A Narrativa Galega de Posguerra (1950-1980): Autores e Tendencias Clave

Outras linguas estranxeiras3,36 KB

Ao falar de narrativa de posguerra referímonos ao período que abrangue de 1950 a 1980, no que publican distintos autores seguindo tendencias diversas.

Tendencias da Narrativa Galega de Posguerra

Continuadores da Tradición de Nós

Por un lado están os continuadores da tradición narrativa de Nós cunha temática centrada na decadencia da fidalguía. Teñen como modelo a Otero Pedrayo e destaca Carballo Calero con A xente de Barreira.

O Realismo Popular: Ánxel Fole

No realismo popular, destaca Ánxel Fole, fundamentalmente un escritor de contos, participante en revistas de vangarda e un dos renovadores da prosa galega no período de posguerra.

Características da Narrativa de Ánxel Fole

  • Predilección polo conto como representación da cultura popular.
  • Introdución das historias por medio dunha fórmula introdutoria que permite establecer unha localización espazo-temporal.
  • Relatos de tipoloxía variada.
  • Gran importancia da paisaxe e do naturalismo lingüístico.
  • Realismo narrativo.

Obras destacadas de Ánxel Fole

  • Á lus do candil
  • Terra brava
  • Contos de néboa
  • Historias que ninguén cre

O Realismo Fantástico: Álvaro Cunqueiro

Por outro lado, o realismo fantástico, representado por Álvaro Cunqueiro, mestura nas obras elementos cultos con populares, tende á disgregación narrativa empregando a técnica das caixas chinesas, contendo no interior dunha narración, outras e así seguidamente. Nas súas obras predomina a oralidade no estilo e trazos dialectais mindonienses, elimina as fronteiras entre a realidade e a fantasía e posúe un estilo poético con pinceladas humorísticas.

Obras de Álvaro Cunqueiro

  • Merlín e familia (narrativa longa)
  • As crónicas do sochantre (narrativa longa)
  • Escola de menciñeiros (libros de semblanzas)
  • Os outros feirantes (libros de semblanzas)

O Realismo Social: Eduardo Blanco Amor

No realismo social, destaca Eduardo Blanco Amor, con A esmorga. Céntrase na descrición dos personaxes en relación co medio social ao que pertencen, un medio urbano desfavorecido economicamente e socialmente que ofrece unha visión amable de certos barrios da súa cidade natal nos inicios do século XX á que designa como Auria. Introduce innovacións como a redución temporal ou a chamada técnica telefónica.

Outras obras de Eduardo Blanco Amor

  • Os biosbardos
  • Xente ao lonxe

A Nova Narrativa: Xosé Neira Vilas

Xosé Neira Vilas inicia os seus principios literarios coa chamada Nova Narrativa. Nas súas narracións, está presente o mundo rural galego de posguerra. O marco espacial é Galiza ou América e o tipo de protagonista é infantil ou adulto.

Obras de Xosé Neira Vilas

  • O ciclo do neno:
    • Memorias dun neno labrego
    • Cartas a Lelo
  • Protagonista adulto:
    • Xente no rodicio
    • Querido Tomás

Descargar

PDF Word HTML