Cartas de Toño a Lelo: Aventuras e Novidades na Aldea
Cartas de Toño a Lelo
Toño consegue o enderezo de Lelo, porque deulle outro neno que tamén lle escribe cartas. Entón escribe a primeira carta e recórdalle quen é (teña que axudarse do seu alcume, Peilao, aínda que non lle guste moito) e mostra o seu entusiasmo por comunicarse por cartas.
As primeiras cartas
Despois da primeira carta, Toño comeza a contarlle todo tipo de lerios a Lelo.
Conta o neno dende a aldea que dende hai pouco teñen unha cóbrega na casa. Encontrárona entre os toxos o seu pai e el; a meteron nunha botella con augardente e aí quedou a serpe.
Lelo pregúntalle polo río, que a cotío trae novas. Toño recorda a vez que afincaran a Lelo ó río. Tamén engade que o Marxado tivo a idea de se tirar dende as pólas dun ameneiro ó río.
Novas do río
Outro lerio do río foi o do tío Sindo, que despois de ir pescar ó río, metéraselle unha cóbrega ó redor do peito.
No monte peleárase co Anselmo, porque mentres Toño repartía por igual os piñóns que recolleran, o outro díxolle que fixera trampa.
A noiva de Toño
Fala de Aurora. Era a súa noiva. Todo comezara cando diante da Aurora, conseguira os catro ovos do niño dun corvo; para a nena, el fora moi valente.
Algunha carta despois, tamén falou da noiva do Tamboril; Delmira. O rapaz estaba loco por ela; facíalle regalos, rían e falaban xuntos a todas horas, lévalle flores... Incluso, cando Delmira estivera enferma, Tamboril gastara os seus cartos para mercar os xaropes.
O outono e o río
Chegou o outono, e Toño volveu falar do río. Nesta época do ano, hai enchentas no río. E o señor do muíño quedou atrapado no tellado, pero non quería deixar o muíño e por pouco afoga; pero coa axuda dos veciños, salvouse.
Feitos na aldea
Na aldea non paraban de suceder feitos que lle interesaban a Lelo. O seguinte foi o da pelea dos nenos da súa aldea contra os de Viralonga, que van á súa escola. Ganou o equipo capitaneado por Tamboril; os outros rendíronse. Agora todos se levan ben, nada de peleas; aquela fora a batalla derradeira.
O circo achegárase á aldea, a todos encantoulles; de aí saliu a idea de facer unha obra de teatro os mozos e mozas da aldea.
Serafín e as andanzas militares
Serafín chegou á aldea despois do seu servicio militar. Deuse por xuntar cos mozos e contáballes andanzas militares e primeiro deulles teoría e despois entrenounos; o pasaban ben. Pouco tempo despois, Serafín deixou a aldea.
Unha caída e a busca do médico
A próxima carta de Toño, escríbea dende a cama. É porque caeu da bicicleta que lle prestan de vez en cando. Non chamaron ó médico da vila, porque custa cartos. O seu pai decidiu levalo xunto da entendida; quedaba un pouco lonxe, pero polo camiño o seu pai faloulles a el e ó Marxado (que decidira acompañalos) do tolo de Belarmino. Disque facía cousas abraiantes e realizaba calquera tipo de traballo, sen estudaren nada antes.
Toño xa está ben da perna; xa non lle chista a bicicleta esa.
A camiñata e o incendio
Contoulle a Lelo a camiñata que tivo que facer ata a vila en busca do médico, pois a súa velliña tía Andrea tivo moitas doenzas aquel día; a tía Andrea salvouse.
Lelo faloulle dun incendio no Brasil, e Toño imitouno; cun incendio que ocorrera na aldea. Fora un descoido de Toño: saíra co gando ó monte e fixera unha fogueira para asar patacas. O lume descontrolouse, pronto chegou xente para apagalo. O mozo contoullo ó seu pai, e sentiuse moito mellor.
A busca dos ladróns
Conta que andiveron (el e máis Tamboril) en busca dos ladróns de cebolas que lle roubaran á Mercedes; costáralles encontralos, pero o conseguiron. Eran dous estranxeiros que deixaron ir, pero sen cebolas.
A lápida do avó
Un día o seu pai despertouno moi cedo; ían buscar a lápida para o seu avó.
Andiveron os mozos tras do Vidal, un señor do que todo o mundo falaba (mal). Contan que era un home fuxido que andaba polo monte. Ós mozos interesábanlle as súas valentes accións e cinco deles botáronse na súa busca. Non o atoparon. Pouco despois, todo o mundo sabía que o Vidal liscara cara Francia.
A despedida de Lelo
Na derradeira carta, Toño entérase de que Lelo marcha do Brasil cara Montevideo. Pídelle que, en canto chegue, que lle mande o seu novo enderezo para seguir escribíndose.