Galicia no século XX: Agrarismo, Irmandades e Vangardas

Lingua e literatura4,12 KB

Galicia a comezos do século XX

Cambios sociais, culturais e políticos

Galicia, a comezos do século XX, experimentou profundos cambios sociais: a caída da fidalguía, o ascenso da burguesía, o éxodo do rural á cidade e a aparición do proletariado. Estes cambios sociais viñeron acompañados de importantes cambios culturais e políticos, como a creación das Irmandades da Fala (1916), o Grupo Nós (1920), o Seminario de Estudos Galegos (1923) e a fundación do Partido Galeguista (1931).

Agrarismo (1907-1923)

O agrarismo foi un movemento reivindicativo que estimulou a conciencia política do campesiñado galego, organizándoo en sociedades que se manifestaban a través da prensa, dos mitins e das concentracións agraristas. Un exemplo destacado foi a Liga Agraria de Acción Gallega.

Irmandades da Fala (1916)

As Irmandades da Fala foron esencialmente un movemento político que definiu a Galicia como unha nación, é dicir, un país dotado de lingua, territorio, historia, institucións e cultura propia diferenciada. Desenvolveron un importante traballo cultural, promovendo o uso do galego na vida pública. O seu voceiro foi o semanario A Nosa Terra.

Vangardas (1910-1930)

As vangardas constitúen un conxunto de movementos artísticos internacionais desenvolvidos entre 1910 e 1930, principalmente en Europa. Caracterízanse polas súas formas de expresión, plasmadas en revistas e manifestos a partir de 1922. Algunhas das liñas temáticas máis salientables en Galicia foron:

  • Hilocismo: Luís Amado Carballo (Brouza, Brei)
  • Neotrobadorismo: Álvaro Cunqueiro, Amado Carballo
  • Creacionismo: Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro

Historia social do galego (1700-actualidade)

  • 1700-1936
    • 1916: Irmandades da Fala
    • 1920: Xeración Nós
    • 1923: Seminario de Estudos Galegos
    • 1931: Partido Galeguista (nacionalismo)
    • 1936: Estatuto de Autonomía
  • 1936-1975
    • 1940: Forte represión franquista
    • 1950: Editorial Galaxia
    • 1960: Asociacións culturais, institucionalización do Día das Letras Galegas
    • 1970: ILGA, castelanización
  • 1975-actualidade
    • 1978: Constitución Española
    • 1981: Estatuto de Autonomía
    • 1983: Lei de Normalización Lingüística
    • 1992: Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (2001)
    • 2007: Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega

O galeguismo e o Grupo Nós

En 1931, o galeguismo articulouse politicamente no Partido Galeguista, que obtivo o Estatuto de Autonomía para Galicia en 1936. Este fito supuxo unha importante renovación política, cultural e lingüística, aínda que a súa vixencia foi efémera debido ao estalido da Guerra Civil e á instauración da ditadura franquista.

O Grupo Nós foi un colectivo de intelectuais que impulsou un proxecto cultural fundamental para a consolidación da identidade galega. Entre os seus membros máis destacados atópanse:

  • Vicente Risco: O porco de pé, O lobo da xente
  • Ramón Otero Pedrayo: Os camiños da vida, Arredor de si
  • Florentino López Cuevillas
  • Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Cousas, Retrincos, Os dous de sempre

Estes intelectuais, de familia acomodada e sólida formación, atravesaron tres etapas: pregaleguista, galeguista e posgaleguista. Crearon a revista Nós (1920-1936), que supuxo a consolidación dunha narrativa máis culta e cosmopolita. Tamén impulsaron as coleccións narrativas Céltiga e Lar, crearon unha editorial e desenvolveron un importante labor pedagóxico, contribuíndo á recuperación da identidade nacional de Galicia.

Descargar

PDF Word HTML