Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Uso do galego: normalización e desafíos

Lingua e literatura2,69 KB

O uso do galego

Hábitat

O galego é maioritario no ámbito rural e nas vilas como lingua exclusiva, mentres que é minoritario nas cidades.

Idade

O galego predomina nos falantes máis vellos, mentres que se reduce a súa presenza entre a poboación máis nova.

Aspectos positivos do emprego do galego

  • Recoñecemento oficial: o galego está recoñecido como lingua oficial de Galicia.
  • Actitudes: os prexuízos negativos cara ao galego fóronse reducindo. Máis do 80% da poboación ten unha actitude favorable e ve con bos ollos a súa potenciación.
  • Uso: o seu uso aumentou na administración pública, nos medios de comunicación, na vida cultural, no ensino e na actividade comercial.

Conceptos clave

Lingua inicial

É a lingua na que unha persoa aprende a falar...

Seguir lendo "Uso do galego: normalización e desafíos" »

Fonética e Fonoloxía do Galego: Bloques e Sons

Lingua e literatura3,73 KB

Bloques Dialectais do Galego

Bloque Occidental

  • Pronunciar o g como unha aspirada /h/ parecida ao h das palabras inglesas como house. Coñécese como gheada, que se representa na escrita co dígrafo gh.
  • Presenza do seseo, en posición final de sílaba (seseo pronuclear ou implosivo: lus). Tamén encóntrase o seseo en zonas máis reducidas en posición inicial de sílaba (seseo prenuclear ou explosivo: vesiño).
  • Terminación indiferenciada -án para masculino e feminino.
  • O plural das palabras rematadas en -n faise en -ns.
  • A forma propia do pronome persoal suxeito é ti, fronte a tu.
  • En vez de cantei, cantín, noutros puntos cantein ou cantén.
  • Á beira do sufixo verbal, -ndes (cantandes) -is (cantais) -s (cantás).

Área

Fisterra, Bergantiños, Pontevedresa....

Seguir lendo "Fonética e Fonoloxía do Galego: Bloques e Sons" »

Conflito Lingüístico e Historia da Lingua Galega

Lingua e literatura4,16 KB

Conflito Lingüístico

Dáse cando dúas linguas compiten por desempeñar todas as funcións posibles. Isto dá lugar á formación de dúas linguas: a lingua hexemónica, que é a que ten maior prestixio sociocultural, úsase en todas as situacións e está normalizada; e a lingua minoritaria, que é a que ten pouco prestixio sociocultural, só se usa de forma informal e non está normalizada.

Todo isto pódese dar por procesos de expansión e de unificación política, por presión cultural e económica ou por movementos migratorios.

Isto ademais ten diferentes consecuencias, como:

  • Interferencias entre as dúas linguas (léxicas, morfolóxicas, sintácticas).
  • Diminución do número de falantes da lingua minorizada.
  • Desequilibrio nos usos lingüísticos.
...
Seguir lendo "Conflito Lingüístico e Historia da Lingua Galega" »

O Teatro Galego Contemporáneo: Xeracións e Autores Clave

Lingua e literatura3,13 KB

Xa máis recentemente, e importante, é a creación do Centro Dramático Galego como unha compañía teatral pública estable á beira das compañías independentes. Nesta etapa podemos establecer tres xeracións:

1. A Xeración de Posguerra

Representa a continuidade coa renovación da dramaturxia que se estaba a producir nos anos anteriores ao alzamento militar. Autores como Blanco Amor, Cunqueiro ou Xenaro conviven cos dramaturgos anteriores ao 36.

  • Álvaro Cunqueiro

    Vai ser outro dos representantes do proceso de renovación do teatro galego coas súas pezas dramáticas, como O incerto señor Don Hamlet de Dinamarca.

  • Xenaro

    O derradeiro dos continuadores é Xenaro, autor de varias pezas que aparecen recollidas en A serpe e A revolta e outras farsas.

...
Seguir lendo "O Teatro Galego Contemporáneo: Xeracións e Autores Clave" »

Poesía e Prosa Galega: Séculos XX e XXI

Lingua e literatura10,92 KB

A Poesía de Fins do Século XX: Temas e Autores dos 80 e 90

Esta época caracterízase por unha verdadeira eclosión poética e por unha evolución do xénero que desemboca na decadencia do socialrealismo anterior e na diversidade temática e formal.

A Década dos 80

  • Os autores colaboran en volumes colectivos.
  • Danse a coñecer a través de diferentes certames e premios literarios.
  • Participan en revistas de poesía.
  • Moitas editoriais danlle un papel protagonista á poesía e á súa difusión.

Este grupo de escritores comparten unha serie de características:

  • O culturalismo: gusto polas referencias culturais nos textos.
  • A preocupación formalista: atención á lingua, buscando un código moi elaborado e de gran corrección.
  • A apertura temática: que
...
Seguir lendo "Poesía e Prosa Galega: Séculos XX e XXI" »

Literatura Galega: Autores e Características

Lingua e literatura3,63 KB

Características da Poesía de Celso Emilio

A poesía de Celso Emilio Ferreiro caracterízase por:

  • Poesía social e cívica.
  • Emprego de doses de crítica, sátira e sarcasmo.
  • Tres liñas temáticas básicas: social, intimista e teórica.
  • Emprego dunha linguaxe coloquial (vulgarismos e castelanismos).
  • Estilo directo e claro.
  • Métrica variada con predominio do verso libre.
  • Pouca importancia aos aspectos estéticos e formais.

Diferenzas entre a Poesía de Seoane e a dos Vangardistas

A principal diferenza radica na importancia que Seoane lle concede á temática. A súa é unha poesía de denuncia social, con pouca atención aos aspectos formais. Pola contra, os vangardistas, como Manuel Antonio, rompen co pasado e crean unha nova estética, dándolle moita

...

Seguir lendo "Literatura Galega: Autores e Características" »

O Teatro e a Poesía Galega nos Anos 70: Evolución e Normalización Lingüística

Lingua e literatura3,24 KB

Teatro: Nos anos 70, o novo marco sociocultural propiciou un cambio notable na situación do teatro galego. Nesta transformación tiveron especial relevancia as Mostras de Teatro de Ribadavia. No 84 creouse o Centro Dramático Galego. Este centro presenta textos de autores galegos e obras traducidas.

Vitalidade do teatro galego: Festivais, compañías convencionais, salas estables, compañías de monicreques, escolas dramáticas, premios. Os dramaturgos galegos forman un grupo heteroxéneo (3 promocións): Ribadavia, 80 e 90.

Lírica: Iníciase coa publicación de Poemas e Contos de Ferrín. Aparecen os novos poetas e tamén novos grupos poéticos con afán innovador.

Trazos esenciais da nova poesía galega:

  • Culturalismo: Tendencia recorrente a
...
Seguir lendo "O Teatro e a Poesía Galega nos Anos 70: Evolución e Normalización Lingüística" »

Poesía galega de 1975 a 1990: Cambio e culturalismo

Lingua e literatura2,75 KB

1. A Transformación da Poesía Galega (1975-1990)

1.1. O Declive da Poesía Socialrealista

A finais da década de 1960, xorde unha nova xeración de poetas galegos, nacidos entre 1940 e 1955. Coincidindo coa efervescencia antifranquista, estes "novísimos", de ideoloxía nacionalista revolucionaria, conciben a poesía como unha extensión da loita política, seguindo a tradición socialrealista de Celso Emilio Ferreiro. A súa poesía, fortemente ideolóxica, aborda temas como a lingua, a opresión nacional, as liberdades e o humanismo social. Nesta corrente destacan autores como Xesús Rábade Paredes e Darío X. Cabana.

Con todo, esta poesía, marcada pola mocidade e o contexto histórico, entra en crise na década de 1970.

1.2. O Rexurdimento

...
Seguir lendo "Poesía galega de 1975 a 1990: Cambio e culturalismo" »

Literatura Galega: Teatro, Exilio e Poesía (1936-2005)

Lingua e literatura5,04 KB

Teatro Galego (1936-1976)

Nun panorama desolador, brilla con luz propia o teatro de Álvaro Cunqueiro. O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959), recorre ás fontes das sagas nórdicas pre-shakespearianas para subverter a historia, engadindo tamén elementos edípicos. Esta obra foi representada no Teatro Colón no 59. Outros autores destacados son Ricardo Carballo (A farsa das zoscas) e Jenaro Mariñas (A revolta).

Nos anos 60 e 70 predomina o teatro social: Daniel Cortezón (Prisciliano 70), Manuel María (Auto do mariñeiro 61) e Arcadio López (Orestes 63). O teatro galego normalizado coroaríase co 1º Festival de Rivadavia en 1973.

Entre 1965 e 1980 dáse un paso definitivo na construción do teatro galego. Os feitos máis...

Seguir lendo "Literatura Galega: Teatro, Exilio e Poesía (1936-2005)" »

Análise de "Ante a lei" de Franz Kafka

Lingua e literatura5,15 KB

Cohesión

Tratándose dun texto narrativo, os elementos da narración presentes nel teñen unha función cohesiva, xa que dan unidade e articulan o conxunto do relato.

O narrador é externo, exprésase en terceira persoa e é omnisciente, xa que posúe un coñecemento total dos acontecementos narrados.

Os personaxes desempeñan os papeis de protagonista (campesiño) e secundario (porteiro), e son tipos, xa que representan colectivos sociais. A súa falta de individualidade reflíctese no feito de non posuíren nomes propios.

O espazo e o tempo están pouco definidos: a acción sitúase á porta da lei, mais este lugar non se describe; o tempo ou a época histórica son indeterminados, e o do relato abrangue unha serie de anos que tampouco se especifican....

Seguir lendo "Análise de "Ante a lei" de Franz Kafka" »