O teatro galego durante a posguerra e a ditadura

Outras linguas estranxeiras2,31 KB

A represión e o exilio

O teatro galego sufriu máis que outros xéneros as consecuencias da guerra e a posterior ditadura. Castelao estreou Os vellos non deben de namorarse en Bos Aires. Manuel Varela Buxán foi un dos principais animadores do teatro galego na Arxentina. As súas obras son de corte rural-costumista e humorístico, aínda que teñen crítica social.

Tamén en Bos Aires, Eduardo Blanco Amor dirixiu o Teatro Popular Galego e escribiu varias pezas que se coñeceron en Galicia recompiladas en dous volumes: Farsas para títeres e Teatro pra a xente. Unhas son obras de realismo costumista, pensadas para público non moi acostumado a ler ou ver teatro; outras son farsas, non realistas e moi imaxinativas, cheas de elementos fantásticos e satíricos, pensadas para público culto. Unha das máis representadas é A tía lambida.

O teatro en Galicia (1950-1965)

En Galicia, entre 1950 e 1965, escríbese un teatro máis pensado para ler que para representar. Destaca Álvaro Cunqueiro coa súa obra O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca. Ricardo Carballo Calero publica catro pezas.

O rexurdimento do teatro galego

A mediados dos sesenta, a mellora da situación social e económica fai que se reactive o teatro. Xorde o grupo teatral O Facho, dirixido por Manuel Lourenzo. Terán moita importancia as Mostras de Teatro de Ribadavia.

Autores destacados

  • Euloxio Rodríguez Ruibal, que comezou escribindo obras influídas pola técnica cinematográfica comprometidas coa realidade social e política do país. Nunha segunda etapa ten textos máis cómicos e satíricos sobre a situación galega.
  • Manuel Lourenzo, é unha das figuras máis importantes do noso teatro. Podemos distinguir tres ciclos nas súas obras:
    • Ciclo mítico, no que se recrea personaxes míticos do teatro grego, como Electra.
    • Ciclo histórico.
    • Ciclo experimental.
    A súa interpretación dun mariñeiro na serie Mareas vivas deuno a coñecer.
  • Roberto Vidal Bolaño. O seu teatro seguiu dous camiños diferentes: por un lado, os textos simbólicos con raíces populares e, por outro, textos máis complexos cunha visión pesimista da vida.

Descargar

PDF Word HTML