Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Outras linguas estranxeiras

Cantigas Medievais Galego-Portuguesas: Tipos e Características

Outras linguas estranxeiras3,06 KB

A lírica medieval galego-portuguesa é un dos legados máis ricos da nosa literatura. Dentro dela, atopamos diversas tipoloxías de cantigas que reflicten a sociedade e a cultura da época. A continuación, exploramos algúns dos seus subxéneros máis representativos.

Cantiga Burlesca ou de Escarnio

Se ben se trata de composicións subxectivas, nun número significativo de textos, a primeira estrofa presenta un papel introdutorio por unha importante interferencia da función narrativa. As súas características principais inclúen:

  • A maior parte dos textos burlescos seguen este esquema: enunciación, paralelismo narrativo coa primeira estrofa e glosa irónica.
  • O equívoco, a ironía e a parodia son elementos que enmarcan por excelencia o esquema
...
Seguir lendo "Cantigas Medievais Galego-Portuguesas: Tipos e Características" »

Literatura galega de posguerra: Autores e obras

Outras linguas estranxeiras3,66 KB

Literatura galega de posguerra

Os anos que seguiron á Guerra Civil impuxeron un silencio obrigado na literatura galega. Entre 1936 e 1950 estendeuse un espazo ermo no que se refire á narrativa, que afectou tamén aos outros xéneros literarios. A primeira novela de posguerra, A xente da barreira, de Ricardo Carvalho Calero, apareceu en 1950. Nesta mesma data tivo lugar un importante acontecemento que se pode considerar como un dos feitos máis salientables da literatura galega de posguerra: a fundación da Editorial Galaxia. O obxectivo era servir de transmisores dos ideais galeguistas. O proxecto Galaxia era a vertente práctica da estratexia culturalista predominante nos anos 50. Pretendía normalizar a cultura galega. Na narrativa de posguerra...

Seguir lendo "Literatura galega de posguerra: Autores e obras" »

A Nova Narrativa e o Teatro Galego (Anos 50-70)

Outras linguas estranxeiras3,82 KB

A Nova Narrativa Galega

Nos primeiros anos do século XX prodúcese unha importante renovación na nosa narrativa, pola incorporación de escritores moi novos que superan modelos existentes, introducindo novas técnicas e temas innovadores. A esta xeración pertencen as obras publicadas entre 1954 e 1971. Os seus autores teñen características e obxectivos comúns:

  • Renovar a narrativa galega, superando a Xeración Nós e autores como Cunqueiro.
  • Manter unha actividade cultural e política galeguista: participación en actos, adhesión ao pensamento existencialista e marxista, e participación na fundación do nacionalismo galego de esquerdas.
  • Compromiso monolingüe co galego.

Os seus trazos comúns son:

  • A expresión do absurdo da existencia, con
...
Seguir lendo "A Nova Narrativa e o Teatro Galego (Anos 50-70)" »

Vanguardas Galegas: Neotrobadorismo, Creacionismo e Surrealismo

Outras linguas estranxeiras2,7 KB

As vangardas galegas

En Galicia conflúen, ademais do coñecemento dos ismos e da súa ansia rupturista, os condicionantes dunha cultura minorizada. Estes condicionantes levan aos nosos autores a unha valoración e a un respecto pola obra dos devanceiros descoñecida na actitude das vangardas veciñas.

Neotrobadorismo

A edición de Cantigas de Amor, 1928, polo portugués José Joaquim Nunes, provoca unha pequena conmoción no ambiente literario da época e ofrece novos argumentos a prol da conciencia diferencial galega. Bouza Brey é o principal representante do neotrobadorismo.

Creacionismo

Manuel Antonio como poeta é o único representante deste ismo en Galicia. Caracterízase pola creación dunha realidade autóctona e persoal no poema.

Surrealismo

Álvaro...

Seguir lendo "Vanguardas Galegas: Neotrobadorismo, Creacionismo e Surrealismo" »

A Prosa Galega de 1936 a 1976: Recuperación e Temáticas

Outras linguas estranxeiras2,96 KB

A Prosa entre 1936 e 1976: A Recuperación da Narrativa

A recuperación da narrativa tras a Guerra Civil, igual que na poesía, debese á xeración de 1936, foi lenta e a primeira novela de postguerra non se publicou ata 1951. Esta xeración de narradores comeza a publicar entre os anos 50 e 60. Na narrativa galega de postguerra podemos atopar:

  • Temática relacionada coa Guerra Civil e a posterior represión fascista.
  • Continuadores da prosa da Xeración Nós en obras como Xente da Barreira de Ricardo Carvalho Calero, e Entre a vendima e a castiñeira de Otero Pedraio.
  • Inspiración na tradición oral galega: indagación no conto popular representada por Ánxel Fole coas obras Terra Brava e A lus do candil, pero sen alonxarse das características
...
Seguir lendo "A Prosa Galega de 1936 a 1976: Recuperación e Temáticas" »

Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal: Análise Literaria

Outras linguas estranxeiras5,58 KB

Manuel Curros Enríquez: Vida e Obra

Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova (1851). A súa infancia foi triste pola personalidade violenta do seu pai. Aos 15 anos fuxiu para Madrid, onde fixo o bacharelato e empezou a carreira de Dereito.

En 1877, despois de gañar un certame poético, trasladouse a Ourense para traballar de funcionario. En 1880 publicou Aires da miña Terra. O bispo de Ourense considerou que algunhas pezas desa obra atacaban a relixión católica e acusouno. Afectado polos problemas familiares, emigrou a Cuba en 1894, onde morreu en 1908.

Produción Literaria de Curros Enríquez

As súas obras máis destacadas son:

  • Aires da miña Terra (1880): Presenta unha temática cívica (crítica) de denuncia e inclúe composicións de
...
Seguir lendo "Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal: Análise Literaria" »

A Prosa Galega na Diáspora: Narrativa e Ensaio

Outras linguas estranxeiras2,96 KB

Narrativa na Diáspora Galega

A narrativa da diáspora tiña unha preferencia pola temática relativa á Guerra Civil de 1936.

Ramón de Valenzuela Otero

Publicou en Bos Aires Non agardarei por ninguén, que se centra nas peripecias de Gonzalo Ozores (seguramente o propio Valenzuela) como guerrilleiro e soldado. Tamén escribiu Era tempo de apandar, onde relata o seu exilio francés, a repatriación forzosa, a súa encarceración e a volta á Galicia para traballar nas minas de volframio. Editou ademais O naranxo, un conxunto de relatos curtos.

Silvio Santiago

Estivo preso durante a guerra, pero conseguiu fuxir e exiliarse en Caracas, onde realizou un gran labor cultural. Alí publicou Villardevós, sobre a súa infancia na aldea natal, e O silencio

...
Seguir lendo "A Prosa Galega na Diáspora: Narrativa e Ensaio" »

A Lírica Galega (1900-1936): Vangardas, Manuel Antonio e Cunqueiro

Outras linguas estranxeiras4,85 KB

A lírica galega entre os anos 1900-1936: a presenza das vangardas. O poeta Manuel Antonio e mais o artista plástico Álvaro Cebreiro daban luz pública a un manifesto rupturista chamado "¡Máis Alá!". Os historiadores coinciden en sinalar o devandito manifesto como o momento álxido do abrollar das vangardas históricas. Manuel Antonio semellaba formular deste xeito unha fenda con toda a literatura galega que se fixera antes del, na liña doutros manifestos similares que se espallaron pola Europa das dúas primeiras décadas do século XX, adoptaban unha posición adanista.

Desde os primeiros movementos establécese unha dialéctica entre o nacionalismo galego e a vangarda. O galeguismo consideraba que non podía permitirse o luxo de prescindir...

Seguir lendo "A Lírica Galega (1900-1936): Vangardas, Manuel Antonio e Cunqueiro" »

A Prosa da Posguerra: Narrativa Galega dos Anos 50

Outras linguas estranxeiras8,27 KB

A prosa da posguerra (1)

1. A narrativa na década de 1950

Logo do obrigado silencio posterior á guerra, en 1951 publicouse a primeira novela da posguerra: A xente da berreira de Ricardo Carballo Calero. Tamén en 1950, grazas á editorial Galaxia, comezan a publicar tres importantes autores: Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor e Anxel Fole.

Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo en 1911. Estudou Filosofía e Letras en Santiago e deuse a coñecer como poeta. Tras a guerra civil, residiu en Madrid integrado no ambiente franquista, onde se dedicou ao xornalismo e comezou a súa carreira literaria en español. Regresou a Mondoñedo e, a partir de 1950, vinculouse con Galaxia, recuperando o galego para a súa obra literaria. Morreu en Vigo en 1981.

A súa...

Seguir lendo "A Prosa da Posguerra: Narrativa Galega dos Anos 50" »

Literatura Medieval Galega: Cantigas de Santa María e Prosa

Outras linguas estranxeiras3,56 KB

As Cantigas de Santa María: Estudo e Clasificación

Transmisión das Cantigas de Santa María

As Cantigas de Santa María son coñecidas a través de catro códices:

  • Códice (T) do Escorial: contén 193 composicións.
  • Códice (F) da Biblioteca Nacional de Florencia: contén 104 cantigas.
  • Códice (E) do Escorial: 417 cantigas.
  • Códice de Toledo (To): actualmente gardado na Biblioteca Nacional de Madrid, contén 128 cantigas.

Datación das Cantigas

Dise que a súa creación está situada nun espazo cronolóxico que vai desde 1270 ata 1283.

Autoría das Cantigas

Non se sabe con certeza, pero pénsase que ata puido ser Afonso X pola importante cantidade de Cantigas de Santa María.

Fontes das Cantigas de Santa María

As Cantigas de Santa María incorporan...

Seguir lendo "Literatura Medieval Galega: Cantigas de Santa María e Prosa" »