O Directorio Civil de Primo de Rivera e a Caída da Monarquía

Historia2,36 KB

O Directorio Civil tras a pacificación

Trala pacificación de Marrocos e o restablecemento da orde pública, o Directorio militar deu paso a un Directorio civil igualmente presidido por Primo de Rivera, con civís vinculados á Unión Patriótica. Os seus obxectivos eran sentar as bases dun novo réxime político coa defensa de gobernos fortes, a participación corporativa dos sectores sociais e a creación dunha Asemblea Nacional de carácter consultivo.

Obxectivos económicos e sociais

Outra importante preocupación do Directorio Civil foi a potenciación do desenvolvemento económico como parte fundamental da rexeneración española, mediante unha política económica de intervencionismo estatal no marco do capitalismo. O proteccionismo estatal queda patente na aprobación do Decreto de Protección da Industria Nacional, que prevía a concesión de subvencións ás industrias nacionais que non fosen quen de competir coas competidoras estranxeiras.

O gran aumento do déficit terminaría lastrado por unha reforma fiscal pouco progresiva e pola propia política de autarquía. Os “felices anos 20” fan que España se asente sobre unha política social que levaría á aprobación dun Código de Traballo, un dos máis avanzados ata o momento de toda Europa.

A crise do Directorio e o fin da Monarquía

Ó longo de 1929 as dificultades para o Directorio civil aumentaron debido ao “crac do 29”. A impopularidade de Primo de Rivera crecía, mesmo nos sectores conservadores, e o rei retiraralle o seu apoio. Sen a confianza do rei nin dos militares, presentou a súa dimisión en xaneiro de 1930.

A “Ditabranda” e a convocatoria electoral

Aceptada por Afonso XIII, este encargou formar goberno ao Xeneral Dámaso Berenguer coa pretensión de restablecer a Constitución de 1876. A súa lentitude nas reformas levou o seu mandato a ser coñecido como a “Ditabranda”.

En 1931 constituíuse o derradeiro goberno da monarquía de Afonso XIII, presidido por Aznar, que convocou eleccións municipais. Paralelamente, a oposición organizouse:

  • Republicanos catalanistas e de esquerda
  • O PSOE

Estes asinaron o Pacto de San Sebastián no que se comprometían a buscar o fin da monarquía, abríndose o camiño á proclamación da II República.

Descargar

PDF Word HTML