1ª persoa.
  • Protagonista: Personaxe desarraigado.
  • Espazo: Indeterminado e intanxible, con preferencia polo espazo urbano sobre o rural.
  • Tempo: Ruptura entre o tempo do discurso e o tempo do relato.
  • Temas: Angustia e illamento do home.

Autores destacados

Xosé Luís Méndez Ferrín

Referencia fundamental da narrativa galega.

  • Obras: Percival e outras historias (nova narrativa), Retorno a Tagen Ata, No ventre do silencio (contido sociopolítico) e Amor de Artur (literatura fantástica).
  • Temas: Recreación
...
Seguir lendo "A narrativa galega a partir dos anos 60: Evolución e autores" »

A Literatura Galega de Posguerra: Xeracións e Autores

Lingua e literatura2,74 KB

A Xeración do 36

Grupo de escritores nados entre 1910 e 1920, que viviron a Guerra Civil e reflectiron nas súas obras as repercusións daquel feito. Son escritores de ponte (continuaron tendencias de preguerra ao tempo que transmitiron aos novos poetas o espírito da Xeración Nós).

Destacan:

  • Luís Pimentel: Unha das voces máis ricas deste período.
  • Aquilino Iglesias.
  • Álvaro Cunqueiro: Continúa publicando poemas neotrobadorescos e evoluciona a unha liña propia de reflexión existencial, coa presenza de mitos persoais e do eu lírico.
  • Celso Emilio Ferreiro: Poeta máis destacado. Introduce a poesía social-realista en Galicia cunha liña lírica centrada no antibelicismo, a amizade e a emigración. O libro "Longa noite de pedra", escrito durante
...
Seguir lendo "A Literatura Galega de Posguerra: Xeracións e Autores" »

A Física e Metafísica de Aristóteles: Hilomorfismo, Cambio e Causalidade

Filosofía e ética4,57 KB

Física e Metafísica en Aristóteles: Hilomorfismo, Cambio e Causalidade

Aristóteles establece unha distinción entre as ciencias teóricas e as ciencias non teóricas (ou do posible). Estas últimas inclúen:

  • As ciencias prácticas, que se ocupan das accións, é dicir, de cuestións referentes á natureza humana, á ética e á política.
  • As ciencias poéticas, que se ocupan do relacionado coa produción técnica e artística.

Clasificación das Ciencias Teóricas

Entre as ciencias teóricas, Aristóteles distingue:

  1. As Matemáticas, que estudan a cantidade.
  2. A Filosofía Natural (Física da Physis), que estuda "aquelas cousas que teñen en si mesmas o principio do movemento e do repouso".
  3. A Filosofía Primeira (Metafísica), que se divide en:
    • A Ontoloxía,
...
Seguir lendo "A Física e Metafísica de Aristóteles: Hilomorfismo, Cambio e Causalidade" »

O Rexurdimento: Historia e Evolución da Lingua Galega

Lingua e literatura2,34 KB

O Rexurdimento: A lingua galega nos séculos XIX e XX

No século XIX produciuse o Rexurdimento literario da lingua galega. Coa influencia do Romanticismo, xurdiu unha corrente ideolóxica galeguista co obxectivo principal de defender Galicia e a súa lingua.

Cambios administrativos e sociais

En 1833, modificouse a organización do territorio: o Reino de Galicia desapareceu como comunidade administrativa e foi substituído polas provincias actuais. Este proceso afectou tamén ao sistema educativo, iniciándose a substitución do galego polo castelán, sendo a escolarización obrigatoria nesta última lingua.

O galego era a lingua maioritaria empregada polos campesiños, mentres que o castelán era utilizado pola minoría gobernante e a elite social,...

Seguir lendo "O Rexurdimento: Historia e Evolución da Lingua Galega" »

Ríos e Paisaxe Vexetal de Galicia

Xeografía2,5 KB

Mentres que os ríos que desembocan no Golfo Ártabro e na área de Fisterra manteñen uns caracteres intermedios (Grande de Xubia, Eume, Mandeo, Mero, Anllóns, Grande, Castro e Xallas), o Miño e o seu principal afluente, o Sil, merecen unha mención aparte. Isto débese tanto por constituírse nunha longa arteria fluvial (que cruza de Norte a Sur a maior parte da provincia de Lugo e boa parte das de Ourense e Pontevedra), como pola amplitude da súa cunca e a diversidade de áreas climáticas que atravesan, o que lles outorga unha variabilidade no seu comportamento hídrico que os individualiza respecto aos demais de Galicia.

Rexións Florísticas e Manto Vexetal

As condicións térmicas e pluviométricas son óptimas para o desenvolvemento...

Seguir lendo "Ríos e Paisaxe Vexetal de Galicia" »

A Xeración do 25: Vangardas e Renovación Literaria Galega

Outras linguas estranxeiras7,33 KB

A Xeración do 25: As Vangardas

Esta xeración está formada polos discípulos de Castelao, Risco e Cabanillas. Escritores como Rafael Dieste, Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro, Manuel Antonio, entre outros, forman parte dela. Esta xeración é a equivalente á do 27 da literatura española e coñécese tamén como a xeración perdida, xa que a Guerra Civil acabou con moitos dos seus membros.

Os mozos do 25 van ter unha actitude máis radical en comparación coa literatura anterior, o que fai que nesta literatura se diferencie moi ben a ideoloxía de cada autor. Os únicos fieis á moderación anterior serán Bouza Brey e Ricardo Carballo Calero.

1. Por que eran considerados unha xeración?

Todos naceron na primeira parte do século XX; eran novecentistas....

Seguir lendo "A Xeración do 25: Vangardas e Renovación Literaria Galega" »

A Normativización do Galego: Etapas, Variedade Estándar e Interferencias

Lingua e literatura2,9 KB

A Historia da Normativización do Galego

Todas as linguas presentan unha forte tendencia á diversidade, especialmente no plano oral. A existencia dunha variedade estándar contribúe a frear esa dispersión.

A Construción da Variedade Estándar

A construción da variedade estándar é o que se coñece co nome de NORMATIVIZACIÓN LINGÜÍSTICA: a fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar.

Contexto Histórico do Proceso Normativizador

O galego perdera o primeiro gran momento de normativizarse: o Renacemento. É por isto que o proceso normativizador se inicia en Galiza no Rexurdimento, a finais do século XIX. O século XX vive plenamente o proceso, aínda que interrompido por certos acontecementos....

Seguir lendo "A Normativización do Galego: Etapas, Variedade Estándar e Interferencias" »

O conflito lingüístico e a diglosia: conceptos clave

Lingua e literatura2,42 KB

As funcións sociais da lingua

Os individuos viven en sociedade, motivo polo que se ven na necesidade de comunicarse. Esa comunicación faise por medio dunha lingua; por iso se di que a lingua ten unha función social.

Conflito e diglosia

Cando dúas linguas coexisten nun mesmo territorio nun contexto de desequilibrio e tensión entre elas (lingua dominante fronte a lingua minorizada), estamos ante unha situación de conflito lingüístico. Esta situación de desigualdade denomínase diglosia.

A diglosia é a conduta caracterizada por facer un uso desigual de dúas linguas:

  • Lingua A: Acapara todo tipo de funcións: as formais e de máis prestixio (laboral, institucional, cultural e internacional) e as informais.
  • Lingua B: Utilizada só en relacións
...
Seguir lendo "O conflito lingüístico e a diglosia: conceptos clave" »

A Ilustración Kantiana: Razón, Liberdade e Progreso

Filosofía e ética2,45 KB

A Idea Kantiana de Ilustración (Texto 1)
O pensamento de Kant representa a culminación da filosofía do século XVIII. Na súa obra, conflúen todos os temas que interesan á Ilustración, entre os que destacan a razón e a liberdade.

O Concepto Kantiano da Razón Ilustrada

Kant ocúpase de xeito fundamental da razón: as súas obras máis importantes son investigacións sobre a razón, do novo concepto da razón ilustrada:
  1. Unha razón crítica, que fronte ao dogmatismo racionalista que lle confería un poder ilimitado, analiza as posibilidades e límites do noso coñecemento, situados na experiencia, coa conseguinte crítica da metafísica (que trata obxectos máis alá da experiencia); unha razón crítica coa tradición, chea de erros e supersticións.
...
Seguir lendo "A Ilustración Kantiana: Razón, Liberdade e Progreso" »