A Física e Metafísica de Aristóteles: Hilomorfismo, Cambio e Causalidade
Física e Metafísica en Aristóteles: Hilomorfismo, Cambio e Causalidade
Aristóteles establece unha distinción entre as ciencias teóricas e as ciencias non teóricas (ou do posible). Estas últimas inclúen:
- As ciencias prácticas, que se ocupan das accións, é dicir, de cuestións referentes á natureza humana, á ética e á política.
- As ciencias poéticas, que se ocupan do relacionado coa produción técnica e artística.
Clasificación das Ciencias Teóricas
Entre as ciencias teóricas, Aristóteles distingue:
- As Matemáticas, que estudan a cantidade.
- A Filosofía Natural (Física da Physis), que estuda "aquelas cousas que teñen en si mesmas o principio do movemento e do repouso".
- A Filosofía Primeira (Metafísica), que se divide en:
- A Ontoloxía, que se ocupa "do ser en canto ser".
- A Teoloxía, que estuda a primeira causa do movemento.
Seres Naturais, Seres Artificiais e o Cambio
Aristóteles distingue entre seres naturais (que teñen posibilidade de cambio por si mesmos) e os seres artificiais (que só cambian debido a factores exteriores). Estes seres están formados por materia e forma (a substancia).
Tamén clasifica outro tipo de seres que son forma pura. Para Aristóteles, o cambio prodúcese por algún tipo de finalidade, concretamente acadan a perfección que lles é propia.
A Teoría Hilemórfica: Materia e Forma
Na súa teoría hilemórfica, Aristóteles desenvolve que o ser é unha substancia, formada polo composto de materia (hylé) e forma (morphé). A substancia é un conxunto inseparable da materia e forma, e está sometida ao cambio.
A Materia (Hylé)
A materia divídese en:
- A materia primeira: Aristóteles concíbea coma indeterminada e capaz de chegar a ser calquera cousa en unión coa forma.
- A materia próxima (en forma determinada).
A Forma (Morphé)
Pola súa banda, a forma divídea en:
- A esencia, que é o que fai que unha cousa sexa iso e non outra cousa.
- A natureza, as actividades propias dun ser.
Substancia Primeira e Segunda
O real é o propio composto; a materia e a forma non poden existir por separado. A substancia primeira é o composto, mentres que á forma, Aristóteles chámalle "substancia segunda" para diferenciala das demais substancias.
As Catro Causas do Cambio (Causalidade Aristotélica)
Para Aristóteles, o cambio está na propia natureza das cousas. Este cambio débese a catro causas principais:
- A causa material: da que están formadas as cousas (exemplo: bronce).
- A causa formal: permite que a materia pase a ser forma (exemplo: estatua).
- A causa eficiente: o que produce a cousa (exemplo: escultor).
- A causa final: obxectivo final polo que algo chega a ser o que é (exemplo: diñeiro ou o propósito).
Para que se dea calquera cousa, é necesario que se leven a cabo esas catro causas. Nos seres artificiais diferéncianse facilmente, pero nos seres naturais é máis difícil, xa que as causas final, eficiente e formal coinciden.
Acto e Potencia: O Movemento e o Ser
Para Aristóteles, era evidente o movemento que sufrían todos os seres naturais (en consecuencia, nega a inmutabilidade de Parménides). Como consecuencia deste movemento, podemos ver as cousas desde dúas perspectivas:
- Como aquilo que algo é (o ser en acto).
- Como aquilo que pode chegar a ser (o ser en potencia).
Isto denomínase:
- Ser en acto: o ser en sentido pleno (forma) (exemplo: árbore).
- Ser en potencia: capacidade de chegar a ser algo (materia) (exemplo: semente).
As Dúas Formas de Non-Ser
Con relación a Parménides, Aristóteles considerou dúas formas de non-ser:
- Non-ser absoluto: algo que non se pode chegar a ser nunca.
- Non-ser relativo: o ser en potencia.