Os Séculos Escuros (XVI-XVIII): Contexto, Lingua e Literatura Galega
Os Séculos Escuros: Literatura e Contexto (XVI-XVIII)
1. O Contexto Histórico e Social
Dimensión Política e Definición
- Definición dos Séculos Escuros.
- Dimensión política:
- Consecuencias do apoio dos nobres galegos a Xoana na loita contra Isabel a Católica.
- Represalias sobre os nobres.
- Substitución das clases dirixentes (Igrexa e administración).
- Absentismo da nobreza galega.
- Perda do dereito a voto en Cortes.
- Organismos de control: Santa Inquisición e Santa Irmandade.
- Século XVIII: Centralismo dos Borbóns.
Dimensión Económica, Social e Demográfica
- Clases sociais:
- Campesiños (sumidos na pobreza).
- Nobres (rendeiros).
- Fidalguía (rendeira e non innovadora).
- Emigración: Oficios máis baixos. Asociación despectiva do termo "galego" con atraso.
- Consideración social de Galicia: Imaxe pexorativa do pobo galego e da súa cultura.
2. A Situación da Lingua (Galego Medio, Séculos XVI-XVIII)
O Papel das Clases Altas Foráneas
- Só falan castelán.
- Introducen o castelán na administración e na escrita.
- Motor da substitución lingüística do galego polo castelán.
- Xérase unha situación diglósica.
A Diglosia e as súas Consecuencias
Durante este período, a situación lingüística caracterízase por:
- Galego: Lingua maioritaria, falada polo pobo, pero ausente da escrita.
- Castelán: Idioma das elites e da cultura.
Consecuencias desta situación
- Non se fixa un patrón lingüístico.
- Dialectalización.
- Léxico cotián, non culto.
- Castelanización de topónimos e antropónimos.
- Desprestixio e asociación da cultura ao castelán.
- Sentimento de inferioridade (autoodio).
Características do Galego nos Séculos Escuros
- FONÉTICA
- Desaparición das vogais nasais (Exemplo: mão > man).
- Aparición da gheada e do seseo (Exemplo: faser, prolojos).
- Esténdese a pronuncia actual do x (Exemplo: axiña, igrexa).
- MORFOLOXÍA
- Distinción entre te (Obxecto Directo) e che (Obxecto Indirecto) (Exemplo: Lávote. Lávoche as mans).
- LÉXICO
- Comezan a introducirse frecuentes castelanismos (Exemplo: abuelo, Puebla, Dios).
- ORTOGRAFÍA
- Confusión b/v (Exemplo: bolver, riveira).
- Uso das grafías ll e nn ou ñ (para /elle/ e /eñe/) no canto de lh e nh que adopta o portugués (Exemplo: filla, sennor/señor).
3. Decadencia da Lírica Medieval
Causas da Decadencia
- Aparición de novas formas poéticas.
- Desaparición dos mecenas (Exemplo: Conde de Barcelos, 1354).
- Consolidación dos novos estados de Castela e Portugal, que promocionan as súas linguas.
A Escola Galego-Castelá
- Mención do Cancioneiro de Baena.