A Nova Narrativa Galega: Orixe, Traxectoria e Protagonistas

Outras linguas estranxeiras3,07 KB

A Nova Narrativa Galega é un fenómeno orixinado na época de 1950 e 1960, convulsa e dinámica e marcada en Galicia pola ditadura franquista. Toma como influencia tendencias europeas como é o caso da síntese entre marxismo e existencialismo de Jean-Paul Sartre, incorporando temas e técnicas destas tendencias á narrativa galega.

Características da Nova Narrativa Galega

  • Emprego de distintas técnicas narrativas
  • Temática existencialista
  • Distorsión temporal
  • Espazos fundamentalmente urbanos
  • Ambiente onírico

Gonzalo Rodríguez Mourullo e a NNG

Gonzalo Rodríguez Mourullo é o autor iniciador desta tendencia coa obra “Nasce unha árbore” (1954), composta por tres relatos nos que están presentes o ambiente de irrealidade, a mestura de realidade e fantástico, etc.

Na obra “Memorias de Tains” (1956) presenta, sen embargo, un mundo angustiado, dominado pola fatalidade.

Xosé Luís Méndez Ferrín: Figura Central da NNG

O autor máis destacado, sen embargo, é Xosé Luís Méndez Ferrín, cuxa obra literaria está moi relacionada entre si, formada por novelas e relatos que presentan: constante relación entre realidade e fantasía, reconstrución e interpretación dun pasado mítico, presenza da violencia, emprego de topónimos e antropónimos, forte intertextualidade e simboloxía recorrente.

A súa obra pode dividirse en dous grupos: o primeiro inclúe obras propias da Nova Narrativa Galega coma é o caso de “O crepúsculo das formigas” (1961), un conxunto de relatos nos que deforma a realidade facéndonos dubidar se o que narra é real ou imaxinario, e a novela “Arrabaldo do Norte”; o segundo, ten como protagonista das súas obras a realidade política galega e alóxase da NNG.

Carlos Casares e as súas Etapas na NNG

Outro destacado autor deste grupo é Carlos Casares, cuxa obra podemos dividir en dúas etapas: a primeira delas é unha etapa de renovación formal ligada á Nova Narrativa Galega, na que se inclúen obras como o libro de relatos “Vento Ferido” (1967) e as novelas “Cambio en tres” (1969) e “Xoguetes para un tempo prohibido” (1975). As tres están ambientadas na sociedade galega durante o franquismo e reflicten unha realidade desesperanzada a través de recursos propios da NNG coma o monólogo interior ou as descricións obxectalistas; a súa segunda etapa é unha etapa de madurez na que abandona a experimentación formal e se centra nunha escrita máis realista.

María Xosé Queizán: Unha Voz Feminina na NNG

Por último, destaca a autora María Xosé Queizán, que cultiva o ensaio literario e feminista. A súa primeira novela, “A orella no buraco” (1965), encádrase de cheo na NNG. Trátase dunha novela escrita cunha técnica obxectalista que recrea o pasado dun vagabundo a través de monólogos e na que os episodios non seguen unha orde temporal lóxica.

Descargar

PDF Word HTML