A poesía de vangarda en Galiza: características, autores e obras

Outras linguas estranxeiras3,24 KB

O nacemento do século XX supón para Galiza unha mudanza importante no eido literario. Prodúcese un movemento xeneralizado de modernización da nosa literatura a todos os niveis. A poesía non foi allea a este proceso. Así, a comezos do século prodúcense no ámbito poético, coa coñecida xeración do 25, os primeiros intentos de achegamento aos movementos de vangarda europeos e a superación da poesía do Rexurdimento. É o momento de publicación de revistas (Yunque, Alfar...), e de obras de influencia surrealista ou creacionista. Tamén sae en 1922 o primeiro manifesto poético galego, ¡Máis alá!, da man de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, momento álxido do das vangardas históricas, no plano literario.

O movemento vangardista galego

Non é tan rupturista como o europeo. Dentro do movemento vangardista galego distinguimos varias corrientes. A vangarda plena, representada polo creacionismo de Manuel Antonio, o ultraísmo de Euxenio Montes e o surrealismo de Cunqueiro; e doutro lado a vangarda, representada polo movemento hilozoísta de Amado Carballo, e o neotrobadorismo de Bouza Brey e Cunqueiro.

A popularización dos cancioneiros medievais

Supuxo para as novas voces poéticas o achegamento á nosa lírica medieval. Os poetas recuperan características da poesía medieval e trasládana a poemas actuais. É o caso de Bouza Brey e do seu poemario Nao senlleira. Outro xeito de adoptar a lírica medieval é a recreación do medievo en poemas que reproducen as formas e os estilos destas composicións (o refrán). Segue esta tendencia Álvaro Cunqueiro con obras como Cantiga nova que se chama ribeira ou Dona do corpo delgado.

A presenza da natureza e a sensualidade

Vai ser unha das constantes do hilozoísmo. O seu máximo representante é Amado Carballo. En Proel (1927) atopamos a natureza humanizada, a presenza de rimas...

O movemento máis rupturista: o creacionismo

O único representante é Manuel Antonio co seu poemario máis importante De catro a catro. Introduce na poesía galega léxico mariñeiro e constrúe os seus poemas a partir da sucesión de imaxes e converte o mar no seu mundo poético, un mar estático e poetizado.

O surrealismo en Galiza

Da man de Álvaro Cunqueiro, reproduce o automatismo deste movemento en Mar ao norde e Poemas do si e do non.

Mención a Luís Pimentel

Trata o tema da morte coa sensibilidade especial. Os seus poemas aparecen recollidos no poemario Sombra do aire na herba. Caracteriza a poética pimenteliana e a recreación dun clima de intimidade. Sobresae nos seus versos a sinxeleza na construción, a precisión expresiva e os valores eufónicos e sensitivos. Prescinde Pimentel da estrutura estrófica e da rima e xustapón, unha serie de imaxes aparentemente inconexas.

Luís Pimentel e García Lorca

Debido á petición de Eduardo Blanco Amor, García Lorca, accede a publicar no Nadal de 1935 os seus poemas galegos no libro Seis poemas galegos: os poemas son composicións naturais e espontáneas. Admirador da literatura galega e da propia Galicia, amigo de diversos intelectuais de aquí, García Lorca artellou textos cunha síntese entre a tradición popularizante e as imaxes libres procedentes da vangarda.

Descargar

PDF Word HTML