Cantigas de Escarnio e Maldizer: Guía da Sátira Medieval

Lingua e literatura2,55 KB

Cantigas de Burlas: Escarnio e Maldizer

O terceiro xénero maior das cantigas medievais está constituído por aquelas que foron escritas cunha finalidade satírica ou burlesca. As cantigas de burlas adoitan ter unha tonalidade chocalleira e buscan o ataque persoal, a ridiculización do adversario e a degradación a través do riso. Podemos diferenciar dous tipos:

  • Cantigas de escarnio: Falan mal dalgunha persoa, empregaban palabras con dobre sentido e satirizaban de forma indirecta e encuberta.
  • Cantigas de maldizer: Falábase mal de forma aberta, cunha sátira clara e directa.

Principais ciclos temáticos

A temática das cantigas burlescas é un espello da sociedade da época e da súa mentalidade medieval (valores, prexuízos...).

Un gran número de cantigas teñen como destinatario as mulleres; atopamos nelas un retrato cruel onde o mundo feminino se reduce á sexualidade, converténdose en obxecto de luxuria.

Todo aquilo que se aparta da norma cortesá do home-cabaleiro-cristián é atacado nestas composicións (xudeus, árabes...). Nalgúns casos, as vítimas dos ataques son os propios escritores, nunha crítica á falta de habilidades literarias dos poetas.

Tipoloxía das Cantigas de Burlas

  • Sátira política: Trata dos problemas políticos e militares. Podemos diferenciala en dous ciclos:
    • Críticas aos cabaleiros.
    • Críticas a Afonso X.
  • Sátira literaria: Ten como obxectivo a propia literatura e os seus autores. Os enfrontamentos eran unha especie de xogo de enxeño para demostrar habilidades literarias e dar saída a rivalidades persoais. Distínguense tres ciclos fundamentais:
    • Os enfrontamentos entre xograres e trobadores.
    • As parodias do código do amor cortés.
    • O ciclo de amas e tecedeiras.
  • Sátira social, de tipos e costumes: Resalta as críticas á avaricia, ás crenzas na astroloxía e á adiviñación. As críticas a grupos sociais divídense en:
    • Os infanzóns e cabaleiros pobres, ridiculizados polas súas pretensións nobiliarias e a miseria na que viven.
    • Os cregos e monxas, aos que se censura polos seus vicios pouco cristiáns.
  • Sátira obscena: Procura o riso fácil con referencias ao sexual e escatolóxico. Pode mesturarse con calquera dos outros temas ou aparecer como único motivo da cantiga, destacando entre elas as dedicadas ás soldadeiras.

Descargar

PDF Word HTML