A Narrativa Galega Despois da Guerra Civil: Tendencias e Autores
A produción narrativa en galego interrómpese logo de producirse o golpe de estado en 1936. A primeira novela da posguerra aparece en 1950, esta novela é A xente da barreira de Ricardo Carballo Calero. A partir de entón, producirase unha consolidación deste xénero, o cal non alcanzará uns altos niveis cuantitativos, pero si permitirá a aparición de moitas obras mestras. Máis tarde, nos anos 50, comezará a perfilarse unha serie de liñas narrativas que se manterán en parte ata os nosos tempos.
Os continuadores da tradición narrativa do grupo Nós, principalmente da temática centrada na decadencia da fidalguía, a cal foi tratada por Otero Pedrayo. Esta é a orientación que seguirá Carballo Calero na súa obra A xente da barreira....