Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

A Nova Narrativa Galega: Obras, Autores e Fases

Outras linguas estranxeiras4,58 KB

A Nova Narrativa Galega: Obras e Autores Clave

Acostúmase indicar como data fundacional da Nova Narrativa Galega (NNG) o ano 1956, cando se publica Memorias de Tains, de Gonzalo Rodríguez Mourullo. A data límite é máis borrosa: para algúns pecharíase coa publicación en 1972 de Adiós María de Xohana Torres; para outros prolongaríase aínda en novelas como Cara a Times Square (1980) de Camilo Gonsar.

Fases no desenvolvemento da NNG

Segundo algúns investigadores, no desenvolvemento da NNG pódense distinguir catro instantes:

  1. Aparición: Representado por Memorias de Tains (1956) de Gonzalo R. Mourullo e Percival e outras historias (1958) de Xosé Luís Méndez Ferrín.
  2. Consolidación: Con O crepúsculo e as formigas (1961), de Xosé Luís
...
Seguir lendo "A Nova Narrativa Galega: Obras, Autores e Fases" »

O Directorio Civil de Primo de Rivera e a Caída da Monarquía

Historia2,36 KB

O Directorio Civil tras a pacificación

Trala pacificación de Marrocos e o restablecemento da orde pública, o Directorio militar deu paso a un Directorio civil igualmente presidido por Primo de Rivera, con civís vinculados á Unión Patriótica. Os seus obxectivos eran sentar as bases dun novo réxime político coa defensa de gobernos fortes, a participación corporativa dos sectores sociais e a creación dunha Asemblea Nacional de carácter consultivo.

Obxectivos económicos e sociais

Outra importante preocupación do Directorio Civil foi a potenciación do desenvolvemento económico como parte fundamental da rexeneración española, mediante unha política económica de intervencionismo estatal no marco do capitalismo. O proteccionismo estatal

...

Seguir lendo "O Directorio Civil de Primo de Rivera e a Caída da Monarquía" »

A literatura galega do exilio (1936-1975): claves e autores

Lingua e literatura2,79 KB

A literatura do exilio (1936-1975): poesía, prosa e teatro

Este período histórico estivo marcado pola Guerra Civil e a ditadura, contextos definidos pola represión, o terror, o silencio e o exilio. Cabe destacar que, entre 1940 e 1944, escribíronse 18 libros no exilio fronte a ningún en Galicia.

Características da literatura do exilio

Esta produción literaria constitúe a continuación da cultura galega (1936-1950) que estaba amordazada no interior. Nesta etapa, a figura de Castelao resulta fundamental. A poesía cobra unha gran relevancia, cunha temática fortemente influenciada pola experiencia vivida, predominando os eixes da crítica social e política, o desterro, a emigración, a represión e a nostalxia de Galicia.

A poesía no exilio

Destacan...

Seguir lendo "A literatura galega do exilio (1936-1975): claves e autores" »

A crise da Restauración en España (1914-1923)

Historia3,22 KB

1. O impacto da Primeira Guerra Mundial

O goberno de Eduardo Dato declarou a neutralidade, que foi apoiada por todos os partidos. Esta postura adoptouse a causa do illamento diplomático, a debilidade económica e a incapacidade militar de España. As forzas políticas, a pesar da neutralidade, dividíronse en dous bandos: aliadófilos e xermanófilos.

A neutralidade favoreceu unha espectacular expansión da economía. Non obstante, mentres a burguesía industrial e financeira se enriqueceu con beneficios extraordinarios da guerra, as clases traballadoras sufriron un forte descenso do seu nivel de vida pola escaseza e pola subida dos prezos dos produtos de primeira necesidade. Esta situación agravou as diferenzas entre as clases sociais da época...

Seguir lendo "A crise da Restauración en España (1914-1923)" »

Os Séculos Escuros (XVI-XVIII): Contexto, Lingua e Literatura Galega

Lingua e literatura3,36 KB

Os Séculos Escuros: Literatura e Contexto (XVI-XVIII)

1. O Contexto Histórico e Social

Dimensión Política e Definición

  • Definición dos Séculos Escuros.
  • Dimensión política:
    • Consecuencias do apoio dos nobres galegos a Xoana na loita contra Isabel a Católica.
    • Represalias sobre os nobres.
    • Substitución das clases dirixentes (Igrexa e administración).
    • Absentismo da nobreza galega.
    • Perda do dereito a voto en Cortes.
    • Organismos de control: Santa Inquisición e Santa Irmandade.
    • Século XVIII: Centralismo dos Borbóns.

Dimensión Económica, Social e Demográfica

  • Clases sociais:
    • Campesiños (sumidos na pobreza).
    • Nobres (rendeiros).
    • Fidalguía (rendeira e non innovadora).
  • Emigración: Oficios máis baixos. Asociación despectiva do termo "galego" con atraso.
...
Seguir lendo "Os Séculos Escuros (XVI-XVIII): Contexto, Lingua e Literatura Galega" »

Historia da lingua galega: do franquismo á resistencia

Lingua e literatura2,65 KB

A Igrexa foi un dos soportes ideolóxicos e sociais do franquismo. A xerarquía católica ignorou o galego. A radio, o cine sonoro e a televisión supuxeron unha revolución cultural que espallaron masivamente o castelán en Galicia. Haberá que agardar a 1974 para a emisión dun programa en galego: Panorama de Galicia.

A resistencia: exilio e recuperación cultural

Son os exiliados como Castelao, Seoane, Blanco Amor ou Rafael Dieste os que manteñen vivo o proceso de recuperación lingüística e cultural. Bos Aires, Montevideo ou México son as verdadeiras capitais culturais da Galicia libre. Nestes centros promóvense:

  • Editoriais e publicacións diversas.
  • Programas de radio e edicións de xornais e revistas.
  • Grupos de teatro e musicais.
  • Fundación
...
Seguir lendo "Historia da lingua galega: do franquismo á resistencia" »

A Ilustración en España: Limitacións, Inquisición e o Nacemento do Liberalismo

Historia3,06 KB

As limitacións e os atrancos do Proxecto Ilustrado

Os gobernos ilustrados atopáronse con multitude de dificultades, que proviñan tanto da miseria e da ignorancia das masas populares como da oposición da meirande parte da nobreza e dos eclesiásticos, grupos que estaban satisfeitos coa tradición e a sociedade vixente. A pesar da modernización das súas propostas e de que nunca pretenderon alterar as bases políticas e sociais, os partidarios das reformas tiveron serias dificultades para levar a cabo os seus proxectos, provocando conflitos e problemas, entre os que destacan:

  • A vixilancia da Inquisición e o proceso de Olavide.
  • A lentitude das reformas e a radicalización ideolóxica.

1. A vixilancia da Inquisición e o proceso de Olavide

Aínda...

Seguir lendo "A Ilustración en España: Limitacións, Inquisición e o Nacemento do Liberalismo" »

Historia da Reforma Agraria e Desamortizacións

Historia2,95 KB

A reforma agraria liberal

A reforma agraria liberal incluía tres ámbitos esenciais que consagraban os principios de propiedade privada e de libre dispoñibilidade da propiedade:

  • A disolución do réxime señorial: Produciuse pola lei do 26 de agosto de 1837. Os señores perdían as súas atribucións xurisdicionais (exercer xustiza), porén, conservaban a propiedade das terras que os campesiños non puidesen acreditar documentalmente como propias. Deste xeito, os campesiños que tradicionalmente traballaron esas terras perdían todo o dereito e pasaban a ser simples arrendatarios ou xornaleiros.
  • A desvinculación: Supresión de morgados, padroados e fideicomisos en 1837. Libera definitivamente as terras dos patrimonios vinculados e os seus propietarios
...
Seguir lendo "Historia da Reforma Agraria e Desamortizacións" »

Orde constitucional e partidos en España (1837–1843)

Historia3,16 KB

A nova orde constitucional

A nova orde constitucional: Os progresistas desmantelaron o antigo réxime e implantaron o réxime liberal. As Cortes abriron en 1836 e escribiron unha constitución que se aprobou en xuño de 1837. Esta constitución recoñecía o principio de soberanía nacional, varios dereitos cidadáns, a división de poderes e o estado católico.

Creáronse leis como a Lei da Imprenta (control sobre o que se publica) e a Lei Electoral (sufraxio a maiores de 25 anos con renda mínima). O novo sistema impulsou a reforma agraria, que se centraba na abolición dos señoríos, na desvinculación dos morgados e na desamortización de bens do clero regular e secular. Consolidouse a liberdade de contratación na industria e no comercio....

Seguir lendo "Orde constitucional e partidos en España (1837–1843)" »

Vocabulario: Diversidade Hídrica e Vexetación (Xeografía)

Xeografía2,53 KB

Vocabulario: Tema 3 - Diversidade Hídrica e a Vexetación

  • Cunca Fluvial: Tamén coñecida como cunca hidrográfica, é a porción de terreo que drena a un colector principal (río ou lago), limitada por unha liña de cumes ou divisoria de augas. Esta liña marca o punto desde o que as augas correntes flúen en direccións opostas e adoita coincidir cos niveis máis elevados de determinados sistemas montañosos. Exemplo: cunca fluvial do Miño.
  • Estiaxe: Período durante o cal unha corrente de auga alcanza o seu caudal máis baixo.
  • Marisma: Chairas de lodo típicas das baías baixas, que se enchen cos sedimentos achegados polos ríos que as atravesan e polo mar (que as cobre en preamar -marea alta- e déixaas ao descuberto en baixamar -marea baixa-
...
Seguir lendo "Vocabulario: Diversidade Hídrica e Vexetación (Xeografía)" »