Orixe e formación da lingua galega: Latín e substratos
Orixe e formación da lingua galega
Do latín ás linguas romances peninsulares
No século IX, as variedades lingüísticas que se empregaban na Península Ibérica estaban tan distanciadas do latín que podemos falar xa do nacemento de novas linguas: o galego-portugués, o asturleonés, o castelán, o catalán, o aragonés e as variedades mozárabes. Na formación das linguas teñen grande influencia as que había nas diferentes zonas antes da chegada do latín. Estas influencias clasifícanse en:
- Substrato
- Superestrato
- Estrato
- Adstrato (éuscaro)
A latinización da Gallaecia
A civilización castrexa caracterizouse pola dispersión da súa poboación; descoñecían a cultura urbana e a escrita. Isto dificultou o proceso de latinización, pero o latín...