Poesía das Irmandades da Fala na literatura galega

Outras linguas estranxeiras2,88 KB

A poesía das Irmandades da Fala na literatura galega

Na literatura galega abriuse unha etapa de transición, na que xorderon dous movementos sociais e ideolóxicos: o agrarismo e a creación das Irmandades da Fala, que nacen co obxectivo de defender o idioma galego e declaranse nacionalistas. Apareceron revistas, editoriais e os escritores comprometéronse coa lingua e apostaron polo renovación literaria.

Autores e obras representativas

O primeiro escritor é Noriega Varela que continúa co costumismo e o sentido cívico, nun futuro mostra pegadas do modernismo e saudosismo portugués, é autor dunha obra sola MONTAÑESAS ampliada en sucesivas edicións, a partir da 3ª edición pasa a chamarse DO ERMO, composicións de cáracter agrarista. Tres etapas: Costumista (descibe a vida campesiña da montaña luguesa), lírica pura (amosa a tenrura e amor polas paisaxes montañesas ej.toxo,musgo) e os sonetos tématica da natureza con comsposicións traballadas e cultas.

Ramón Cabanillas na súa etapa de emigrante en Cuba entrou en contacto coa intelectualidade galeguista, publica dous dos seus primeiros libros NO DESTERRO e VENTO MAREIRO. Cando volve a Galicia entra en contacto co movemento agrarista, coas Irmandades da Fala, co nacionalismo do Grupo Nós, foi membro da RAE e RAg. Coñecido como Poeta da Raza recolle a inquedanza rosaliana, a ira de Curros e o celtismo pondaliano, cunha paixón por transmitir a herdanza do S.XIX, introduce elementos estéticos; escribe tamén teatro O MARISCAL e A MAN DA SANTIÑA, a súa obra e fundamentalmente poética. Podemos clasificala en: LÍRICA: Compre destacar os libros NO DESTERRO, VENTO MAREIRO, DA TERRA ASOBALLADA, A ROSA DE CEN FOLLAS e DA MIÑA ZANFONA. Manifestanse en tres direccións: social de cáracter agrarista e anticaciquil, na liña de Curros e que concorda ideoloxicamente do agrarismo, despois o eixo da súa poesía será da defensa do nacionalismo. Costumista: é a mera reprodución de tipos e costumes , na que se reinvindica as raices da nosa cultura. Intimistas: herdada da Rosalia de FOLLAS NOVAS, onde trata o amor, a lembranza dun paraíso peridio, conmoción ante a natureza, sentimento dorido da vida prensenta en ARDCF. NARRATIVA: pertence a obra O BENDITO DE SAN AMARO e NA NOITE ESTRELECIDA, mesturase a materia de Bretaña que consta de tres sagas: A ESPADA ESCALIBUR, O CABALEIRO DO SANTO GRIAL e o SONO DO REI ARTUR, abundan símbolos do itinerario mítico, na que se cifran a realización dun ideal nacionalista e cristián. Victoriano Tabío García que segue as mesmas directrices de Cabanillas (costumismo, lírismo intimista e poesía civica) no libro ABRENTES e DA ROSA VELLA ROSEIRA. Gonzalo López Abente con temas centrais ao mar e a paisaxa da sua terra en libros como ESCUMAS DA RIBEIRA e CENTILEOS NAS ONDAS. Xosé Crecente Vega autor de libros de poemas de inspiracións divinas chamada CODESEIRA.

Descargar

PDF Word HTML