Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Outras linguas estranxeiras de Bacharelato

Blanco Amor e Cunqueiro: Dúas Figuras Clave da Literatura Galega

Outras linguas estranxeiras2,74 KB

Blanco Amor (Realismo Social)

Nado en Ourense e finado en Vigo, foi un escritor e xornalista galego. En 1993 foille dedicado o Día das Letras Galegas. En 1915 comezou a traballar como secretario de dirección en El Diario de Orense da man de Xavier Bóveda. En 1917 estivo como porteiro na Inspección de Primeira Ensinanza, mais en setembro dese ano foi suspendido de emprego e soldo. Durante esta época frecuentou os faladoiros de Vicente Risco, figura que tivo unha importancia decisiva na súa futura defensa e promoción da cultura galega.

A chegada á novela por parte do autor aparece conformada por dous textos fundamentais para a historia das nosas letras: A Esmorga e Xente ao Lonxe.

  • Xente ao Lonxe aparece como unha narración ambiciosa que
...
Seguir lendo "Blanco Amor e Cunqueiro: Dúas Figuras Clave da Literatura Galega" »

Literatura Galega: Prosa, Teatro e Nova Narrativa (1936-1975)

Outras linguas estranxeiras9,43 KB

A Prosa Galega entre 1936 e 1975: Os Renovadores

Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas

En abril de 1939 asínase o derradeiro parte de guerra da Guerra Civil española. A partir dese intre comeza, coa ditadura de Franco, unha longa noite de pedra para a cultura galega. Temos que agardar ata os anos 50 para albiscar os primeiros indicios de recuperación, liderada pola editorial Galaxia. A primeira novela publicada na posguerra é do ano 1951, A xente da Barreira, de Ricardo Carvalho Calero. Denomínanse “renovadores da prosa” catro autores que, polas súas particularidades, non é posible incluílos nun mesmo grupo ou xeración.

Ánxel Fole

Falemos, en primeiro lugar, da prosa de Ánxel Fole. Trata temas da nosa etnografía, tanto a material

...

Seguir lendo "Literatura Galega: Prosa, Teatro e Nova Narrativa (1936-1975)" »

Castelao e as vangardas: obra, características e legado

Outras linguas estranxeiras2,63 KB

Obra de Castelao e as Vangardas

Castelao comeza cultivando a narrativa, máis tarde como ensaísta e, por último, como dramaturgo.

Características da súa obra

  • Crítica social: denuncia das inxustizas que sofren os máis débiles, defensa das clases populares, reivindicación da lingua galega, defensa da democracia.
  • Humor acedo: a través da ironía e a retranca, amosa os defectos da sociedade galega do seu tempo.
  • Lirismo: con abundantes recursos expresivos.
  • Concisión e brevidade.

Narrativa

  • Un ollo de vidro: novela curta centrada no tema da ultratumba.
  • Cousas: reúne un conxunto de breves relatos acompañados dunha ilustración.
  • Retrincos: colección de cinco relatos que parecen autobiográficos.
  • Os dous de sempre: única novela longa de Castelao.
...
Seguir lendo "Castelao e as vangardas: obra, características e legado" »

Orixe e formación da lingua galega: Latín e substratos

Outras linguas estranxeiras3,07 KB

Orixe e formación da lingua galega

Do latín ás linguas romances peninsulares

No século IX, as variedades lingüísticas que se empregaban na Península Ibérica estaban tan distanciadas do latín que podemos falar xa do nacemento de novas linguas: o galego-portugués, o asturleonés, o castelán, o catalán, o aragonés e as variedades mozárabes. Na formación das linguas teñen grande influencia as que había nas diferentes zonas antes da chegada do latín. Estas influencias clasifícanse en:

  • Substrato
  • Superestrato
  • Estrato
  • Adstrato (éuscaro)

A latinización da Gallaecia

A civilización castrexa caracterizouse pola dispersión da súa poboación; descoñecían a cultura urbana e a escrita. Isto dificultou o proceso de latinización, pero o latín...

Seguir lendo "Orixe e formación da lingua galega: Latín e substratos" »

Tendencias da narrativa galega de fin de século

Outras linguas estranxeiras4,74 KB

A partir do 85 a narrativa galega entra nunha nova etapa de consolidación e diversificación temática. Tamén asistimos a un crecemento continuo do número de obras publicadas. No impulso desta produción narrativa xoga un papel determinante a introdución do galego no ensino que favorece a ampliación do mercado do libro. Este factor explica a aparición, asemade, dunha rica literatura infantil e xuvenil, con numerosas voces recoñecidas mesmo a nivel internacional. Neste ámbito cabe destacar autores como: Paco Martín, autor de: Das cousas de Ramón Lamote (1985) que marcou un fito para a consolidación deste xénero nas nosas letras. Fina Casalderrey autora dunha extensa obra neste xénero, traducida a todas as linguas da Península:
...
Seguir lendo "Tendencias da narrativa galega de fin de século" »

A Prosa Galega no Século XX: Evolución e Autores Destacados

Outras linguas estranxeiras3,66 KB

A Prosa Galega no Século XX: Contexto e Evolución

No mundo occidental, durante a segunda metade do século XX, prodúcese un importante avance da ciencia; aparecen novos problemas; os medios de comunicación acadan moita relevancia; xorde o cinema... Neste contexto, a literatura galega, e máis concretamente a prosa, caracterízase pola experimentación e por seguir unha gran diversidade de vías.

Factores de Impulso da Narrativa Galega

O incremento na produción narrativa en galego vén determinado pola introdución da lingua no ensino e a aparición de novas editoriais e premios literarios. Os autores tratan temas da realidade cotiá, históricos, existencialistas, etc.

Diversificación Temática e Estilística

Nesta nova etapa, debemos destacar...

Seguir lendo "A Prosa Galega no Século XX: Evolución e Autores Destacados" »

A Poesía Galega do Derradeiro Terzo do Século XX: Tendencias e Autores

Outras linguas estranxeiras2,54 KB

A Poesía Galega do Derradeiro Terzo do Século XX

O derradeiro terzo do século XX trouxo consigo renovacións poéticas, como son a eclosión da escrita feminina e a convivencia de varias promocións de autores. Hai catro tendencias importantes:

  1. Consolidación da estética do socialrealismo da man dos ''Novísimos''.
  2. A reacción contra as formas destes.
  3. A presenza de novas formas estéticas coa ''xeración dos 80'', baseada na admiración dos poetas do pasado, o rexeitamento da poesía comprometida, a maior atención á forma e estilo, novos temas (erotismo) e tendencia culturalista.
  4. A reacción posterior a esta estética pola ''xeración dos 90''.

Os Novísimos

Aparecen a finais dos 60 participando na implantación do nacionalismo de esquerdas....

Seguir lendo "A Poesía Galega do Derradeiro Terzo do Século XX: Tendencias e Autores" »

Poesía de Vangarda: Características, Autores e Obras en Galicia

Outras linguas estranxeiras2,92 KB

Poesía de Vangarda: Características, Autores e Obras

Co nome de vangardas alúdese na historia da arte e da literatura ás correntes e movementos que, nas primeiras décadas do século XX, propoñen unha quebra total coa tradición e coas convencións estéticas vixentes.

As vangardas pretenden superar o discurso tradicional e crear arte coa realidade, o que se denomina “arte pola arte”.

Esta actitude rompedora está condicionada polos acontecementos históricos, as convulsións sociais e os cambios culturais que experimenta o mundo occidental no século XX: a I Guerra Mundial, que converteu os campos da “civilizada” Europa nunha feira de atrocidades, a Revolución Rusa, que supuxo unha oportunidade histórica para o ascenso ao poder...

Seguir lendo "Poesía de Vangarda: Características, Autores e Obras en Galicia" »

Poesía das Irmandades da Fala: Autores, Características e Obras

Outras linguas estranxeiras2,44 KB

Contexto Histórico e Influencias

Os autores pertencentes a esta época considérase que viviron a transición entre o século XIX, no que destaca o Rexurdimento, e o século XX, no que aparece o grupo Nós e as vangardas. Seguen en moitos aspectos o camiño dos autores que os preceden, pero apuntan sinais renovadoras.

Nas Irmandades da Fala inflúen dous movementos: o agrarismo e o nacionalismo. O primeiro é unha corrente que defende os dereitos dos labregos. O nacionalismo, pola súa banda, procede da evolución do galeguismo e do rexionalismo e defende Galicia e os seus intereses. Estes dous movementos son importantes porque se relacionan de maneira estrita coa literatura.

Ramón Cabanillas: Figura Clave

O autor máis recoñecido nesta época...

Seguir lendo "Poesía das Irmandades da Fala: Autores, Características e Obras" »

A Literatura Galega do Exilio (1936-1976): Poesía, Prosa e Teatro

Outras linguas estranxeiras2,43 KB

Contexto Histórico

Como consecuencia da diáspora á que se viron abocados unha boa parte dos intelectuais galegos por mor da represión comezada no 36, o centro da actividade literaria galega mudouse a países de Sudamérica e, nomeadamente, a Arxentina e México. Os escritores exiliados entraron en contacto con autores que xa se estableceran alí antes da sublevación militar e comezaron a impulsar un mundo de actividades. Participaron, tamén, na creación da Irmandade Galega, do Pacto Galeuzca e do Consello de Galicia.

Poesía

  • Emilio Pita:

    Publicou, entre outras obras, o poemario ilustrado por Castelao "Jacobusland".
    Características: a traxedia da Guerra Civil en Galicia.
  • Luís Seoane:

    Pintor, muralista, debuxante, ilustrador de libros, poeta.
...
Seguir lendo "A Literatura Galega do Exilio (1936-1976): Poesía, Prosa e Teatro" »