O Teatro Galego na Posguerra e a Renovación dos Anos 70
O Teatro Galego da Posguerra
A Guerra Civil paralizou a produción teatral en Galicia, e non é até os anos 50 cando se retoma a creación de textos dramáticos, máis pensados para a súa lectura que para a súa representación. Este grupo de autores presenta as seguintes características:
- Creación pausada da peza teatral.
- Presentación de conflitos, situacións e personaxes universais.
- Compromiso co home da posguerra.
- Creación íntima.
Autores Destacados da Posguerra
Álvaro Cunqueiro é un dos autores pertencentes a este grupo. O seu teatro caracterízase polo clasicismo, con obras como O incerto señor D. Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959). En todas elas destaca a presenza de textos moi literaturizados, mostra da súa intención máis prosística...