A Dramaturxia Galega da Posguerra: De 1936 ao Teatro Independente
O Teatro Galego na Posguerra (1936-1950)
Entre 1936 e 1950, a produción teatral redúcese a espectáculos de carácter folclorista de asociacións culturais tuteladas polo franquismo e a súa censura. Mediado o século, iníciase unha recuperación dividida en tres tendencias:
As Tres Tendencias da Recuperación Teatral
- O teatro rexionalista: É continuador do teatro costumista e a comedia urbana realizada por autores das Irmandades da Fala.
- A tendencia renovadora: Afonda na modernización do teatro de inspiración vangardista de preguerra. Os principais representantes son Otero Pedrayo, Ánxel Fole e Jenaro Marinhas.
- O teatro de angustia existencial: Representado por Xosé Luís Franco Grande, Manuel María, Ricardo Carvalho Calero e Isaac Díaz