TEMA 4: O TEATRO DO PRIMEIRO TERZO DO XX: IRMANDADES, VANGARDAS E GRUPO NÓS.
O teatro é o xénero menos cultivado da literatura galega, por dúas razóns:
- A exclusión da lingua galega dos espazos públicos cultos.
- As sucesivas prohibicións de representar en linguas diferentes ao castelán.
A fonte do xuramento (1882) marca o inicio do teatro moderno, de temática rural, dominado polo costumismo. Coas Irmandades da Fala, o teatro deixa de ser un mero divertimento para converterse nunha arma política e reivindicativa. Diversifícase a oferta teatral: teatro histórico, social, cómico e infantil. En 1919, a Irmandade da Coruña crea o Conservatorio Nazonal de Arte Galega, que realizou máis de cen representacións por ano, e organizou as súas...