Bilingüismo e castelanización en Galicia na Idade Media
Galicia sempre tivo un bilingüismo social debido ao contacto de linguas que tiveron o castelán e o portugués co galego. O esplendor medieval divídese en dous partes, na primeira parte (IX-XII) temos o bilingüismo social no que tiñamos unha diglosia clásica entre o latín e o galego. Na segunda parte, no século XIII Galicia era un monolingüísmo, no cal o galego-portugués utilizábase en todos os ámbitos. A primeira parte foi unha etapa de esplendor para Galicia, o descubrimento do sartego do Apóstolo Santiago converte Compostela nun dos eixes do cristianismo europeo. A importancia política en Galicia é moi grande coma a da cultura galega, a música e as poesías medievais marcan unha época de ouro. No século XIII comeza a supeditación política de Galicia á coroa de Castela e comeza a castelanización nalgúns ámbitos.
Nos derradeiros séculos da Idade Media vai medrando a progresiva decadencia de Galicia, xa comezara o envío de forasteiros descoñecedores do galego a ocupar cargos importantes en Galicia pero todo empeora cando no século XIV, na primeira loita dinástica pola coroa de Castela, a nobreza galega apoia ao bando perdedor. A nobreza galega foi substituída por nobres casteláns como castigo. No século XV repítese a situación e como castigo, postos clave en Galicia foron ocupados por xente de fóra, que so falaban castelán. Neste século a Igrexa sumouse a castelanización provocando o inicio dun período de marxinación da lingua, deixando ao galego unicamente para os ámbitos coloquial e familiar, a pesar de ser a lingua da maioría da poboación, houbo una clara separación das linguas segundo a clase social.
A lingua que se utilizou nos textos medievais foi o galego-portugués, os trazos máis característicos foron, a nivel fonolóxico, a existencia de vogais nasais, a oposición fonolóxica entre sibilantes xordas e sonoras e a existencia do -ch. A nivel morfosintáctico existía a ausencia dun morfema de feminino para as palabras rematadas en -or, o uso do pronome persoal te para o acusativo e para o dativo, o emprego do posesivo sen artigo que o preceda e a vacilación na terceira persoa dos perfectos. A nivel léxico usábanse vocábulos que se perderon na lingua moderna ou que sufriron cambios de significado.