Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Outras linguas estranxeiras

Literatura Galega: Narrativa, Ensaio e Xornalismo (1900-1936)

Outras linguas estranxeiras4,84 KB

A Prosa Galega no Primeiro Terzo do Século XX

Irmandades da Fala e Grupo Nós

O primeiro terzo do século XX foi unha etapa positiva para a literatura galega. Intelectuais como Pedrayo, Risco, Cuevillas, Castelao e Dieste, entre outros, incorporaron a lingua galega aos xéneros narrativos: novela, relato, ensaio e teatro (a lírica fora ata entón o xénero máis empregado). Grazas aos autores que participaron activamente nas Irmandades, a cultura galega acadou unha altura intelectual impensable ata daquela.

A Narrativa na Época das Irmandades

As Irmandades da Fala xurdiron na Coruña en 1916. Os autores, para espallar as ideas do movemento nacionalista e para asentar unha narrativa en galego que contribuíse á normalización da cultura, servíronse...

Seguir lendo "Literatura Galega: Narrativa, Ensaio e Xornalismo (1900-1936)" »

Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: Poetas do Rexurdimento Galego

Outras linguas estranxeiras7,31 KB

Eduardo Pondal conforma, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez, a trioloxía de grandes autores da literatura galega do século XIX. Os tres comparten unha mesma perspectiva que condiciona arreo o seu labor. Rosalía, Curros e Pondal participaron activamente na reivindicación dos sinais de identidade de Galiza, asemade que defenderon o idioma galego como ferramenta literaria e vehículo normal de comunicación. Pondal (considerado polos seus correlixionarios como O Bardo, o poeta por excelencia) incorpora o elemento céltico, de especial relevancia na súa obra, que quedou por formar parte do imaxinario colectivo galego.

Núcleos temáticos de Queixumes dos Pinos, Eduardo Pondal:

  • 1. Celtismo: Orixe celta do pobo galego, inspirada
...
Seguir lendo "Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: Poetas do Rexurdimento Galego" »

A Dramaturxia Galega da Posguerra: De 1936 ao Teatro Independente

Outras linguas estranxeiras5,16 KB

O Teatro Galego na Posguerra (1936-1950)

Entre 1936 e 1950, a produción teatral redúcese a espectáculos de carácter folclorista de asociacións culturais tuteladas polo franquismo e a súa censura. Mediado o século, iníciase unha recuperación dividida en tres tendencias:

As Tres Tendencias da Recuperación Teatral

  • O teatro rexionalista: É continuador do teatro costumista e a comedia urbana realizada por autores das Irmandades da Fala.
  • A tendencia renovadora: Afonda na modernización do teatro de inspiración vangardista de preguerra. Os principais representantes son Otero Pedrayo, Ánxel Fole e Jenaro Marinhas.
  • O teatro de angustia existencial: Representado por Xosé Luís Franco Grande, Manuel María, Ricardo Carvalho Calero e Isaac Díaz
...
Seguir lendo "A Dramaturxia Galega da Posguerra: De 1936 ao Teatro Independente" »

Cantigas de Escarnio e Maldicir: Sátira Medieval

Outras linguas estranxeiras3,53 KB

As cantigas de burla teñen un modelo no sirventés provenzal. O sirventés era un tipo de poesía serio, que a miúdo abordaba temas elevados (morais, filosóficos, literarios).

Tipos de Cantigas de Burla

  • Cantigas de escarnio: eran as que falaban mal dalgunha persoa. Era, xa que logo, sátira persoal, e nela empregaban palabras de dobre entendemento mediante o equívoco. Satirizaban de forma indirecta e encuberta.
  • Cantigas de maldicir: eran aquelas nas que se falaba mal de forma aberta. Implicaban unha sátira clara e directa na que se lle chamaba ás cousas polo seu nome.

As cantigas son o espello da sociedade da época, pero sobre todo da mentalidade do home medieval: dos seus valores, prexuízos, obsesións...

Un gran número de cantigas teñen...

Seguir lendo "Cantigas de Escarnio e Maldicir: Sátira Medieval" »

Poesía das Irmandades da Fala na literatura galega

Outras linguas estranxeiras2,88 KB

A poesía das Irmandades da Fala na literatura galega

Na literatura galega abriuse unha etapa de transición, na que xorderon dous movementos sociais e ideolóxicos: o agrarismo e a creación das Irmandades da Fala, que nacen co obxectivo de defender o idioma galego e declaranse nacionalistas. Apareceron revistas, editoriais e os escritores comprometéronse coa lingua e apostaron polo renovación literaria.

Autores e obras representativas

O primeiro escritor é Noriega Varela que continúa co costumismo e o sentido cívico, nun futuro mostra pegadas do modernismo e saudosismo portugués, é autor dunha obra sola MONTAÑESAS ampliada en sucesivas edicións, a partir da 3ª edición pasa a chamarse DO ERMO, composicións de cáracter agrarista....

Seguir lendo "Poesía das Irmandades da Fala na literatura galega" »

Bilingüismo e castelanización en Galicia na Idade Media

Outras linguas estranxeiras2,33 KB

Galicia sempre tivo un bilingüismo social debido ao contacto de linguas que tiveron o castelán e o portugués co galego. O esplendor medieval divídese en dous partes, na primeira parte (IX-XII) temos o bilingüismo social no que tiñamos unha diglosia clásica entre o latín e o galego. Na segunda parte, no século XIII Galicia era un monolingüísmo, no cal o galego-portugués utilizábase en todos os ámbitos. A primeira parte foi unha etapa de esplendor para Galicia, o descubrimento do sartego do Apóstolo Santiago converte Compostela nun dos eixes do cristianismo europeo. A importancia política en Galicia é moi grande coma a da cultura galega, a música e as poesías medievais marcan unha época de ouro. No século XIII comeza a supeditación...

Seguir lendo "Bilingüismo e castelanización en Galicia na Idade Media" »

A poesía de vangarda en Galiza: características, autores e obras

Outras linguas estranxeiras3,24 KB

O nacemento do século XX supón para Galiza unha mudanza importante no eido literario. Prodúcese un movemento xeneralizado de modernización da nosa literatura a todos os niveis. A poesía non foi allea a este proceso. Así, a comezos do século prodúcense no ámbito poético, coa coñecida xeración do 25, os primeiros intentos de achegamento aos movementos de vangarda europeos e a superación da poesía do Rexurdimento. É o momento de publicación de revistas (Yunque, Alfar...), e de obras de influencia surrealista ou creacionista. Tamén sae en 1922 o primeiro manifesto poético galego, ¡Máis alá!, da man de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, momento álxido do das vangardas históricas, no plano literario.

O movemento vangardista

...
Seguir lendo "A poesía de vangarda en Galiza: características, autores e obras" »

Eduardo Blanco Amor: Análise de 'A Esmorga', 'Os Biosbardos' e 'Xente ao Lonxe'

Outras linguas estranxeiras3,97 KB

A Esmorga (1959): Clásico da Literatura Galega

É a primeira obra de E. Blanco Amor publicada en plena madurez, e un clásico da literatura galega.

Estrutura e Narración

A obra iníciase cunha “documentación” onde o autor explica, empregando a primeira persoa (punto de vista), como chegou a obter a información do que se relata a continuación: os sucesos ocorridos durante un día de esmorga ao Castizo, ao Bocas e ao Milhomes (personaxes) e o seu tráxico remate (argumento).

O relato propiamente dito está formado polos cinco capítulos seguintes, que son unha transcrición das declaracións feitas por Cibrán, o Castizo, a un xuíz do que non se rexistran as intervencións (talvez para subliñar a falta de comunicación da xustiza, que...

Seguir lendo "Eduardo Blanco Amor: Análise de 'A Esmorga', 'Os Biosbardos' e 'Xente ao Lonxe'" »

A Narrativa Galega de Posguerra (1950-1980): Autores e Tendencias Clave

Outras linguas estranxeiras3,36 KB

Ao falar de narrativa de posguerra referímonos ao período que abrangue de 1950 a 1980, no que publican distintos autores seguindo tendencias diversas.

Tendencias da Narrativa Galega de Posguerra

Continuadores da Tradición de Nós

Por un lado están os continuadores da tradición narrativa de Nós cunha temática centrada na decadencia da fidalguía. Teñen como modelo a Otero Pedrayo e destaca Carballo Calero con A xente de Barreira.

O Realismo Popular: Ánxel Fole

No realismo popular, destaca Ánxel Fole, fundamentalmente un escritor de contos, participante en revistas de vangarda e un dos renovadores da prosa galega no período de posguerra.

Características da Narrativa de Ánxel Fole

  • Predilección polo conto como representación da cultura
...
Seguir lendo "A Narrativa Galega de Posguerra (1950-1980): Autores e Tendencias Clave" »

Literatura Galega na Posguerra: Reconstrución e Xeracións

Outras linguas estranxeiras3,18 KB

A Reconstrución Literaria na Posguerra Galega

A reconstrución do discurso literario na posguerra comeza coa publicación en 1947 de “Cómaros Verdes” de Aquilino Iglesia Alvariño. A finais dos 40 empezan a aparecer revistas literarias bilingües, como Alba e Mensajes de Poesía. Destes anos son tamén as primeiras iniciativas editoriais interesadas na recuperación do galego, como Benito Soto, Bibliófilos Galegos e Monterrey. A publicación dun suplemento semanal adicado á cultura no diario “La Noche” convértese nunha plataforma desde a que poden darse a coñecer os escritores galegos.

O fito decisivo na recuperación da nosa cultura constitúeo a creación da Editorial Galaxia, que se estrea con “Antífona de Cantiga” de Ramón...

Seguir lendo "Literatura Galega na Posguerra: Reconstrución e Xeracións" »