Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: Poetas do Rexurdimento Galego
Eduardo Pondal conforma, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez, a trioloxía de grandes autores da literatura galega do século XIX. Os tres comparten unha mesma perspectiva que condiciona arreo o seu labor. Rosalía, Curros e Pondal participaron activamente na reivindicación dos sinais de identidade de Galiza, asemade que defenderon o idioma galego como ferramenta literaria e vehículo normal de comunicación. Pondal (considerado polos seus correlixionarios como O Bardo, o poeta por excelencia) incorpora o elemento céltico, de especial relevancia na súa obra, que quedou por formar parte do imaxinario colectivo galego.
Núcleos temáticos de Queixumes dos Pinos, Eduardo Pondal:
- 1. Celtismo: Orixe celta do pobo galego, inspirada nas ideas do historiador Manuel Murguía, moi amigo de Eduardo Pondal. Pondal só dispuña do nome de Breogán, polo que botou man dos topónimos da Costa da Morte, convencido de que eran os nomes de antigos guerreiros celtas. O celtismo vaille servir para facer dos galegos un pobo diferenciado do resto da Península.
- 2. Bardismo (ossianismo): Metidos xa no mundo celta, Pondal considérase a si mesmo o bardo do pobo galego, que nos contará as fazañas dos nosos antepasados para que recobremos a forza e loitemos contra o opresor. Vaise inspirar en James Macpherson, que en máis de 160 publicou o libro de poemas de Ossian (bardo de Francia, lingua gálica).
- 3. Panteísmo (A Natureza): Os elementos da natureza cobran vida nas obras de Pondal, son a reencarnación dos nosos antepasados celtas. Ademais de poñerlle os nomes de topónimos aos seus héroes, os elementos da natureza están cargados de simbolismo.
- 4. Helenismos: Pondal busca no mundo grego a influencia dos guerreiros espartanos para caracterizar os guerreiros celtas. Van a ser fortes, rudos, masculinos e virís (férreos, duros, valentes…). Toda esta masculinidade é enfrontada coa feminidade como branda, débil…
OS EOAS
A intención era demostrar que a lingua galega servía para contar ou narrar ata as fazañas máis elevadas. Inspirouse en Os lusíadas de Camões, poeta portugués que narra a orixe e fazañas do pobo luso. Parte da base de que Cristóbal Colón (Colombo) era galego, e de aí conta todo o proceso do descubrimento como unha fazaña que une toda a Iberia. En 1898 sae a primeira teoría da orixe galega de Colón, feita por Celso García de la Riega; teoría que tamén defendeu Emilia Pardo Bazán. Posteriormente, xa no século XX, xorde unha teoría que fala de que Colón era Pedro Madruga. A primeira publicación data de 1992, feita polo estudioso Amado Rincón e publicada pola fundación Barrié de la Maza. En 2005 aparecen novos documentos e sae cunha edición feita en colaboración por tres autores: Manuel Forcadela, Manuel Ferreiro e Xosé Ramón Pena.
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ (1851-1908)
Este poeta forma, xunto con Rosalía e Pondal, o grupo de autores do Rexurdimento galego. Curros era natural de Celanova, polo que na súa poesía imos atopar trazos do bloque central (irmaos) que fan diferenza cos outros dous autores que eran do occidental. Se a Pondal se lle chamaba O Bardo, a Rosalía A Santa, Curros vai ser apodado O Rebelde porque a súa poesía é, sobre todo, cívico-social. El entende que o labor do poeta é manifestar as inxustizas que sofre o pobo, non só para denuncialas, senón tamén para abrirlle os ollos á xente. Dedicou a súa vida ao xornalismo, dende os 15 anos que foi vivir a Madrid, agás os tres anos que traballou de funcionario de facenda en Ourense. Publicou dúas obras en galego: Aires da Miña Terra e O Divino Sainete.
O Divino Sainete (1888)
Trátase dunha crítica ao clero, sobre todo, máis tamén a outros estamentos e preguiceiros da época. Inspirouse para facelo na Divina Comedia de Dante, para facerse acompañar do seu amigo Francisco Añón, recentemente falecido. Unha noite de Nadal, Curros e Añón collen un tren que vai a Roma para celebrar que León XIII vai ser o novo Papa, para pedirlle que mire o pobo que sofre coa pobreza, temática tratada no poema Mirando ao Chau en Aires da Miña Terra. No tren hai 7 vagóns e cada un deles representa un dos 7 pecados capitais.
Estructura temática de O Divino Sainete
- Canto 1: Curros e Añón atópanse na estación de Madrid, Añón é unha alma en pena que comanda a Santa Compaña (símbolo da locomotora igual a progreso).
- Canto 2: 1º vagón - Preguiza, nel vai o bispo Cesáreo Rodrigo.
- Canto 3: 2º vagón - Envexa, aquí vai a escritora Emilia Pardo Bazán. 3er vagón - Gula, aparecen clérigos que se comen os restos dos autores do Rexurdimento.
- Canto 4: 4º vagón - Ira, aparecen os carlistas.
- Canto 5: 5º vagón - Luxuria, beatos e beatas aparecen tendo relacións sexuais entre todos.
- Canto 6: 6º vagón - Avaricia, aí están os usureiros e ladróns. 7º vagón - Soberbia, neste vagón van os tesouros que se lle van a regalar ao Papa.
- Canto 7: Chegada a Roma e censura á relixión como oposta ao progreso.
- Canto 8: Añón e Curros, conseguen cear co Papa, quen lles promete que deixará o cargo. Curros amósase incrédulo, finalmente regresan a Madrid onde Añón volve a comandar a Santa Compaña.
Caracterización en contidos de Aires da Miña Terra:
Curros cría con firmeza na función social do poeta. Na súa estima, a obriga dos intelectuais consiste en permanecer ao lado do pobo, abrindolles os ollos, explicándolles as inxustizas e amosándolles o camiño para superalas.
A contraposición entre o atraso e o progreso configura un aspecto característico da obra currosiana. De aí a súa aposta decidida polo progreso material, onde di que con el chegarán a luz e máis a liberdade, tal como expón nos versos de Na chegada a Ourense da primeira locomotora.
Excomulgado pola Igrexa Católica a raíz do proceso levado adiante contra Aires da Miña Terra, Curros amosa ao longo da súa obra unha actitude decididamente anticlerical.
Non é frecuente en Curros a temática costumista; de feito, sucede que o poeta chega a botar man dun motivo folclórico apenas para introducir un ambiente que logo trata dende unha perspectiva social. Aires da Miña Terra inclúe os tres textos cos que gañou o certame de Ourense.
Ao longo de Aires da Miña Terra rexistramos un pequeno conxunto de textos de carácter intimista. Non deixan de xurdir en Curros referencias contra a inxustiza.
Preposicións
a; agás; ante; após; ata; até; baixo; bardante; cabo; canda; cas; con; conforme; consonte; contra; de; deica; dende; desde; durante; en; entre; excepto; fóra; malia; mediante; menos; onda; para; perante; por; quitando; sacado; salvo; segundo; sen; senón; so; sobre; tras; xunta.