A Xeración do 25: Vangardas e Renovación Literaria Galega

Outras linguas estranxeiras7,33 KB

A Xeración do 25: As Vangardas

Esta xeración está formada polos discípulos de Castelao, Risco e Cabanillas. Escritores como Rafael Dieste, Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro, Manuel Antonio, entre outros, forman parte dela. Esta xeración é a equivalente á do 27 da literatura española e coñécese tamén como a xeración perdida, xa que a Guerra Civil acabou con moitos dos seus membros.

Os mozos do 25 van ter unha actitude máis radical en comparación coa literatura anterior, o que fai que nesta literatura se diferencie moi ben a ideoloxía de cada autor. Os únicos fieis á moderación anterior serán Bouza Brey e Ricardo Carballo Calero.

1. Por que eran considerados unha xeración?

Todos naceron na primeira parte do século XX; eran novecentistas. Os que naceran a finais do XIX, como Blanco Amor, manipularon a súa data de nacemento. Ademais, todos tiñan contacto a través do Grupo Nós e, como a maioría eran xornalistas, escribían para as mesmas revistas e xornais (El Pueblo Gallego e Diario Galicia de Vigo). Foi a primeira xeración que viviu das letras.

Os protagonistas de todo este proceso de renovación artística e literaria na Galiza son os chamados novecentistas, que floreceron durante a Ditadura de Primo de Rivera. Denomínanse así porque naceron a partir de 1900. Teñen influencia das vangardas, polo que adoptan un afán renovador. Estes autores ao final collen tres rumos: uns continúan co galleguismo, outros cámbianse á esquerda republicana, e outros evolucionan ao fascismo. Forman parte desta xeración: Manuel Antonio, Amado Carballo, Fermín Bouza Brei, Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste e Eduardo Blanco Amor.

2. Introdución das Vangardas

A vangarda é un conxunto de movementos artísticos europeos (1910-1930) cun afán de ruptura con todo o anterior, unha actitude provocativa que se aplica a todos os campos estéticos: pintura, escultura, música, literatura...

Un -ismo é unha corrente cos seus propios postulados, que se difundiron a través dos manifestos vangardistas.

Os -ismos europeos foron abundantes e pouco duradeiros:

  • Futurismo: Exalta a violencia e a luxuria, a velocidade e o maquinismo, a técnica e o progreso. Imprimen aos seus escritos dinamismo e rapidez verbal, suprimindo adxectivos, adverbios e incluso o propio significado, construíndo onomatopeas.

Un proceso semellante prodúcese na literatura, mesturando conceptos ou imaxes, distorsionando a sintaxe e revolucionando a tipografía cos Caligramas, poemas nos que se crean “imaxes visuais” grazas á disposición dos versos na páxina.

  • Surrealismo (Superrealismo): Encamíñase a unha transformación liberadora do home (influencia da psicanálise de Freud: primacía do soño, a loucura, o inconsciente, a hipnose), dando vía libre ás manifestacións do subconsciente coa escritura automática, defendendo o acto gratuíto.

Deste xeito, o poema é unha realidade autónoma froito da intelixencia (ao contrario do surrealismo), servíndose para isto dos xogos de palabras.

  • Ultraísmo: Tendencia ao antisentimentalismo (deshumanización da arte), gran importancia da imaxe poética, da metáfora e das innovacións tipográficas na disposición do poema, polo xeral moi breve.

3. Realmente houbo vangarda galega?

Na literatura é máis complexo falar de vangarda xa que, aínda que houbo un manifesto vangardista, o “Mais Alá” de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, varias revistas vangardistas como Ronsel en Lugo, Alfar na Coruña e Cristal en Pontevedra, e escritores vangardistas, todo isto ten un pero. Finalmente, os autores como Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro non foron unicamente vangardistas.

Problemática das vangardas en Galiza

Algúns estudosos consideran que non se pode falar dunha literatura galega completamente vanguardista, senón de influxos dos diferentes ismos. Foron considerados vangardistas:

  1. Algúns libros de poesía: “De catro a catro” de Manuel Antonio, e os primeiros libros de poesía de Cunqueiro, “Mar’ao norde”, “Poemas de si e non”.
  2. Artistas plásticos como Seoane, Maside, Fdez Mazas Cebreiro…

Todos eses libros recollen trazos das vangardas europeas; é dicir, eran imitación, non inventaron vangardas.

4. Correntes da poesía galega

Tendencia neotrobadorista: Combínase a cantiga de amigo e a de amor coas vangardas, polo tanto non é unha vangarda pura, xa que non rompe co pasado, senón que vai ao pasado. Os máximos representantes son Cunqueiro (“Cantiga nova que se chama riveira”) e Bouza Brey (“Nao Senlleira”).

Tendencia hilozoísta: Mestura tamén tradición e vangarda. Foi a tendencia predominante e o seu maior representante foi Amado Carballo.

Tendencia propiamente vangardista: Os principais representantes son Álvaro Cunqueiro e Manuel Antonio.

Álvaro Cunqueiro: Antes da guerra dedicouse ao teatro e despois da guerra á narrativa. Nesta tendencia escribiu Poemas do si e do non e Mar ao norde. Véselle unha clara influencia do cubismo e surrealismo. Tamén participa no neotrobadorismo e no surrealismo.

Manuel Antonio perdeu o seu pai aos 4 anos e na adolescencia rebelouse contra os ideais familiares. Estando no instituto meteuse nas Irmandades da Fala. Primeiro foi un discípulo, mais despois publicou o manifesto do Mais Alá! Ten importancia a denotación e a connotación. O único que quere dicir con iso é que a vida é unha continua monotonía.

É a viaxe dun ser que se lanza polo mar da vida e que o único que encontra é angustia.

5. Prosa de vangarda

É diferente a toda a narrativa anterior. Céntrase nunha natureza lírica.

Utiliza un argumento tradicional mesturado coas técnicas vangardistas, dando lugar así a un antecedente do realismo máxico.

Fronte ao narrador omnisciente da literatura anterior, hai continuos apelos ao lector para que este se implique na historia e complete o que o conto non conta. Ademais, os narradores dubidan e autoxustifícanse.

Utiliza a técnica das caixas chinesas, propia da literatura oral popular e que consiste en encaixar dentro dunha historia varias.

Ás veces comeza in media res, in extrema res (polo final, como en Agosto do 36).

6. Teatro de vangarda

O teatro de vangarda quedou inédito e sen estrear por parte de escritores como Cunqueiro ou Luis Manteiga. A excepción foi a Fiestra Valdeira de Rafael Dieste.

Finalmente, todos acaban aceptando o cadro.

A través del vemos como os mariñeiros, pese a non ter estudos, son moi cultos, xa que saben todo sobre os barcos, o mar... Son pobres de cartos, pero non de cultura.

Finalmente está a idea de que non hai que renegar das orixes, é dicir, a hipocresía da aparencia.

Ensaio

Moitos dos escritores da Xeración foron socios do Seminario de Es...

Descargar

PDF Word HTML