Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Outras linguas estranxeiras de Bacharelato

O Teatro Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Etapas e Autores

Outras linguas estranxeiras3,1 KB

O Teatro no Primeiro Terzo do Século XX

O teatro nesta época pode dividirse en catro etapas: a do teatro rexional, a das Irmandades da Fala, a vangardista e o da época Nós.

Teatro Rexional

O teatro rexional estaba representado polos precedentes das Irmandades da Fala, que crearon a Escola Rexional de Declamación para formar autores e favorecer a produción dos dramaturgos. Das obras representadas destaca A ponte, de Manuel Lugrís Freire. As representacións facíanse entre dúas actuacións musicais, eran breves e sen complicacións escenográficas. Os tipos de obras eran costumistas, nas que destaca Avelino Rodríguez Elías, entre outros, e de temas sociais, entre os que podemos destacar a Xesús San Luís Romero.

Teatro das Irmandades

...
Seguir lendo "O Teatro Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Etapas e Autores" »

Explorando a Nova Narrativa Galega: Unha Visión Detallada

Outras linguas estranxeiras4,66 KB

A Nova Narrativa Galega: Características, Autores e Obras Representativas

A nova narrativa galega iniciouse nunha época moi convulsa e dinámica (entre 1950-1960), non só polo contexto galego, senón tamén europeo. Neste contexto da posguerra producíronse grandes cambios nas manifestacións artísticas e marcouse unha enorme evolución nos anos seguintes. Consolídanse correntes de pensamento como o marxismo e o existencialismo, baseado na reflexión da existencia humana. Un dos referentes para a xuventude destes anos será o filósofo e escritor Jean Paul Sartre. Na Galicia destas décadas existe unha situación social distinta da europea e marcada pola ditadura franquista, na que o medo e a represión forman parte da realidade cotiá....

Seguir lendo "Explorando a Nova Narrativa Galega: Unha Visión Detallada" »

Cantigas Medievais Galegas: Amor, Amigo, Escarnio e Historiografía

Outras linguas estranxeiras4,1 KB

Cantigas Medievais Galegas

Cantigas de Amigo

As cantigas de amigo son composicións nas que o poeta pon en boca dunha muller as penas de amor que esta dirixe ao seu amante. Tanto na cantiga de amor como na de amigo, o argumento fundamental é o amor non correspondido. A cantiga de amigo é un xénero autóctono, procedente dunha primitiva poesía oral que existiu no noroeste peninsular: bailada, mariña, de romaría.

A palabra amigo aparece nos primeiros versos das cantigas deste tipo. As cantigas de amigo máis antigas teñen un carácter plenamente autóctono, son monologadas e desenvólvense nun medio rural e doméstico. Desde o punto de vista formal, adoitan estar estruturadas en cobras de 2, 3 ou 4 versos con refrán ou mestría. Trazos característicos:...

Seguir lendo "Cantigas Medievais Galegas: Amor, Amigo, Escarnio e Historiografía" »

Cantigas de Burlas: Escarnho, Maldizer e Sátira na Literatura Medieval Galega

Outras linguas estranxeiras2,72 KB

Cantigas de Burlas: Escarnho e Maldizer

Tipoloxía

Sátira Política

Unha serie pouco numerosa de cantigas entra de cheo nos problemas políticos e militares que preocupaban os monarcas do século XIII.

  • Críticas aos cabaleiros que entregaron os seus castelos a Afonso o Bolonhés na guerra portuguesa de 1246, rompendo as obrigas vasaláticas que os unían co rei Sancho II.
  • Críticas de Afonso X aos nobres que o traizoaron e lle negaron a súa axuda na guerra de Granada.

Sátira Literaria

Multitude de cantigas burlescas teñen como motivo a propia literatura e os seus autores. Isto é comprensible se nos situamos no ambiente en que convivían: os enfrontamentos eran unha especie de xogo de enxeño para demostrar as habilidades literarias. Hai tres...

Seguir lendo "Cantigas de Burlas: Escarnho, Maldizer e Sátira na Literatura Medieval Galega" »

Análise da Obra e Lingua de Curros Enríquez: Un Legado Literario Galego

Outras linguas estranxeiras3,78 KB

A Obra de Curros Enríquez: Un Legado Fundamental

A obra de Curros Enríquez está formada por dous libros principais: Aires da miña terra e O Divino Sainete, ademais dalgúns poemas compostos en diversas circunstancias.

Escribiu o seu primeiro poema en galego, A Cantiga. Posteriormente, participou no concurso literario organizado en Ourense cos tres poemas seguintes:

  • A Virxe do Cristal
  • Unha voda en Einibo
  • O Gaiteiro de Penalta

O primeiro deles, A Virxe do Cristal, recrea a lenda da Virxe de Vilanova dos Infantes e é o máis destacable por varias razóns:

  • Consumada elaboración poética con partes descritivas, narrativas e dialogadas.
  • Constitúe un logro importante para consolidar o galego como lingua literaria.
  • É o segundo poema narrativo da historia
...
Seguir lendo "Análise da Obra e Lingua de Curros Enríquez: Un Legado Literario Galego" »

A Cultura Galega no Exilio: 1936-1976

Outras linguas estranxeiras3,79 KB

A Literatura do Exilio (1936-1976)

O ano 1936 marcou unha creba histórica e cultural. O galeguismo refuxiouse na clandestinidade ata 1950, abandonando a política para centrarse na cultura. A literatura foi amordazada ata que a fronte cultural de Galaxia iniciou a recuperación das letras galegas. No exilio, continuouse o labor político e cultural a prol de Galicia.

O Epicentro Cultural no Exilio

O centro da actividade literaria trasladouse a México e Bos Aires. Os exiliados conectaron cos emigrados previos, impulsando revistas, libros e reimpresións para manter a continuidade da cultura galega.

Castelao: Guieiro da Liberdade

O labor de Castelao levouno a ser o guieiro da liberdade de Galicia, con obras como Os vellos non deben namorarse, Sempre

...
Seguir lendo "A Cultura Galega no Exilio: 1936-1976" »

Prosa galega 1936-1976: Fole, Blanco Amor, Cunqueiro, Neira Vilas

Outras linguas estranxeiras4,54 KB

A prosa entre 1936 e 1976: Os renovadores

A Guerra Civil puxo fin á etapa política e cultural máis brillante da historia galega. A represión afectou a ámbitos da cultura, e chegou a producir mortes (Alexandre Bóveda e Ánxel Casal) ou o exilio (Luís Seoane, Díaz Pardo, Blanco Amor, Cunqueiro).

Desapareceu por completo a produción literaria en galego, pero boa parte da cultura resistiu en Bos Aires.

O estancamento prevaleceu ata a década dos 50. Non houbo produción narrativa e xurdiron publicacións de poesía, como Benito Soto, e máis tarde, Xistral, Monterrey, Bibliófilos Gallegos...

En 1950 apareceu A xente da Barreira, a primeira novela en galego, de Ricardo Carballo Calero. Tamén se fundou a editorial Galaxia, da man de Otero...

Seguir lendo "Prosa galega 1936-1976: Fole, Blanco Amor, Cunqueiro, Neira Vilas" »