Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Outras linguas estranxeiras de Bacharelato

Literatura Medieval Galega: Cantigas de Santa María e Prosa

Outras linguas estranxeiras3,56 KB

As Cantigas de Santa María: Estudo e Clasificación

Transmisión das Cantigas de Santa María

As Cantigas de Santa María son coñecidas a través de catro códices:

  • Códice (T) do Escorial: contén 193 composicións.
  • Códice (F) da Biblioteca Nacional de Florencia: contén 104 cantigas.
  • Códice (E) do Escorial: 417 cantigas.
  • Códice de Toledo (To): actualmente gardado na Biblioteca Nacional de Madrid, contén 128 cantigas.

Datación das Cantigas

Dise que a súa creación está situada nun espazo cronolóxico que vai desde 1270 ata 1283.

Autoría das Cantigas

Non se sabe con certeza, pero pénsase que ata puido ser Afonso X pola importante cantidade de Cantigas de Santa María.

Fontes das Cantigas de Santa María

As Cantigas de Santa María incorporan...

Seguir lendo "Literatura Medieval Galega: Cantigas de Santa María e Prosa" »

A Narrativa Galega Despois da Guerra Civil: Tendencias e Autores

Outras linguas estranxeiras8,04 KB

A produción narrativa en galego interrómpese logo de producirse o golpe de estado en 1936. A primeira novela da posguerra aparece en 1950, esta novela é A xente da barreira de Ricardo Carballo Calero. A partir de entón, producirase unha consolidación deste xénero, o cal non alcanzará uns altos niveis cuantitativos, pero si permitirá a aparición de moitas obras mestras. Máis tarde, nos anos 50, comezará a perfilarse unha serie de liñas narrativas que se manterán en parte ata os nosos tempos.

Os continuadores da tradición narrativa do grupo Nós, principalmente da temática centrada na decadencia da fidalguía, a cal foi tratada por Otero Pedrayo. Esta é a orientación que seguirá Carballo Calero na súa obra A xente da barreira....

Seguir lendo "A Narrativa Galega Despois da Guerra Civil: Tendencias e Autores" »

Estudo da Narrativa Galega: Século XX e XXI

Outras linguas estranxeiras2,59 KB

Tendencias e Autores da Narrativa Galega

Tendencias da Narrativa Galega

  • Obras que fan referencia á Guerra Civil ou anos próximos a ela.
  • Relato popularizante: narracións inspiradas nas fórmulas do relato oral e en tipos e motivos da tradición popular.
  • Narrativa de carácter social e autobiográfica.
  • Experimentalismo: tendencia representada polos membros da NNG.

Relato Popularizante: Ánxel Fole

Traslada ao texto escrito as fórmulas da narración oral. As súas obras máis destacadas son A lus do candil e Terra brava. Mestura elementos de carácter fantástico, recurso do humor, formando o eixe definidor dunha narrativa que se alicerza nas terras bravas de Lugo. O autor relata en primeira persoa como testemuña directa ou moi ben informado do...

Seguir lendo "Estudo da Narrativa Galega: Século XX e XXI" »

Vangardas e Literatura Galega: Contexto, Movementos e Autores Clave

Outras linguas estranxeiras2,7 KB

Contexto político e económico

Tensións entre as potencias europeas e recesión económica.

Contexto cultural

Transformacións, progreso. Vangardas: vontade de ruptura co anterior.

Ismos

  • Futurismo (destrúe a sintaxe e suprime adxectivos, adverbios e signos de puntuación)
  • Cubismo (nova disposición tipográfica)
  • Dadaísmo (destrución total da linguaxe convencional)
  • Creacionismo (xustaposición de imaxes inconexas)
  • Surrealismo (afín ao marxismo e á psicoanálise, presenta a escrita automática)

Vangarda galega

Introdución

Mediante revistas como A Nosa Terra e Nós e persoas como Risco e Cunqueiro... Confluencia da vangarda co nacionalismo e o florecemento creado polas Irmandades.

A Xeración

Denominada novecentistas, de 1925 ou de vangarda, tiñan...

Seguir lendo "Vangardas e Literatura Galega: Contexto, Movementos e Autores Clave" »

Artistas Galegos no Exilio: Villanueva, Blanco Amor, Cunqueiro e Lourenzo

Outras linguas estranxeiras2,52 KB

Artistas Galegos no Exilio

Maruxa Villanueva

Maruxa Villanueva, cantante coñecida en Bos Aires e pola comunidade galega, regresa a Galicia en 1949. Alí realiza un gran labor de promoción do teatro e da obra de Rosalía de Castro, ata que se encontra coa censura. A cabalo entre Arxentina e Galicia, continuou o seu labor e foi unha das figuras clave para recuperar e converter en museo a Casa da Matanza en Padrón, converténdose nunha especialista neste tema ao que adicou a etapa final da súa vida.

Eduardo Blanco Amor

En Bos Aires dirixiu o Teatro Popular Galego e escribiu varias pezas que se coñeceron en Galicia, recompiladas en dous volumes: Farsas para títeres e Teatro prá xente. As farsas, non realistas, son moi imaxinativas, cheas de...

Seguir lendo "Artistas Galegos no Exilio: Villanueva, Blanco Amor, Cunqueiro e Lourenzo" »

Xéneros Literarios Medievais Galegos e Graos do Adxetivo

Outras linguas estranxeiras3,33 KB

Cantigas de Amor

Expresa un sentimento amoroso posto en boca dun home e, dentro dos tres xéneros maiores ou canónicos, é o que presenta unha influencia clara da cançó provenzal. Este ideal consiste nunha relación entre o home e a súa namorada semellante á dun señor e o seu servo, cos mandados que se impoñían (mesura, discreción, xenerosidade).

Características

A beleza da dama sorprende ao trobador. A dama non é descrita dun xeito detallista, cun referente paisaxístico primaveral. O termo clave é "senhor".

Campos Semánticos

  • Loanza á dama: beleza moral ou física.
  • O amor do poeta: pacto de vasalaxe.
  • A reserva da dama: prohibición da senhor para que o poeta a vexa.
  • Coita de amor: pranto do poeta, manifestación de tolemia ou mesmo a
...
Seguir lendo "Xéneros Literarios Medievais Galegos e Graos do Adxetivo" »

Xéneros Poéticos Medievais e Tipos de Sátira na Literatura Galega

Outras linguas estranxeiras2,49 KB

Xéneros Poéticos Medievais Galego-Portugueses

A lírica galego-portuguesa medieval abrangue unha rica variedade de xéneros. A continuación, defínense algúns dos máis salientables:

Pastorela

Un xénero popular en Francia e Provenza que representa o encontro entre un cabaleiro e unha pastora nunha contorna bucólica. Desafía as normas do amor cortés ao mostrar a posibilidade de amor entre un nobre e unha muller de clase baixa.

Lai

Cinco textos transmitidos polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, chamados "lais de Bretaña". Son adaptacións ao galego-portugués de poemas franceses do Livro de Tristán, ambientados no ciclo artúrico.

Pranto

Composicións nas que o trobador expresa dor pola morte dunha persoa e eloxia as súas calidades,...

Seguir lendo "Xéneros Poéticos Medievais e Tipos de Sátira na Literatura Galega" »

Manuel Antonio e o Creacionismo Galego: De Catro a Catro

Outras linguas estranxeiras2,55 KB

Movementos Vangardistas en Galicia

Creacionismo: Manuel Antonio

O movemento máis rupturista nos ismos galegos foi o creacionismo, movemento que ten como único representante a Manuel Antonio. O poemario máis importante dentro da súa produción é De catro a catro. O poeta de Rianxo introduce na poesía galega léxico mariñeiro, que ata ese momento estivera á marxe da lírica, constrúe os seus poemas a partir da sucesión de imaxes e converte o mar no seu mundo poético, un mar estático e poetizado a través das súas imaxes interiores. Malia ser o poeta máis rupturista, a súa poesía está chea de sentimentos e non chega a acadar que os seus poemas sexan realidades completamente autónomas, tal e como se recolle nos principios do vangardismo...

Seguir lendo "Manuel Antonio e o Creacionismo Galego: De Catro a Catro" »

Literatura Galega: Narrativa, Ensaio e Xornalismo (1900-1936)

Outras linguas estranxeiras4,84 KB

A Prosa Galega no Primeiro Terzo do Século XX

Irmandades da Fala e Grupo Nós

O primeiro terzo do século XX foi unha etapa positiva para a literatura galega. Intelectuais como Pedrayo, Risco, Cuevillas, Castelao e Dieste, entre outros, incorporaron a lingua galega aos xéneros narrativos: novela, relato, ensaio e teatro (a lírica fora ata entón o xénero máis empregado). Grazas aos autores que participaron activamente nas Irmandades, a cultura galega acadou unha altura intelectual impensable ata daquela.

A Narrativa na Época das Irmandades

As Irmandades da Fala xurdiron na Coruña en 1916. Os autores, para espallar as ideas do movemento nacionalista e para asentar unha narrativa en galego que contribuíse á normalización da cultura, servíronse...

Seguir lendo "Literatura Galega: Narrativa, Ensaio e Xornalismo (1900-1936)" »

Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: Poetas do Rexurdimento Galego

Outras linguas estranxeiras7,31 KB

Eduardo Pondal conforma, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez, a trioloxía de grandes autores da literatura galega do século XIX. Os tres comparten unha mesma perspectiva que condiciona arreo o seu labor. Rosalía, Curros e Pondal participaron activamente na reivindicación dos sinais de identidade de Galiza, asemade que defenderon o idioma galego como ferramenta literaria e vehículo normal de comunicación. Pondal (considerado polos seus correlixionarios como O Bardo, o poeta por excelencia) incorpora o elemento céltico, de especial relevancia na súa obra, que quedou por formar parte do imaxinario colectivo galego.

Núcleos temáticos de Queixumes dos Pinos, Eduardo Pondal:

  • 1. Celtismo: Orixe celta do pobo galego, inspirada
...
Seguir lendo "Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: Poetas do Rexurdimento Galego" »