Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Literatura Galega: A Xeración Nós (1916-1936) - Otero, Castelao e Risco

Outras linguas estranxeiras3,56 KB

Literatura Galega: A Época Nós (1916-1936)

A Época Nós (1916-1936) foi un período fundamental para a literatura galega, con figuras clave como Otero Pedrayo, Risco e Cuevillas. Tamén destaca Castelao, quen provén do agrarismo.

Todos eles participaron en actividades do G.L.G. (Grupo Literario Galego) e foron creadores da nova narrativa galega, introducindo correntes europeas e sendo iniciadores do ensaio en lingua galega.

Ramón Otero Pedrayo

A súa obra narrativa divídese en dous bloques principais:

1. Novelas Realistas

  • Ambientadas na Galiza rural do século XIX.
  • Narran o proceso de decadencia da fidalguía e os cambios da sociedade rural.
  • Os camiños da vida: Longa novela en tres partes que narra a historia de dúas familias fidalgas ourensás.
...
Seguir lendo "Literatura Galega: A Xeración Nós (1916-1936) - Otero, Castelao e Risco" »

Que é a filosofía? Orixe, obxectivos e perspectiva

Filosofía e ética2,68 KB

Orixe e definición da filosofía

A filosofía aparece na antiga Grecia cara ao século V a.C. O termo procede das palabras gregas philos ('amante') e sophía ('coñecemento'). Naceu grazas ás achegas dos filósofos presocráticos.

Historicamente, a filosofía foi o esforzo do pensamento que trataba de construír unha teoría universal e racional sobre o ser humano, aínda que hoxe non existe unha definición única. A filosofía non busca a verdade para obter un beneficio práctico, senón polo simple feito de que é a verdade. A curiosidade de querer sabelo todo é propia do filósofo.

Obxectivos e finalidade

  • Obxecto de estudo: A explicación, análise e crítica da comprensión da realidade.
  • Instrumento: Cultívase para modificar o mundo natural
...
Seguir lendo "Que é a filosofía? Orixe, obxectivos e perspectiva" »

Aristóteles e as Escolas Helenísticas: Guía de Filosofía

Filosofía e ética2,85 KB

Aristóteles: Vida e Obra

Aristóteles foi discípulo e rival de Platón. Estudou na Academia e logo creou a súa propia escola. Mostrou moito interese polo coñecemento, foi mestre de Alexandre Magno e sempre se preocupou de mandarlle mostras de animais, plantas, etc.

Aristóteles sempre estaba investigando. O seu método, coñecido como peripatético, consistía en que o mestre e o alumno daban voltas ao Liceo mentres falaban. Escribiu obras fundamentais como Metafísica, Política e Sobre a alma, sendo o filósofo máis importante da Idade Media.

Escolas Helenísticas

Coa chegada de Alexandre Magno aparece unha nova visión do mundo: desaparece a idea das cidades-estado de Grecia e xorde unha visión dun espazo político e xeográfico baixo...

Seguir lendo "Aristóteles e as Escolas Helenísticas: Guía de Filosofía" »

Desenvolvemento na primeira infancia: etapas e coidados

Castelán2,95 KB

1. Primeira infancia

1) Etapas que abarca

Abarca de 0 a 2 anos aproximadamente. Despois de transcorrer nove meses desde a fecundación, o bebé xa está preparado para nacer.

2) Fases do parto

  • Dilatación: A contracción é a dilatación do colo do útero ata que se atopa suficientemente dilatado como para permitir o paso da cabeza do feto.
  • Expulsión: Comprende o paso do feto pola canle vaxinal e remata co nacemento do bebé e o corte do cordón umbilical.
  • Alumbramento: Consiste na expulsión da placenta e membranas fetais despois do nacemento.

3) Características do recén nacido

Físicas

  • O peso oscila entre os 2500 e os 4000 g e mide 50 cm.
  • O seu corpo é tibio e a pel está cuberta dunha substancia graxa e branquecina que se chama vérnix caseosa.
...
Seguir lendo "Desenvolvemento na primeira infancia: etapas e coidados" »

Rosalía de Castro e Eduardo Pondal: Pilares do Rexurdimento Galego

Lingua e literatura3,83 KB

Rosalía de Castro: A Lingua e a Obra

A Lingua de Rosalía

A lingua de Rosalía de Castro corresponde ao galego suroccidental, cos seus trazos distintivos e múltiples castelanismos e vulgarismos. Mantense na espontaneidade da lingua oral, con todas as súas condicións e impurezas ao traspasala á escrita.

Esquecida a lingua culta durante séculos e avergoñado o pobo da súa lingua rural e mariñeira, Rosalía recupera para o galego a categoría de lingua literaria. Faino a través de dous rexistros diferentes:

  • O popular e coloquial de Cantares Gallegos.
  • O grave e culto de Follas Novas.

A Prosa de Rosalía

Rosalía é autora dun relato escrito en galego, datado en 1864 e aparecido nun folletín do xornal coruñés El Avisador. A acción do conto...

Seguir lendo "Rosalía de Castro e Eduardo Pondal: Pilares do Rexurdimento Galego" »

O Sistema Financeiro Europeo: Funcións e Elementos Clave

Economía2,37 KB

O sistema financeiro

O sistema financeiro está formado polo BCE, os bancos nacionais de cada país, os activos financeiros, os intermediarios e os mercados.

1. Banco Central Europeo (BCE)

Tras a implantación da Unión Económica e Monetaria Europea (01-01-99), o BCE substituíu aos bancos nacionais como máximo dirixente do SEBC. As súas funcións son similares ás dos bancos centrais dos distintos países.

Funcións básicas do BCE:

  • Definir e executar a política monetaria da zona do euro.
  • Realizar operacións de divisas.
  • Posuír e xestionar as reservas oficiais de divisas dos países membros da zona euro.
  • Promover o bo funcionamento do sistema de pagos.

Outras funcións: Emisión de billetes, estatísticas, estabilidade e supervisión financeira,...

Seguir lendo "O Sistema Financeiro Europeo: Funcións e Elementos Clave" »

Xeracion das Festas Minervais

Lingua e literatura3,21 KB

LIR.POSG:-xeracion do 36:naceron case todos entre 1910 e 1920.Formaronse baixo a influencia directa da xeracion nos e as vangardas.Traxectoria marcada fortemente pola guerra.Supoñen unha ponte entre a literatura de posguerra e outras novas.Seguen tendenzas variadas,neotrobadoris mo,paisaxismo,poesia civica,intimismo.Aquilino iglesia alvariño:obra:señardá,corazon ao vento,cómaros verdes.Dominan os sonetos de influencia modernista e as pezas incorporadas ao paisaismo.En comaros verdes hai exemplos de neotrob. E poemas de verso libre que manifesta unha vision humanzada da natureza.CelsEmiFer:obra:o soño sulagado,longa noite de pedra,viaxe ao pais dos ananos,cantigas de escarno e maldicir,antipoemas,onde o mundo se chama celanova.Rexistro
...
Seguir lendo "Xeracion das Festas Minervais" »

A Construción da Variedade Estándar do Galego

Lingua e literatura2,33 KB

Historia da Normativización: A Construción da Variedade Estándar. Interferencias e Desviacións da Norma

A variedade estándar é unha das linguas funcionais que se dá nunha lingua histórica, o modelo común aceptado como uso normativo do código lingüístico. Corresponde ao nivel medio (ou culto) e ao rexistro formal.

Normativización Lingüística

Elaboración dunha variedade estándar de lingua que funciona como modelo de corrección idiomática nunha comunidade. Procúrase un código formal común con ortografía, gramática e dicionario. Constitúe a norma fónica, gráfica, morfosintáctica e léxica. É imprescindible nunha lingua minoritaria.

Etapas do Proceso de Normativización

Galego Popularizante (ata fins do século XIX)

Ten como...

Seguir lendo "A Construción da Variedade Estándar do Galego" »

Ramón Otero Pedrayo: Vida, Obra e Contribución ao Rexurdimento Galego

Lingua e literatura2,91 KB

Ramón Otero Pedrayo

Naceu nunha familia ourensá ligada á vella fidalguía rural. Vicente Risco e Florentino Cuevillas foron amigos seus desde a infancia. Remata o bacharelato e marcha a Madrid, onde realiza as carreiras de Dereito e Filosofía e Letras.

Volve a Ourense e reencontrase cos seus amigos. Coñecen ao líder das Irmandades da Fala, Antón Losada Diéguez, e xúntase ao nacionalismo. Desenvolve unha intensa vida literaria, política e científica. Colabora na revista Nós, dirixe a sección de Xeografía no Seminario de Estudos Galegos, e representa a Galicia como deputado nacionalista.

Durante a guerra foi expulsado da súa cátedra. Despois de estar exiliado no seu pazo de Trasalba, intenta recuperar o galeguismo cultural. Exerceu...

Seguir lendo "Ramón Otero Pedrayo: Vida, Obra e Contribución ao Rexurdimento Galego" »

Manuel Curros Enríquez: Vida e Obra Literaria

Outras linguas estranxeiras2,31 KB

Aspectos biográficos

Nace en Celanova en 1851, alí pasa a súa infancia ata que na adolescencia vai vivir —por conflitos familiares— co seu irmán a Madrid. Alí comeza a carreira de Dereito, que non rematará. Participa activamente na situación política do momento (a Revolución de 1868) e dedicarase profesionalmente ao xornalismo.

Regresará a Galicia na década dos 80 e será en Ourense onde se presente a un certame literario cos poemas "Unha voda en Einibó", "O gaiteiro" e "A Virxe do Cristal", que gañará e suporá a súa presentación como poeta. Emigra a Cuba e colabora cos intelectuais galegos. Falece en Cuba en 1908 e os seus restos serán repatriados á Coruña.

Obra poética

Curros Enríquez só publicará dúas obras poéticas:...

Seguir lendo "Manuel Curros Enríquez: Vida e Obra Literaria" »